Upload
roberto
View
193
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
1º ESO
Roberto López
1. UN PLANETA DO SISTEMA SOLAR
A Terra forma parte do sistema solar
2. UN PLANETA CON VIDA
A característica fundamental da Terra é que nela se deron as condicións necesarias para que se formase a vida, xa que reúne unhas calidades que o fan diferente ao resto de planetas:
A temperatura na superficie terrestre é moderada A existencia de atmosfera A presenza de auga líquida na superficie
A vida na Terra desenvólvese nunha zona chamada biosfera
3. AS CAPAS EXTERNAS DA TERRA
A atmosfera é a capa gasosa que rodea a Terra. Formada por Nitróxeno, osíxeno, vapor de auga, dióxido de carbono e outros gases.
A hidrosfera é co conxunto de augas que existen no noso planeta.
A litosfera é a parte sólida externa da Terra. Comprende tanto as zonas emerxidas como os fondos dos mares e océanos
O movemento de rotación A Terra xira sobre o seu eixo Xira de oeste a leste Da un xiro completo cada 24 horas Orixina o día e a noite A duración do día e a noite varía ao longo do ano
4. OS MOVEMENTOS DA TERRA
O movemento de traslación
A Terra describe unha órbita elíptica ao redor do Sol. Tarda 365 días e 6 horas A inclinación dos raios solares en cada hemisferio cambia ao longo do ano. Así se orixinan as estacións As estacións están invertidas nos dous hemisferios
5. O GLOBO TERRÁQUEO E OS MAPAS
A Terra é unha esfera achatada polos polos: Ten forma de xeoide.
A mellor maneira de representala, sen distorsionar as distancias, as formas e a distribución e tamaño dos continentes e océanos é un globo terráqueo.
Para reproducir con detalle algunhas partes da Terra, os cartógrafos idearon os mapas.
Os mapas son representacións planas de toda a superficie da Terra ou dunha parte dela.
PROXECCIÓN PLANA OU CENITAL: Forma máis frecuente para representar zonas polares ou amosar un hemisferio completo.
PROYECCIÓN CILÍNDRICA: Para representar zonas ecuatoriais e tropicais, a medida que avanzamos cara aos polos a deformación é maior.
PROXECCIÓN CÓNICA: Forma máis utilizada para representar zonas de latitudes temperadas.
Proxectar de forma exacta a superficie esférica da Terra sobre una superficie plana é imposible. Tipos e proxeccións cartográficas
6. TIPOS DE MAPAS En función da información que contén un mapa os xeógrafos distinguen tres tipos de mapas:
Os mapas físicos: presentan o relevo e as augas dun territorio
Os mapas políticos mostran as fronteiras entre os territorios. Sinalan estados, provincias, municipios, localidades.
Os mapas temáticos proporcionan información sobre un aspecto ou tema concreto: agricultura, poboación, clima, historia, turismo, …
Físico Galicia
Político España
Climático Europa
Un mapa topográfico é aquel que representa detalladamente a superficie terrestre. Proporciona información sobre aspectos físicos e aspectos humanos: relevo, ríos, núcleos de poboación, vías de comunicación, toponimia, vexetación, altitude, etc.
O mapa topográfico
O relevo nun mapa topográfico
Se as curvas de nivel están moi separadas, o relevo é plano.
Se as curvas de nivel están moi xuntas, o relevo é montañoso.
7. OS ELEMENTOS DUN MAPA
8. LOCALIZACIÓN DOS PUNTOS CARDINAIS Os puntos cardinais principais son Norte sur, leste e oeste.
Entre os puntos cardinais principais encontramos direccións intermedias: nordeste, sueste sudoeste e noroeste
Algúns elementos pódennos axudar a atopar o norte: o Sol, a estrela Polar.
Tamén nos podemos axudar de instrumentos como o compás.
9. PARALELOS E MERIDIANOS
Meridiano de Greenwich
É o meridiano 0º
10. A LATITUDE E A LONXITUDE
11. A ESCALA
A escala pode indicarse de dúas formas distintas:
A escala indícanos a proporción que existe entre a dimensión dun territorio na realidade e a dimensión que ocupa no mapa
Escala numérica. Expresase mediante unha fracción 1/100 1:100 Quere dicir que 1 cm. no mapa equivale a 100 cm. na realidade
Escala gráfica. Exprésase mediante unha recta dividida en segmentos iguais Indícanos que 1 cm. do mapa equivale a 100 km. na realidade
Mapas a distintas escalas
Mapa a escala 1:100.000 Mapa a escala 1:250.000