VISITA DE VIOLETA MONREAL 3º B
O día 24 de xaneiro veu ao nos colexio Violeta Monreal, unha ilustradora e
escritora asturiana. Ten corenta e nove anos e un fillo. Leva 26 anos
facendo o seu traballo.
Cando debuxa, faino facendo collages. Explicounos que os debuxos hai que
miralos dúas veces e que unha orla é un marco que rodea o debuxo.
O primeiro libro que escribiu foi “A onde vai a neve que se leva o vento”, o
último foi “Carapuchiña Vermella” e os que máis lle gustan son os de Pamela
Panamá.
Contou que as cousas que saen mal
hai que quitalas e intentar facelas
mellor, tamén dixo que non lle gusta
que lle digan que está torto, sempre
mira dúas veces as cousas e ao final
sempre o fai moi ben.
Cando se puxo a facer un cadro abriu
a súa maleta e dixo que antes de
traballar, tíñase que asegurar de que
tiña o material, para non ter que
levantarse, coma facía o seu fillo. Cando empezou a sacar papeis e
recortalos cos dedos para facer debuxos eu alucinei, non sei se os meus
compañeiros e os doutros cursos alucinaron.
Dixo que ía facer un debuxo e cortou tiras para quentar . Fixo un sol moi
raro, unha montaña e tamén unha árbore, pero quixo facela máis á dereita e
como non lle cabía fixo unha remontaña e puxo a árbore.
Nos foi dicindo coma facía un debuxo e nos dixo que o coidaramos ben,
tamén puxo un ollo na árbore.
Doulles aos profes uns corazóns e a nos un pavo ou unha estrela. Respondeu
ás nosas preguntas e ao final firmounos os libros.
Dounos de regalo :estrelas, pavos, cunchas, folerpas e follas de plástico.
O que máis me gustou foi cando fixo o cadro e a despedida, nos firmou a
todos os nenos.
A todos nos gustou moito o cadro e é moi creativa. É moi simpática, nos
ensinou a facer debuxos como fai ela e nos dou un recordo.
Recommended