familias
OSSOUTOSdePuertasDeGalicia
OSSOUTOSdePuertasDeGaliciaUnidade didáctica dirixida a familias
Carballo
moitos soutos son cultivos de castineirosParece ser que foron os romanos que chegaron a estas terras os que nos acostu-maron a cultivar os castiñeiros. Desde aquela, os labores de poda, enxerto e roza do sotobosque fixeron que os castiñeiros colleran forza e gañasen terreo a outras árbores que estaban antes ca eles. Sabedes a que árbores nos referimos?
Faia FreixoSobreira Ameneiro
Enriba tedes as follas dalgunhas destas árbores cos seus nomes científicos e máis abaixo os nomes comúns. Retámosvos a que as emparelledes e busquedes arredor vosa a ver se sodes quen de identificar cada árbore. Non ha de ser difícil! Seguro que algunha xa a coñeciades... Pero lembrade que no outono algunhas mudan de cor e caen...
Cerquiño
Quercus pyrenaica
Quercus suber
Alnus glutinosa
Fagus sylvatica
Quercus robur
Fraxinus angustifolia
as follas do castineiro caen no outono Ao ser unha árbore de folla caduca, o castiñeiro perde as follas entre o comezo do outono e a primavera. Faino para prepararse para o inverno, cando as cousas se lle poñen máis difíciles: hai menos horas de luz, fai máis frío... Entón decide tirar coas follas, quitándolle antes os nutrintes que conteñen, porque lle resulta máis custoso mantelas na árbore que non telas. Así agarda en repouso invernal ata que chegue a primavera e a situación mude.Polo tanto, o final do verán é a mellor época para nos aproveitar das múltiples posibilidades que nos ofrecen as follas do castiñeiro. Unha delas é esta que vos propoñemos: un pucho de follas de castiñeiro para tornar as últimas raiolas do sol! Xa o facían os nosos avós, así que debe ser efectivo... Seguro que entre todos dades argallado un para cada un!
Collede unha presada de follas das que inda teñen cor verde (1).
Xuntade tamén unha manchadiña de faísca de piñeiro, tamén verde (2). Hannos servir de agullas e fío para “coser” o gorro.
Agora xuntade as follas poñéndoas sobre unha superficie plana coas puntas unidas coma se fose unha estrela (3). Dependendo do tamaño das cabezas, deberemos xuntar máis ou menos follas.
Unimos as follas polo dereito aca-balgando unhas enriba das outras ata formar un casquete esférico. Nese momento cosémolas coas faíscas (4).
Para rematar, cosemos ao cas-quete outras follas en horizontal a modo de remate (5). E xa tendes o gorro preparado para andar ao sol o tempo que gustedes...
1)
3)
4)
5)
2)
hai mais animais que nos nos soutosNos buratos que se forman no tronco dos castiñeiros vellos moitos animais crían, abríganse ou gardan o alimento. Polo chan dos soutos camiñan, saltan, arras-téxanse ou nadan nalgunha poza outros moitos animais. Por se non os coñecedes todos, propoñémosvos que resolvas esta encrucillada.
P
F
RR R L
P
R
É unha especie ameazada!
En Galicia só a atopamos nesta zona
Garda a comidanos buratos dostroncos vellos
A Xunta de Galiciavén de declarala
Vulnerable
Fai o niño nosburatos dostroncos vellos
E
M
G
M
Refúxianse nos buratosdos troncos
Podemos atopalasnas pozas de rego
B
Pode poñer os ovos naspozas de rego
N
os soutos forman parte da aldeaNunha economía agraria tradicional, os soutos teñen un papel fundamental, xunto coa horta e a cabana gandeira. A poucos metros das casas, a xente do rural abastécese de castañas, madeira, leña, produtos hortícolas frescos, fariña para facer pan e carne. É un modelo de sociedade certamente autoxestionada, non cres? Malia os tempos mudar o noso modo de vida, moitas aldeas, coma estas do sureste de Ourense, conservan inda a estrutura que lles permitiu sobrevivir. Se vos fixades, arredor vosa seguramente poidades identificar as unidades que se amosan nesta imaxe. Veña, inténtadeo!
É por iso que as castañas e os soutos foron introducíndose na nosa cultura case dende que existimos como pobo. Unha mostra disto é a cantidade de ditos, refráns, cantigas, adiviñas... que existen na nosa tradición oral arredor da castaña. Ti coñeces algún? A ver se es quen de resolver estas adiviñas que che amosamos!
SOUTO
CASAS
HORTA
GANDO
Alta estou, ladrón vexo vir,e do meu cacholiñonon hei de saír.
Alto estou,barbas de ouro teñoe se me ríoperdo canto teño.
Altos pais, capeludas nais,fillos tirafoles,adiviña se é que podes.
Ben cocida,ben asada, ben no pote,fermentada
(Aconsellámosvos que, de non dar coa solución, consultedes a algunha persoa do lugar, sobre todo os de máis idade)
as castanas sabenche benAntigamente a castaña era un dos puntais básicos da alimentación en toda Europa. Coa chegada da pataca e do millo ficou nun segundo plano, mais seguen a ser innegables as súas propiedades nutritivas e o seu sabor esquisito. De feito, a castaña é un dos froitos secos que menos calorías ten e, pola contra, aporta un alto contido en nutrintes coma o potasio e é unha fonte importante de proteínas e hidratos de carbono.Estas propiedades apenas varían segundo o tipo de castaña de que se trate, mais hai xente que se decanta por unha ou outra polo seu sabor. Nesta zona hai moitas varie-dades de castañas, algunhas con nomes ben peculiares. Para que vos vaiades fami-liarizando con eles, propoñémosvos que localicedes as variedades da columna da esquerda nesta sopa de letras.
RAPADOAMARELANTE
INXERTO
FAMOSALONGAL
PIÑEIRA
ATGL
LAGNOL
ATQLTN
BSNLNN
AEQLET
AEKLVI
TTQONT
AHQTIE
AAINVI
DPQAVH
FMOOSA
AFMAVN
AOQRVN
BTNLPB
ATQMVN
EMQBVN
ALONAN
ATPBVC
ATMAIE
ATOAVN
ATQLVN
LKHMOL
KTQLTD
ATNLRN
LFCLEP
FI
WLXI
ATSONÑ
GPQTIE
ABBNVI
LMQAVR
FAMOSA
ADGAVN
AOQFVN
ATLAVC
UTQMDD
AIQAVC
ASWLVD
ATQLVN
ASQDVN
CTPACN
ATQLVN
LAGN
NPQL
APNF
FTQL
ATAL
VTQE
ARMT
BAHN
LPQA
FAML
ADGE
AOQR
ATQA
SKQM
DRDA
FPQL
ATQB
ATKA
EAQA
E para rematar, o aconsellable é facerse cunhas castañas dalgún produtor ou pro-dutora local e entre todos preparar unha receita saborosa. Nós propoñémosvos esta que está considerada unha delicatessen, o marron glacé, mais hai outras moitas igual de sabedeiras. Ides precisar: 1/2 Kg de castañas1/2 Kg de azúcar Unha vaina de vainilla
Facede un pequeno corte nas castañas e poñédeas nunha pota con auga quente ao lume durante 10 minutos. Quitádelles a pel máis fina e deixádeas cocer ata que estean brandiñas. Mentres tanto, preparade un almibre con 3/4 litros de auga, o azúcar e a vainilla nunha pota a lume medio durante 15 minutos. Despois engadide as castañas e cocé-deas nesa auga 15 minutos máis a lume baixo. Sacádeas da pota e deixádesas repousar un día enteiro.Ao outro día, colocádeas nunha bandexa e metédeas no forno 20 minutos a 125ºC. Sacádeas, deixádeas enfriar e xa podedes comelas. Bo proveito!
se queredes ver algún dos soutos mellor conservados de Galicia, podedes atopalos
en Puertas de Galicia
www.puertasdegalicia.com
Teléfono visitas guiadas: 698 16 63 64
Deseño, maquetación e elaboración de contidos:
Habitaq, S.L.