INTRODUCIÓN:
Os oficios, en xeral, é un tema importante para levar a cabo cos nenos do
Primeiro Ciclo de Primaria xa que é algo que está moi unido á vida cotiá e ao desenrolo
social do neno. Ao longo da mesma adquirirá unha serie de coñecementos, conceptos,
actitudes e hábitos que o irán introducindo no mundo que o arrodea.
No caso que nos ocupa traballaremos algúns dos oficios que están relacionados
co mar e coa pesca e que non deixan de estar presentes na vida diaria do noso alumnado
por ser Vigo unha cidade costeira e de moita tradición pesqueira.
Un dos nosos obxectivos e facer ver ao alumnado a importancia que teñen todos
e cada un dos oficios traballados e a relación existente entre os mesmos, xa que cada un
deles depende dos outros.
Pretendemos que con esta unidade didáctica o neno/a vaia adquirindo unha serie
de coñecementos que o/a irán introducindo no mundo en que máis tarde se terá que
desenvolver.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico.
Competencia social e cidadá.
Competencia lingüística.
Aprender a aprender.
Autonomía e iniciativa persoal.
OBXECTIVOS:
Concienciarse da importancia do entorno e aprender a respectalo.
Coñecer algunha das profesións relacionadas co mar e coa pesca.
Adquirir de forma xeral os coñecementos básicos dos distintos oficios
traballados.
Relacionar as distintas profesións cos instrumentos que utilizan.
Traballar a asociación de obxectos.
Identificar a roupa usada para os distintos oficios.
Tomar un primeiro contacto co mundo laboral.
Ampliar o vocabulario.
Desenrolar a memoria e a lóxica.
Incentivar o traballo en equipo.
Adquirir coordinación e control do propio corpo para facer os xogos.
Representar distintas situacións mediante a expresión corporal.
Aprender de forma lúdica.
CONTIDOS CONCEPTUAIS:
As profesións relacionadas coa pesca.
Importancia dos distintos oficios.
Os instrumentos de traballo.
A roupa característica de cada oficio.
O mundo do traballo.
O traballo en equipo.
Vocabulario básico.
CONTIDOS PROCEDEMENTAIS:
Entende a importancia do entorno.
Recoñece distintas profesións relacionadas co mar e coa pesca.
Asocia os distintos traballo cos elementos que se usan en cada un deles.
Identifica a roupa característica de cada oficio.
Toma contacto co mundo do traballo.
Amplía o vocabulario básico.
Desenrola a memoria e a lóxica.
Coordina e controla o propio corpo.
Representa situacións dadas mediante a expresión corporal.
CONTIDOS ACTITUDINAIS:
Valoración do traballo solidario e en equipo.
Actitude de colaboración e solidariedade cos demais.
Respecto polas producións propias e alleas.
Interese por aprender de forma lúdica.
Concienciación de cómo é o entorno que o rodea.
Asociación de diversos obxectos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
A avaliación farase mediante un seguimento continuo do alumnado que levará
a cabo o profesor/a e que lle servirá para saber a evolución diaria de cada neno/a
a través das diferentes actividades propostas.
Teranse en conta os seguintes criterios:
Comprende para que serven os distintos oficios traballados.
Sabe que ferramentas se usan en cada profesión
Coñece as roupas usadas en cada caso.
É solidario e cooperativo nos traballos en grupo.
Utiliza o vocabulario básico.
METODOLOXÍA:
O proceso comeza coa exposición que o profesor/a ofrece sobre os contidos
da profesión que se vai traballar e que debe conter a información básica do que os
alumnos/as van aprender.
Despois da exposición do tema faranse lecturas alusiva ao mesmo e
amosaranse distintas imaxes que representen a realización do oficio obxecto de
estudio, das ferramentas utilizadas, da vestimenta propia, …. Isto farase de forma
secuenciada de xeito que o neno /a vaia relacionando as distintas profesións cos
seus instrumentos, coa súa vestimenta, etc.; e que tome conciencia da
importancia das mesmas e da súa incidencia no seu entorno.
A continuación levarase a cabo a proposta de actividades a realizar para
reforzar e aplicar os contidos traballados. Fomentarase a relación interpersoal, o
traballo en equipo e a solidaridade.
RECURSOS DIDÁCTICOS E MATERIAIS CURRICULARES:
Libros de consulta.
Búsquedas en Internet.
Láminas e fichas.
Visualización de vídeos.
CD con cantigas.
Xogos educativos de aula e xogos educativos na rede.
Cordas, aros, plastilina.
Pinturas (ceras duras e brandas, lapis de cor, témpera,…)
1.- CAPITÁN/Á
O capitán é a persoa que esta ao fronte, encabeza ou dirixe
un grupo de mariñeiros.
A súa función é a de tomar decisións imprescindibles para
a súa tripulación como por exemplo: a dirección da
navegación, que facer ante unha tormenta, como organizar
a tripulación do barco, etc.
Tamén é o representante legal do barco ante as
autoridades.
VESTIMENTA DE CAPITÁN
Gorra de capitán
Traxe de capitán de barco
Traxe de gala
Disfraz de capitán
ACTIVIDADE:
I.- Xogo dos oficios
Con anterioridade a posta en práctica do xogo, escóllense 8 nenos/as e
asignáselle un dos oficios que traballamos a cada un.
O xogo consiste en que cada xogador/a representará o seu oficio o máis
fielmente posible mediante mímica. Os espectadores deben adiviñar cal é a profesión
que representan.
II.- Plástica
Ao rematar o xogo cada rapaz/a debuxará un dos oficios traballados.
2.- Mariñeiro/a
Son os encargados de realizar as distintas
tarefas do barco (cociñar, limpar, vixiar,..).
VESTIMENTA DE MARIÑEIRO
traxe de mariñeiro
camiseta
gorra
SUPERTICIÓNS MARIÑEIRAS
A xente do mar refuxiouse sempre nunha serie de crenzas que lles axudan a
soportar as calamitosas condicións da vida a bordo.
A botadura dun barco equivale ao seu bautizo, e constitúe un momento de
bastante carga simbólica. O costume de romper unha botella de champan contra o casco
ten a súa orixe na antigüidade, cando se vertía viño tinto na cuberta como libación aos
deuses do mar
O nome do navío tamén é importante. Os armadores de épocas pasadas
intentaban evitar aqueles relacionados co lume, os lóstregos ou as tormentas. Segundo
algúns, non se debía cambiar nunca o nome do barco.
Existían datas nefastas durante as cales ninguén debía abandonar o porto. No
ámbito anglosaxón considerábase tentar á sorte saír ao mar os venres (día en que
crucificaron a Xesucristo), o primeiro luns de abril (día en que Caín matou a Abel), o
segundo luns de agosto (día en que Deus Castigou a Sodoma e Gomorra) ou o 31 de
decembro. Os mércores, sen embargo, eran días favorables. Doutra banda, constituía un
mal presaxio escoitar as campás dunha igrexa desde o barco mentres este se facía o mar.
ACTIVIDADE:
I.- Preguntar na casa e buscar máis superstición mariñeiras.
II.- Aprender a canción: Catro vellos mariñeiros
Catro vellos mariñeiros. (Bis)
Todos metidos nun bote.
Boga, boga mariñeiro,
vamos para Ribeiro
xa se ve San Roque. (Bis)
Ai lalelo, ai lalalelo.
Ai lalelo, ai lalala.(Bis)
Ai lalelo, ai lalalelo,
Ai lalelo, ai lalala.
III.- Representar con xestos a canción aprendida.
3.- PESCADOR/A
Son os tripulantes do barco que se encargan de extraer o peixe do mar e da
limpeza e preparación do mesmo para levar a lonxa.
Para ser m mariñeiro requírese unha gran valentía, pois para pescar hai que
adentrarse no mar e este non sempre está el calma, e teñen que facer frente a fortes
tormentas e grandes olas. Tamén ten que ser moi diestro para poder localizar os bancos
de peixes e ten que ser capaz de afrontar unha dura vida no mar, pois as campañas de
pesca poden durar una días (pesca de baixura) ou varios meses (pesca de altura).
ARTES DE PESCA:
De arrastre. É unha arte na se arrastra unha rede de aspecto similar aun
embudo. E pode facerse dende un ou duas embarcacións ou ben dende
terra.
De cerco. É na que capturan os peixes rodeándoos polos lados e por
abaixo .
De anzol. Son os formados por cabos de fibra e anzois. Poden ser de liña
ou de palangre (de fondo, de superficie e palangrillo)
Nasas. Están provistas dunha ou máis aberturas ou bocas, estas son de
forma de funil coa fin de favorecer a entrada e dificultar a
saída.Empréganse para a captura de peixes e crustáceos. Poden ser de
madeira, vime ou metal e recubertas de rede. Hai diferentes tipos de
nasas segundo a especie.
ACTIVIDADE:
I.- Xogo dos pescadores:
Farase un “peirao” con aros.
Dividimos os nenos/as en peixes e pescadores.
Cada pescador levará unha caña de pescar (unha corda de cores). Os peixes
moveranse polo espazo e o pescador, para podelo pescar, desprazarase polo peirao (os
aros) e lanzaralle a caña (tocar con suavidade). Cando un peixe é “tocado”
intercambiará os papeis co pescador.
Lembrar aos pescadores que teñan moito coidado á hora de pescar e que non
golpeen con forza nin facendo dano aos compañeiros.
II.- Colorea
4.- REDEIRAS
As redeiras, tamén chamadas atadeiras, son as
encargadas de tecer as redes novas de todo tipo e de
reparar as estropeadas. É esta unha profesión tan antiga
como a pesca e que levan a cabo, normalmente as
mulleres, que se xuntaban no peirao para traballar, tanto con redes de aceiro como con
redes de artes menores como miños, betasm trasmallos, volantas ou boliches.
TIPOS DE REDES :
Redes fixas Rede de cerco Rede de capo
Rede de arrastre
PARTES DUNHA REDE:
ACTIVIDADES:
I.- Visualiza o video: Redeiras de Galicia
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id
Ou ben en Google: vídeos sobre as redeiras/ Redeiras de Galicia (La Esencia de
la Tierra) – Galicia para el mundo
II.-Plástica:
Elabora unha rede con fíos de plastilina.
5.- MARISCADORES/AS
Son os/as que recollen o marisco nas praias ou nas zonas batidas polo mar.
TIPOS DE MARISQUEO:
Marisqueo a pé, practicado principalmente polas mariscadoreas e os
acuicultores de litoral
Marisqueo dende o barco, que xeralmente fan os homes porque se require
moita forza físicapara remover cun rastro de bara a area do fondo en
busca co marisco
UTEIS DE MARISQUEO:
Os uteis de marisqueo, entre outros moitos, son: cesto, pincho ameixeiro, coitelo
de marea, garabato, fixa, francalla,botas de auga,…
ACTIVIDADE:
I.- Colorea:
6.- CARPINTEIRO DE RIBEIRA
É o que constrúe ou arregla os barcos de pesca. O primeiro que ten que facer un
carpinteiro de ribeira é escoller ben as madeiras que despois vai serrar. Despois fará as
plantillas, construirá as maquetas e cando teña ben definidas as formas, ven o traballo de
lixar, cravar e aalafatear as madeiras para que a embarcación poida facerse ao mar.
FERRAMENTAS:
As ferramentas que usa son: serra, torniqueta, mazo, garlopa, serrón, gubia,
trencha, trado, lima.
PROCESO DE CONSTRUCCIÓN:
ACTIVIDADES:
1.- Xogo do comprador de barcos
Póñense os nenos e numéranse.
O director do xogo é o “comprador de barcos” e empeza:
- Fun ao peirao e merquei 3 barcos.
O neno que ten o número 3 responde:
- Como que tres barcos?
O comprador replica:
- Entón cantos?
O número 3 di:
- 7 barcos (por exemplo)
Entón o xogador número 7 fala:
- Como que 7 barcos?
O número 3 di:
- Entón cantos?
E o número 7 contesta:
- 10 barcos
E así sucesivamente.
Se un xogador se equivoca no que ten que dicir ou no número retírase do xogo e
os demais non no poden nomear outra vez porque se o fan tamén eles saen do xogo.
II.- Plástica:
Constrúe con plastilina un barco seguindo os pasos do carpinteiro de ribeira
7.- ACUICULTOR/A
É a persoa dedicada a cría e cultivo de especies acuáticas (ostras, ameixas,
mexillóns, macroalgas mariñas,…)
Dentro da acuicultura existen varios tipos de instalacións.
Granxas mariñas. Son instalacións en terra ou flotantes nas que se
reproducen ou/e engordan especies mariñas de interés comercial.
Bateas. Trátase de balsas flotantes construídas con bigas de n¡madeira
formando un enreixado que se sostén con flotadores de aceiro recuberto,
e nas que se cultiva, principalmente, ostra, vieira e mexillón.
Parques de cultivo ou viveiros. Son parcelas de zona marítimo terrestre
(franxa entre preamar e baixamar) para o coidado e cultivo de distintas
especies mariñas, especialmente moluscos.
ACTIVIDADES:
I.- Xoga a pescar
Utiliza a seguinte dirección:
http://www.juegosdebarcos.es
e elixe: “juegos del mar” o “juegos de pescar”.
II.- Colorea:
8.- FAREIRO
Este é un oficio en extinción. Antigamente unha persoa, que normalmente vivía
no faro, encargábase de dirixir a navegación marítima durante a noite. Utilizando a luz
do faro mostráballe as embarcación por onde tiñan que ir para non chocar coas rochas
da costa.
A LENDA DO FARO PUNTA ROBALEIRA - (CANGAS)
Contan que hai moitos anos atrás,
onde se atopa agora o Faro de Punta
Robaleira, había un espectro maligno. O
espírito cantaba para atraer aos mariñeiros
ás rochas, para que naufragasen.
Despois de moitos anos as xentes
decidiron colocar o chamado Faro Punta
Robaleira para tapar un gran burato que
comunicaba co mar, onde vivía o espírito.
Cando se construíu o faro a xente xa non tiña medo de pasar por alí, pensaban
que o perigo xa pasara, pero despois dalgún tempo viron que se equivocaran. Os fareiros
que ían por alí non sobrevivían máis de dous meses, xa que se tiraban ao mar porque o
espírito lles facía crer que así encontrarían a felicidade.
Por iso tiveron que poñer máquinas en vez de fareiros.
Cando xa pasaran moitos anos e pensaban que xa non existía o espírito sucedeu
unha cousa terrible:
Era un frío día de inverno envolto nunha gran tormenta. Todo estivo tranquilo
ata que anoiteceu. Unha embarcación pasaba preto do faro e, de pronto, soamente nese
faro se apagaron as luces. Dende a embarcación non vían nada e chocou contra o
rochoso acantilado. Todos os tripulantes estaban vivos. Do interior do faro saíu de
repente o espírito maligno, eles entenderon entón porque se apagaran ás luces: era por
culpa do espírito. Despois díxolles que non sobrevivirían moito máis, que el acabaría
coas súas vidas. Un dos tripulantes chamado Pepe Ruiz, tamén o máis valente, dixo que
o matara a el primeiro. O espírito fíxolle caso e entón, mentres o mataba, Pepe colleu
unha botella que levaba nunha bolsa, sacoulle o tapón, e como os espíritos senten
debilidade polas botellas, meteuse dentro e Pepe pechou o tapón.
O último desexo de Pepe era que o enterrasen alí mesmo e que tirasen a botella
ao mar, pero inventando algunha forma de que nunca se abrise a botella.
Os desexos de Pepe cumpríronse, pero o que nunca se soubo foi como morrera
de verdade Pepe. Eles inventaron a historia de que naufragaran e Pepe morrera por esa
razón.
FIN
LORENA PIÑEIRO PIÑEIRO
OUTRO S FAROS:
Faro de Fisterra
Faro de Baiona
Faro de Cabo Silleiro