Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica
O 1 de decembro celebraronse no Pazo da Cultura en Pontevedra as Xornadas
Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas, estas Xornadas estaban inmersas na Feira das
Industrias Culturais CULTURGAL que se desenvolveu durante toda a fin de semana.
Nas Xornadas tiven o pracer de coñecer a Manuel Area Moreira, nado en Pontevedra e
profesor na Universidade da Laguna dende 1982. Escoitei a súa ponencia con interese,
dicía que é moito máis
importante centrarse no
cambio de pedagoxía que
na tecnoloxía en si
mesma, de feito o Moodle
en mans de moitos
profesores pasa a ser
unicamente unha
ferramenta para fabricar
apuntes. Falou tamén da
morte dos libros de texto,
afirmación que estou
certa, doulle a máis dun
unha lixeira comezón. A
medida que o escoitaba parecíame que xa o coñecía de algo, e por fin caín na conta de
que o seguía en twitter e en Google+, aproveitei o descanso para desvirtualizarme e falar
con el. Diante dun café, unhas pastas e en compañía de Luz Castro a que tamén coñecía
por twitter falamos de novo das TIC e de como deixou Galicia alá polo ano 1982 ao rematar
Filosofía en Compostela. Manuel A. fixo unha analoxía entre a introdución das TICs no
ensino e o libro impreso nas universidades. Dende que se instalou a primeira imprenta en
España, en Segovia alá polo ano 1472 pasaron varios séculos ata que as universidades os
admitiron como unha ferramente común de estudo. Unha das causas foi que os estudantes
estaban obrigados a coller os apuntes do profesor, e que só había unhas poucas copias
revisadas por el, feitas a man e autorizadas para poder ser alugadas polos estudantes. Nas
bibliotecas antes da invención da imprenta, habia libros encadeados aos pupitres que non
se podían levar a casa, caramba!, como me lembra esto aos ordenadores do proxecto
ABALAR!, nos séculos XVI e XVII a censura era tremenda, en 1502 establécese a obriga
1/ 3
Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica
de someter os libros a censura civil e eclesiástica, aparecen listas de libros prohibidos. No
reinado de Felipe II prohíbese a venda de libros censurados baixo pena de morte, as obras
prohibidas queimábanse na fogueira. Estas regras non se relaxan ata o século XVIII cos
reinados de Fernando VI e Carlos III, no que se permite ao autor dun libro impreso expoñer
persoalmente a súa opinión ante o tribunal que o tivese censurado e só se podían censurar
libros relixiosos.
Outra ponencia que me gustou foi a de Manuel González do IES Concepción Arenal en
Ferrol, decía, temos un sistema educativo do século XIX, nós somos do século XX e, o
alumnado é do
século XXI. Na
páxina web do seu
centro hai recollidas
máis de 200 videos
dirixidos polos seus
alumnos do curso
pasado, cada un
deles facía 8 ou 9
videos por curso,
semella que tan
inmensa producción
debería repercutir
negativamente na
calidade dos filmes, non obstante, Manuel sinalaba que o importante é o proceso non o fin
“aposto porque as pelis que fan os alumnos sexan imperfectas, iso fainas interesantes”.
Manuel G. tamén coordina o canle de youtube C liphistoria “canle de recursos audiovisuais
para o ensino da Historia de España a través de clips de filmes e ao tempo unha
reivindicación do cinema español e latinoamericano”
Xa polo serán pareceume interesante achegarmos ao ensino dende o mundo dos
videoxogos con imaxin. Aínda queda moito por percorrer ata que dispoñamos da
diversidade necesaria de videoxogos educativos para poder levalos a aula de forma
2/ 3
Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica
normalizada, pero estou certa que é unha das posibles futuras vias no ensino. A posta en
escea do obradoiro foi a simulación dun concurso televisivo, nós formabamos parte do
público e tamén dos participantes fixemos así un paseo virtual dende as orixes dos
videoxogos con Atari nos anos 70 ata os nosos dias.
E por último Tati Mancebo mostrounos un amplo abano de aplicacións disponibles para que
os docentes podamos facer uso delas.
3/ 3