Viveiro Os Trollos
Situación ................................................................................................. 2
Propiedade.............................................................................................. 2
Historia.................................................................................................... 2
Tipo de viveiro......................................................................................... 3
Dimensións ............................................................................................. 3
Catálogo de especies.............................................................................. 3
Esquema de producción por especie ...................................................... 3
Instalacións e automatismos ................................................................... 3
Sistema de rega...................................................................................... 5
Sistema de abonado ............................................................................... 6
Sistema de comercialización................................................................... 6
Distribución e presentación das plantas .................................................. 6
Empregados............................................................................................ 7
Situación
Provincia: Lugo
Concello: Bóveda
Parroquia: San Vicente de Ver
Coordenadas UTM CODIGO SIGPAC
X 624.347 27 : 8 : 0 : 0 : 24 : 294
Y 4.717.892
Altitude (m) 365
Huso → 29
Propiedade
Propiedade da Xunta de Galicia. O organismo responsable da súa xestión é a Dirección
Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural.
Historia
O terreo foi cedido no ano 1.917 ó antigo organismo denominado Patrimonio Forestal
polos veciños da parroquia de Ribas Pequenas para a creción dun dos primeiros viveiros
estatais. Cara o ano 1.927, a administración pública deu comezo ás labores para os
inicios da producción, quedando o viveiro definitivamente inaugurado en 1.934. Ó longo
do tempo foi acumulando gran variedade de especies forestais, tanto autóctonas como
foráneas, ata acadar máis de cen especies de árbores e arbustos. Creouse tamén un
semilleiro propio de Pinus pinaster clonal, co obxectivo principal de producir material de
base para as repoboacións levadas a cabo pola administración.
Na actualidade, o viveiro constitúe en si un espazo natural de carácter educativo,
contando con paneis informativos das diversas especies e unha aula forestal adicada á
divulgación da actividade, cunha exposición permanente.
Tipo de viveiro
Trátase dun viveiro de producción de planta a cargo da administración para as
repoboacións de carácter público
Dimensións
Superficie: 30 ha
Perímetro: 3 km
Catálogo de especies
Na actualidade, a producción do viveiro
céntrase en 2 especies para repoboacións ( Pinus pinaster e Quercus rubra ), aínda que
no interior do viveiro hai catalogadas 104 especies de árbores e arbustos, de interese
forestal e ornamental respectivamente. Tanto Pinus pinaster como Quercus rubra
reprodúcense por semente, empregando o invernadoiro na fase de enraizamento das
sementes. Cando as plantas o requiren, son transplantadas a un terreo onde
permanecerán ata ser levadas ó seu destino final.
Instalacións e automatismos
O viveiro está dotado coas seguintes instalacións:
Invernadoiro
Nave de central
Caseta de almacenaxe de ferramentas
Galpón de almacenaxe de materiais
Sistema de rega
Diferencianse dous sistemas de rega:
Invernadoiro: nebulizadores cun programador de rega para a fase de xerminación das
sementes
Resto do viveiro: sistema de rega manual e natural. A
presencia dunha fonte natural na zona máis elevada do
viveiro, practicamente toda a superficie do mesmo ten fácil
acceso á auga. O sistema de rega externo consta de
3 sectores de rega, cada un surtido por un depósito
independente, e outro sector a maiores, unha zona
de encharcamento natural cun dos regatos que parte
da fonte, para producción de Populus sp.
Nos 3 sectores surtidos polos depósitos atopamos:
1º Sector – Franxa Norte. Depósito de 6x6x3 m3
(aproximadamente 108.000 l )
2º Sector – Franxa Sur. Depósito de 6x6x3 m3
(aproximadamente 108.000 l )
3º Sector – Franxa Central. Depósito de
10x10x4 m3 ( 400.000 l )
A auga distribúese por tuberías con válvulas manual
ata unhas bocas de rega, con conexión para
mangueira, situadas cada 50m de distancia.
Boca de rega Detalle da conexión á mangueira
Sistema de abonado
Emprégase un abono composto de formulación 15 - 15 - 15 en forma perlada, que se
engade ó sustrato das plantas nas fases de transplante, e no mometo da plantación
seguindo as esixencias do proxecto de repoboación.
Sistema de comercialización
O viveiro non comercializa planta. O destino da producción son sempre repoboacións
feitas pola Xunta de Galicia ou obras das administracións públicas ( concellos, parroquias,
etc.)
Distribución e presentación das plantas
As plantas prepáranse de acordo ás esixencias do proxecto á que van destinadas. Así
atopamos:
Sementes: Pinus pinaster, con semilleiro clonal propio
Envase: Plántula de Pinus pinaster
Raíz núa: Plántula Pinus pinaster
Maceta: Planta con fin ornamental, en xeral calibres 4-8
Cepellón: Planta con fin ornamental, calibres Superiores a 8
Empregados
Na actualidade conta con 3 empregados con posto fixo, que son os encargados da
producción e preparación da planta para os proxectos, así como do mantemento das
infraestructuras, do material e das plantacións e o espazo natural do viveiro.