1
Desde a ANPA do CEIP Antonio Pedrosa Latas queremos informar de varias cuestións: O último día para entregar a lotería aos membros da ANPA será este mércores 14 de decembro. No mes de decembro as actividades extraescolares deberán ser aboadas na súa totalidade sen ningún tipo de excepción. Por último, prégase por favor a todos os pais e nais que esperen fóra do recinto escolar cando acudan a levar ou recoller aos seus fillos ás actividades extraescolares. As normas de educación e convivencia deben respectarse en todo momento. A ANPA tamén colabora co colexio na festa que este organiza para os nenos dentro da xornada escolar, financiando os agasallos de Nadal para cada unha das aulas. O próximo venres 16 de decembro ás 17’30h organizamos unha xornada de convivencia no cine con pombiñas gratuítas para os nenos. Os que estean interesados en participar teñen que reservar a súa localidade este luns 12 de decembro poñendo o seu nome completo (cuxa entrada será aboada pola ANPA só para os socios que presenten o carné), a película elixida entre as dúas que propoñemos a continuación e se irá acompañado por algún adulto que deberá pagar 4’50€ pola súa entrada ao igual que os nenos que non sexan socios. Os membros da ANPA non se farán responsables de ningún neno, polo que os máis pequechos terán que ir atendidos por algún adulto. NOME E APELIDOS DO ALUMNO: PELÍCULA Á QUE ASISTIRÁ: NÚMERO DE ADULTOS QUE O ACOMPAÑARÁN:

10. Circular Nadal

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 10. Circular Nadal

Desde a ANPA do CEIP Antonio Pedrosa Latas queremos informar de varias cuestións:

● O último día para entregar a lotería aos membros da ANPA será este mércores 14 de decembro.

● No mes de decembro as actividades extraescolares deberán ser aboadas na súa totalidade sen ningún tipo de excepción.

● Por último, prégase por favor a todos os pais e nais que esperen fóra do recinto escolar cando acudan a levar ou recoller aos seus fillos ás actividades extraescolares. As normas de educación e convivencia deben respectarse en todo momento.

● A ANPA tamén colabora co colexio na festa que este organiza para os nenos dentro da xornada escolar, financiando os agasallos de Nadal para cada unha das aulas.

● O próximo venres 16 de decembro ás 17’30h organizamos unha xornada de convivencia no cine con pombiñas gratuítas para os nenos. Os que estean interesados en participar teñen que reservar a súa localidade este luns 12 de decembro poñendo o seu nome completo (cuxa entrada será aboada pola ANPA só para os socios que presenten o carné), a película elixida entre as dúas que propoñemos a continuación e se irá acompañado por algún adulto que deberá pagar 4’50€ pola súa entrada ao igual que os nenos que non sexan socios. Os membros da ANPA non se farán responsables de ningún neno, polo que os máis pequechos terán que ir atendidos por algún adulto.

NOME E APELIDOS DO ALUMNO:

PELÍCULA Á QUE ASISTIRÁ:

NÚMERO DE ADULTOS QUE O ACOMPAÑARÁN: