“PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS E ADMINISTRATIVAS
PARA A SOLICITUDE DE OFERTAS E ADXUDICACIÓN DA
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA EXISTENTE NO INTERIOR DO
COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA
NC 0006/2018”
MARZO 2018
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 2 de 37
ÍNDICE
1.- CONVOCATORIA
2.- OBXECTO
3.- ALCANCE
4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE OFERTAS
5.- DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLO OFERTANTE
6.- MESA DE CONTRATACIÓN, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E
PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN
7.- VALORACIÓN DE OFERTAS
8.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
9.- PAGO DO MATERIAL
10.- IMPOSTOS
11.- AVAIS E GARANTÍAS
12.- GARANTÍAS E PENALIZACIÓNS
13.- CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS
14.- RESPONSABLE DO CONTRATO
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 3 de 37
1. CONVOCATORIA
SOGAMA, Sociedade Galega do Medio Ambiente, solicita ofertas para a
“VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA” que se atopa no interior do CMC en
Cerceda (A Coruña)
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 4 de 37
2. OBXECTO
O obxecto desta solicitude é definir o alcance e as condicións nas que se levará
a cabo a venda, por parte de SOGAMA, dunha serie de maquinaria que se
atopa fóra de uso e de chatarra procedentes do mantemento de instalacións
que se atopaban no interior do Complexo Medioambiental de Cerceda de
SOGAMA.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 5 de 37
3. ALCANCE
Maquinaria
Forma parte da presente solicitude de oferta a venda por parte de SOGAMA da
maquinaria fóra de uso que se atopa no interior do CMC e que se detalla neste
documento. Doutra banda tamén se inclúe a venda de chatarra formada por
restos de equipos e estruturas procedentes do desmantelamento de
instalacións dentro do CMC de SOGAMA.
Esta maquinaria procede xeralmente de instalacións que quedaron fóra de uso,
desmanteladas ou de equipos que actualmente xa non se utilizan nas liñas de
produción.
Será a costa do adxudicatario e ademais será o responsable de: desmontaxe da
maquinaria (nos casos nos que sexa necesario), carga, retirada e transporte ata
as súas instalacións da partida que se lle adxudique. En calquera caso será á
súa costa, no caso de que sexa necesario, o corte e manipulación de pezas ou
equipos para a súa posterior carga e transporte.
No caso de que para poder cargar a maquinaria adxudicada sexa preciso mover
previamente outra maquinaria, equipos ou pezas, isto será por conta e a costa
do adxudicatario.
No caso de que a maquinaria obxecto de venda conteña algún tipo de material
que poida ser un rexeitamento, será obriga do adxudicatario e á súa costa a
correcta xestión do mesmo, polo que na elaboración da oferta deberá ter en
conta esta circunstancia.
Como paso previo á presentación da oferta, cada ofertante poderá visitar as
instalacións de Sogama para ver as condicións e características da maquinaria
e chatarra obxecto de venda. No caso da maquinaria, en ningún caso se poderá
comprobar o funcionamento da mesma xa que non dispoñen de conexión
eléctrica nin de ningún outro tipo. En calquera caso dicir que ata o seu
desmantelamento se atopaban en funcionamento. Sogama no otorga ningún
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 6 de 37
tipo de garantía polo funcionamento e/ou o estado das máquinas obxecto desta
licitación, nin de ningunha da súas pezas ou compoñentes.
Esta maquinaria pasará a ser titularidade do adxudicatario desde o momento en
que saia das instalacións de Sogama.
Chatarra
O adxudicatario será o responsable da carga, retirada, transporte ata as súas
instalacións de toda a chatarra que SOGAMA lle solicite. Esta chatarra procede
xeralmente do mantemento realizado nas distintas instalacións do Complexo
Medioambiental de Cerceda, e incluso dalgúns equipos en desuso.
Principalmente estará composto por restos de tubos, de chapas, pequenas
pezas de desgaste, chapas Sandwich, etc. En calquera caso será a súa costa,
en caso de que sexa necesario, o corte e manipulación de pezas ou equipos
para a súa posterior carga e transporte.
En caso de que a chatarra obxecto de venda conteña algún tipo de
rexeitamento considerado residuos, será obriga do adxudicatario e a súa costa
a correcta xestión deste rexeitamento, polo que na elaboración da oferta deberá
ter en conta esta circunstancia. Se tras a retirada do material existisen na zona
materiais que non sexan chatarra (pallets, banda transportadora, materiais
plásticos, etc.) estes acopiaranse, onde Sogama determine, de forma ordenada
nunha pila a costa do adxudicatario.
Serán por conta do adxudicatario todos los custes de manipulación e corte de
materiais, carga, transporte e comprobacións que sexan necesarios, así como
os vehículos, medios materiais e humanos necesarios para realizar dito
transporte desde as instalacións de SOGAMA no Complexo Medioambiental de
Cerceda ata as instalacións do adxudicatario.
Como paso previo á presentación da oferta, cada ofertante poderá visitar as
instalacións de Sogama para ver as condicións e características do material
obxecto de venda.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 7 de 37
Este material pasará a ser de titularidade del adxudicatario desde o momento
no que este é pesado en báscula e sae das instalacións de Sogama.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 8 de 37
4.- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE OFERTAS
4.1. O prazo para a presentación de ofertas remata o día 6 de abril de
2018 ás 13:00 horas.
4.2. As ofertas serán presentadas no seguinte enderezo:
MORZÓS, 10 (ENCROBAS)
15187 CERCEDA
A CORUÑA
Tlf: 981 69 85 00
Fax: 981 68 60 64
4.3. A lingua das ofertas presentadas será galego e/ou castelán.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 9 de 37
5. DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLO OFERTANTE.
5.1 Documentación Administrativa (Sobre A)
O ofertante deberá presentar nun sobre denominado “A” que deberá estar
pechado e perfectamente identificado no seu exterior, a seguinte
documentación administrativa que deberá ser orixinal ou copia compulsada:
Prego de solicitude de ofertas debidamente asinado e selado en todas e
cada unha das súas follas.
Documentación relativa á capacidade técnica e económica e de
representación:
o Experiencia: relación de servizos prestados do tipo que é obxecto
esta Solicitude.
o Copia do Imposto de Actividades Económicas adecuado ás
actividades a realizar.
O licitador deberá presentar declaración responsable conforme ao modelo
previsto como ANEXO II a este prego de condicións, no que se exprese que
posúe a plena personalidade xurídica e de obrar, actúa con poder bastante
para a representación no seu caso e non se atopa incurso en ningunha
causa de prohibición para contratar.
Con independencia da declaración anterior, SOGAMA pode requirir ao
licitador en calquera momento, a acreditación de calquera das
manifestacións.
No caso de que a oferta sexa presentada por varias empresas, a
documentación anteriormente esixida deberá ser aportada por cada unha delas.
Neste sobre incluirase o orixinal do aval bancario provisional, no caso de que
sexa esixido no apartado correspondente deste prego.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 10 de 37
5.2 Proposta económica (sobre B)
Cada ofertante poderá presentar oferta de acordo ao Anexo I, cumprimentando
unicamente os importes das partidas ás que queira optar.
Os ofertantes ofertarán un prezo unitario por cada equipo no que estea
interesado e Sogama adxudicará cada un deles á oferta económica máis
vantaxosa.
No caso da chatarra a oferta económica constará dun diferencial en €/tonelada
ao alza que se sumará sobre o prezo de referencia fixado como prezo base,
que se establece en 160 €/tonelada.
Sobre o importe resultante aplicarase o correspondente IVE que se reflectirá na
factura que SOGAMA emita.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 11 de 37
6. MESA DE CONTRATACIÓN, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E
PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN.
O Órgano de Contratación, para a adxudicación do contrato, estará asistido
dunha Mesa de Contratación formada por un Presidente, un secretario e dous
vogais.
En caso de ausencia de calquera dos seus membros, as persoas encargadas
da designación destes nomearán aos que deban substituílos.
A Mesa de Contratación estará asistida polos técnicos asesores que se
considere necesarios, os cales informarán sobre as cuestións da súa
competencia, xa sexa por requirimento da Mesa ou por propia iniciativa, pero
sen dereito a voto. Poderán pedir, no entanto, que consten en acta as
observacións que formulen.
6.1Cualificación de documentación Sobre A
1. Antes da data da apertura pública de ofertas económicas, a Comisión
de Selección realizará unha comprobación e cualificación da
documentación presentada polos licitadores (sobre A).
2. Se a Comisión observase defectos ou omisións emendables na
documentación presentada, comunicarao verbalmente aos
interesados, ou a través de calquera outro medio que acredite a súa
recepción polos licitadores, concedéndose un prazo non superior a
tres días hábiles para que os licitadores os corrixan ou emenden ante
a propia Mesa de Contratación.
6.2Apertura do Sobre B.
1. Unha vez cualificada a documentación do Sobre A, e liquidado, de
existir, o trámite de emenda de erros e, no seu caso, unha vez se
procedeu a determinar as empresas que se axusten aos criterios de
selección procederase ao acto de apertura das proposicións técnicas e
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 12 de 37
económicas das ofertas admitidas (Sobre B), que se realizará nas
oficinas da sociedade en Cerceda (A Coruña), c/ Morzós 10, o día 11
de abril de 2018 ás 11:00 horas.
2. Comezará o acto de apertura de proposicións dándose lectura ao
anuncio do contrato e procedéndose seguidamente ao reconto das
proposicións presentadas e á súa confrontación cos datos que figuren
nos certificados expedidos polo persoal de SOGAMA, S.A., feito o cal
darase coñecemento ao público do número de proposicións recibidas
e nome dos licitadores, dando ocasión aos interesados para que
poidan comprobar que os sobres que conteñen as ofertas se atopan
na Mesa e en idénticas condicións en que foron entregados.
3. O Presidente manifestará o resultado da cualificación dos documentos
presentados con expresión das proposicións admitidas, das rexeitadas
e causa ou causas de non admisión destas últimas. As ofertas que
correspondan ás proposicións rexeitadas quedarán excluídas do
procedemento de adxudicación do contrato e os sobres que as
conteñan non poderán abrirse.
4. Antes da apertura da primeira proposición, invitarase aos licitadores
interesados a que manifesten as dúbidas que se lles ofrezan ou pidan
as explicacións que estimen necesarias, procedéndose pola Mesa ás
aclaracións e contestacións pertinentes, pero sen que neste momento
poida aquela facerse cargo de documentos que non fosen entregados
durante o prazo de admisión de ofertas, ou o de corrección ou emenda
de defectos.
5. A continuación, o Secretario abrirá o Sobre B, e o Presidente dará
lectura das proposicións económicas dos licitadores admitidos.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 13 de 37
6. Tralo anterior levantarase a sesión levantando acta da mesma o
Secretario co visto e prace do Presidente.
7. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación
examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación,
variase substancialmente o modelo establecido, ou comportase erro
manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por
parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan
inviable, será rexeitada pola Mesa, en resolución motivada. Pola
contra, o cambio ou omisión dalgunhas palabras do modelo, con tal
que o un ou a outra non alteren o seu sentido, non será causa
bastante para o rexeitamento da proposición.
6.3 Proposta de adxudicación.
Concluída a lectura e tralo estudo e baremación das ofertas presentadas, no
prazo máximo de dous meses a contar desde o último día de presentación de
ofertas, a Mesa de Contratación elevará proposta de adxudicación do contrato
ao Órgano de Contratación a favor do licitador que efectuase a mellor oferta no
seu conxunto.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 14 de 37
7. VALORACIÓN DE OFERTAS
O contrato adxudicarase aos ofertantes que, cumprindo todos os requisitos
establecidos no prego de condicións, presenten de forma conxunta ou separada
por equipos ou venda de chatarra a oferta economicamente máis vantaxosa
para Sogama.
SOGAMA poderá deixar deserta esta Solicitude de Ofertas sen que isto orixine
indemnización algunha para os ofertantes.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 15 de 37
8. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
O contrato terá unha duración máxima de 30 días naturais desde a data de
sinatura do mesmo, período durante o cal o adxudicatario estará obrigado a
retirar a maquinaria e chatarra.
O Ofertante, unha vez seleccionado e en caso de ter a condición de agrupación
temporal de empresas, presentará no prazo de vinte (20) días escritura pública
debidamente inscrita no Rexistro do Ministerio de Facenda.
O Contrato entenderase a risco e ventura do Adxudicatario e a súa formación
efectuarase mediante documento Privado.
Baixo ningún concepto o Adxudicatario poderá introducir ou executar
modificacións nos servizos comprendidos no Contrato sen a debida aprobación
técnica e económica da modificación por parte de SOGAMA.
SOGAMA resérvase o dereito de esixir ao Adxudicatario a realización daqueles
cambios menores que estime convenientes e que non inflúan no prezo,
características técnicas principais ou planificación da prestación dos servizos.
SOGAMA poderá propoñer modificacións que varíen o prezo, características
técnicas ou prazos de entrega ao Adxudicatario. En tal caso, o custo dos
mesmos será obxecto de negociación por ambas partes.
SOGAMA poderá propoñer modificacións que varíen as condicións técnicas ou
de prazo de entrega dos servizos e/ou traballos e contratos cando sexan
consecuencia de necesidades novas ou de causas técnicas imprevistas ao
convocar a Solicitude de Oferta. En tal caso, o custo das mesmas será obxecto
de negociación por ambas partes sen que poida pasar o 20% do contrato.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 16 de 37
9. PAGO DO MATERIAL
Os pagos efectuaranse unha vez finalizada a retirada dos equipos ou chatarra a
30 días a partir da data de emisión da factura mediante o envío de obriga de
pagamento nominativo, transferencia a vencemento ou confirming.
Pago da maquinaria:
Sogama facturará os equipos adxudicados ao/s adxudicatario/s, sendo
necesario o abono das facturas previamente á retirada dos equipos.
Pago da chatarra:
As toneladas do material retirado facturaranse de acordo ao resultado neto que
se derive do pesaxe nas básculas de entrada/saída do Complexo
Medioambiental de Cerceda, de acordo ao resultado de saídas que se aportará
coa factura.
A facturación por parte de SOGAMA ao adxudicatario realizarase en base á
seguinte fórmula:
Onde:
F é o importe base da factura en euros sen IVE.
T son as toneladas de material recolleito polo Adxudicatario no Complexo
Medioambiental de Cerceda.
P é o prezo por tonelada adxudicado en €/tonelada.
Ao resultado F, aplicaráselle o correspondente IVE que o adxudicatario abonará
a SOGAMA, de acordo coa lexislación vixente nesta materia.
F = T x P
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 17 de 37
10. IMPOSTOS
10.1. O Adxudicatario queda obrigado ao pago de todos os impostos, arbitrios,
gravames e exaccións de calquera clase que correspondan ao contrato. Polo
tanto, o Adxudicatario pagará todas as licenzas, taxas e impostos establecidos
que afecten ao contrato e ás actividades que constitúen o seu obxecto. Tamén
serán á súa costa todos os estudos e/ou informes que esixa calquera
Administración Pública, Local, Autonómica, Nacional ou Comunitaria.
10.2. Será responsabilidade do adxudicatario o pleno cumprimento das leis,
regulamentos e requisitos da lexislación vixente á sinatura do Contrato.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 18 de 37
11. AVAIS E GARANTÍAS
Para este procedemento non se esixe a constitución de avais ou garantías.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 19 de 37
12. GARANTÍAS TECNICAS E PENALIZACIÓNS.
12.1. O incumprimento do prazo máximo de 30 días naturais establecido para
levar a cabo a retirada da maquinaria obxecto deste contrato por parte do
adxudicatario podería dar lugar a unha penalización que consistirá nun recargo
do 5% sobre o importe total do contrato por cada semana de atraso na retirada
respecto ao prezo máximo establecido, sempre que este atraso sexa por
causas imputables ao adxudicatario.
12.2. Os atrasos nos pagos que sexan imputables ao Adxudicatario divindicarán
interese ao tipo EURIBOR incrementando no 1% sen necesidade de denuncia
da mora.
O tipo a aplicar será o correspondente ao prazo líquido máis próximo ao tempo
de demora producida nos pagos.
Enténdese por EURIBOR (Euro Interbank Offered Rate) a media das
cotizacións proporcionadas polo “Grupo Euribor” das asociacións internacionais
“Euribor FBE” e “Euribor ACI”, eliminando valores extremos, ás 11 da mañá
hora de Bruxelas, difundido por REUTERS na pantalla MBOR, ou outra que a
substitúa, por operacións de depósito interbancario a prazos de 1, 2, 3 ou 6
meses, do segundo día hábil anterior ao comezo de cada período de interese.
Ao EURIBOR engadiránselle, se houbese, os gastos de corretaxe expresados
en termos de porcentaxe anual.
Os pagos de intereses produciranse simultaneamente co pago do principal,
quedando cumprida a obriga co pago de ambos conceptos.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 20 de 37
13. CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS
13.1 No caso de que o Adxudicatario, en calquera momento, optase pola
subcontratación dos servizos obxecto desta solicitude a outros, esta decisión
deberase someter obrigatoriamente a aprobación por parte de SOGAMA.
As empresas subcontratistas e os subministradores do Adxudicatario serán
empresas de solvencia, capacidade, recursos e experiencia contrastados no
campo de que se trata.
En ningún caso, a subcontratación eximirá ao adxudicatario da responsabilidade
contraída con SOGAMA.
13.2 Será responsabilidade do Adxudicatario a derivada directa ou
indirectamente de danos, prexuízos e accidentes ocasionados a terceiros polas
accións levadas a cabo para a execución do Contrato en virtude do obxecto
desta Solicitude de Ofertas.
Calquera dano realizado polo adxudicatario a calquera instalación propiedade
de SOGAMA será reparado INMEDIATAMENTE, Á súa COSTA, polo
Adxudicatario sen esperar a resolución dos trámites do correspondente seguro.
Durante o desenvolvemento dos traballos, o Ofertante comprométese a
respectar e cumprir, en todo momento, coa lexislación que sexa de aplicación, a
todos os seus niveis; local, autonómico, nacional e comunitario.
14. RESPONSABLE DO CONTRATO
SOGAMA nomeará un responsable do contrato, que será persoa da súa
organización con titulación adecuada e suficiente e será directamente
responsable da comprobación, coordinación e vixilancia correcta realización do
obxecto e alcance do contrato.
As principais funcións do responsable do contrato son as de interlocución co
contratista, dar as ordes oportunas para lograr os obxectivos, propoñer as
modificacións que estime oportunas na execución dos traballos en orde a un
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 21 de 37
mellor cumprimento do obxecto do contrato, formular liquidación do labor
realizado dando conformidade se é o caso ás facturas presentadas polo
adxudicatario e tramitar cantas incidencias xurdan no desenvolvemento dos
traballos obxecto do contrato.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 22 de 37
ANEXO I
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 23 de 37
D._______________, con domicilio en _________-____, provisto de D.N.I. núm.
____ expedido en _________, con data________, en nome e representación de
________, CIF núm. ________ (cuxa representación acredita con escritura de
poder que se inclúe no “Sobre A: Documentación Administrativa”), sabedor da
licitación por anuncio publicado en________en data _______, e das condicións
e requisitos que se esixen para concorrer á licitación e adxudicación do contrato
de VENDA DE CHATARRA EXISTENTE NO INTERIOR DO CMC por parte de
Sogama.
DECLARA
1. Que coñece o Prego de condicións que contén as condicións técnicas e económicas que lle serven de base á convocatoria do citado contrato, e que os acepta incondicionalmente na totalidade do seu contido.
2. Que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar con SOGAMA, S.A., e que se compromete en nome de _______, a cumprir o contrato con estrita suxeición aos documentos citados de acordo coa seguinte oferta:
RELACIÓN DE MAQUINARIA OBXECTO DE VENDA
REF DENOMINACIÓN EQUIPO
PREZO MÍNIMO
DE REFERENCIA
(€)
PREZO OFERTADO
Muíño triturador de Voluminosos 10.000
Guindastre de carga de Muíño de Voluminosos EPSILON
E210 6.000
Criba Vibrante IFE SM 2400x7000F‐UW36 5.000
Separador Vibratorio (lixeiros‐pesados) IFE UH
2000X2500 FS 3.000
Alimentador Vibratorio IFE UE 1800x2000 FS 3.000
Prensa TREMESA 4.000
Decantador Centrífuga Alfa Laval Tipo: CBNX 20.000
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 24 de 37
____€/t de chatarra retirada ao alza que se aplicará sobre o prezo de referencia fixado neste Prego.
3. Así mesmo, comprométese ao cumprimento das disposicións vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de Seguridade e Saúde no traballo.
En____, a__ _de_____de_____
Asdo.:_____
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 25 de 37
ANEXO II
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 26 de 37
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE
TÍTULO DO CONTRATO:
NÚMERO DE EXPEDIENTE:
D./Dna…………………………………………con DNI/NIF núm……………………..,
en nome propio ou en representación da empresa…………………… con NIF
núm…………………………, manifesta a súa vontade de participar no
procedemento aberto con varios criterios de adxudicación convocado pola
Sociedade Galega do Medio Ambiente para a execución do contrato de
referencia polo importe sinalado na proposición económica, así como que
cumpre os requisitos e condicións de aptitude establecidos legalmente para
contratar, dispón da documentación que así o acredita, autoriza ao órgano de
contratación a solicitar os datos necesarios que obren na administración para
comprobar a veracidade do manifestado e expresa o seguinte:
A) Presentación do licitador
- Nome e apelidos do representante da empresa ou do empresario acode
física:……………..
- Fax a efectos da práctica de notificacións con
preferencia:………………………………………
- Enderezo postal a efectos da práctica de notificacións, no seu
caso:………………………….
- Teléfono:…………………………………………………………………….
- Enderezo de correo electrónico (no caso do seu
dispoñibilidade):………………………………….
- Número de inscrición da empresa no Rexistro Xeral de Contratistas da
Comunidade Autónoma de Galicia ou Rexistro Oficial de Licitadores e
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 27 de 37
Empresas Clasificadas do Estado (no seu
caso):……………………………………………………………………………………
- No suposto de unión de empresarios e a efectos de notificación, nome e
apelidos do representante da UTE, fax, enderezo e
teléfono:…………………………………………………………………………………
B) Declaración de personalidade, representación, non estar incurso en
prohibición de contratar
Declaro baixo á miña responsabilidade a posesión e validez, a data de
finalización do prazo de presentación de proposicións, das circunstancias que a
continuación se indican, quedando obrigado a acreditalas, no caso de que
recaia ao meu favor a proposta de adxudicación e previamente á adxudicación
do contrato, mediante a oportuna documentación orixinal ou copia cotexada:
a) Declaración de personalidade e, no seu caso, representación
De que se conta con personalidade xurídica, posuíndo a plena capacidade
xurídica e de obrar necesarias, e, se fose o caso, de que a persoa que asina a
proposición ten poder bastante para a representación.
b) Declaración de non estar incurso en suposto de prohibición para
contratar
De que a persoa que actúa en nome propio ou, no seu caso, a compañía á que
representa e os seus administradores e representantes, teñen plena capacidade
de obrar e que non se atopan incursos en ningunha das causas de prohibición
para contratar conforme co disposto no artigo 60 do texto refundido da Lei de
contratos do sector público, así como que o empresario acode física ou, no seu
caso, a empresa que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas
tributarias (coa Administración do Estado e coa da Comunidade Autónoma de
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 28 de 37
Galicia, así como no pago do Imposto de Actividades Económicas, no seu caso)
e coa Seguridade Social establecidas nas disposicións vixentes.
Así mesmo, de que non incorre en ningunha das causas ás que se refire a Lei
5/2006, do 10 de abril, de regulación dos conflitos de interese dos membros do
Goberno e dos Altos Cargos da Administración Xeral do Estado, a Lei 9/1996,
do 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e
altos Cargos da Administración Autonómica, a Lei 53/1984, do 26 de decembro,
sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e a
Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, nos termos
establecidos nas mesmas, ou en calquera outra norma de aplicación na
materia.
C) Declaración de existencia ou non de vinculación con outras empresas
licitadoras no procedemento de adxudicación (ou de pertencer ao seu consinto
grupo de empresas) e/ou de sociedades tamén licitadoras integradas por socios
nas que concorran algúns dos supostos do artigo 42.1 do Código de Comercio a
efectos de aplicación do réxime de apreciación de proposicións económicas
anormais ou desproporcionadas.
Declaro baixo a miña responsabilidade que, visto o disposto no artigo 145.4 do
texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real
Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, e máis no artigo 86 do Real
Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, en relación co artigo 42.1 do Código de
Comercio e demais normativa de aplicación, a empresa licitadora á que
represento (consignar o que proceda):
□Non ten vinculación con outra/s empresa/s licitadora/s no procedemento de
adxudicación ou que pertencese ao seu mesmo grupo de empresas nin está
integrada por ningún socio no que concorra algún dos supostos previstos no
artigo 42.1 do Código de Comercio en relación con algunha sociedade tamén
licitadora no procedemento de adxudicación.
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 29 de 37
□Si ten vinculación con outra/s empresa/s licitadora/s no procedemento de
adxudicación ou si pertence ao seu mesmo grupo de
empresas…………………….. e/ou si está integrada por algún socio no que
concorra algún dos supostos previstos no artigo 42.1 do Código de Comercio en
relación cunha/s sociedade/s tamén licitadora/s no procedemento de
adxudicación. Inclúese a continuación a denominación social da/s empresa/s
na/s que concorre/n esta circunstancia:………
D) Declaración de non variación das circunstancias de aptitude para
contratar que constan no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade
Autónoma de Galicia ou Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas
do Estado (no caso de optar pola acreditación das circunstancias mediante
certificación do rexistro)
Declaro baixo a miña responsabilidade que me atopo inscrito ou a empresa á
que represento se atopa inscrita no Rexistro…………………… co
número…………….e que, tendo en conta que se acreditan as circunstancias de
aptitude para contratar mediante certificación de dito rexistro, maniféstase que
(marque o que proceda):
a) As circunstancias de aptitude para contratar acreditadas mediante
certificación de dito rexistro non experimentaron variación a data da sinatura
desta declaración.
b) As circunstancias de aptitude para contratar acreditadas mediante
certificación de dito rexistro non experimentaron variación a data da sinatura
desta declaración, excepto as que a continuación se indican, segundo se
xustifica cos documentos que se acompañan:
- Circunstancias varias:………………………………………
- Documentación xustificativa que se achega:………………………………
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 30 de 37
E) Coñecemento do Código Ético Institucional da Xunta de Galicia
Manifesto coñecer o contido e alcance do Código Ético Institucional da Xunta de
Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2014 e
publicado por resolución de 8 de setembro de 2014 (DOG núm. 179 do
19/09/2014).
En .......... a …. de …. de …..
Sinatura
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 31 de 37
DOSIER FOTOGRÁFICO
Muíño triturador de Voluminosos
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 32 de 37
Guindastre de carga de Muíño de Voluminosos
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 33 de 37
Separador Vibratorio IFE UH 2000X2500 FS
Alimentador Vibratorio IFE UE 1800x2000 FS
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 34 de 37
Prensa TREMESA
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 35 de 37
Decantador Centrífuga Alfa Laval Tipo: CBNX414B-31G
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 36 de 37
VENDA DE MAQUINARIA E CHATARRA (NC 0006/2018)
Páxina 37 de 37
Criba Vibrante IFE SM 2400x7000F-UW36