Upload
plecoptero
View
82
Download
12
Embed Size (px)
Citation preview
Tricópteros
Semellantes a polillas de tamaño pequeno; teñen ás membranosas e máis ou menos densamente pubescentes e mantidas en teito sobre o dorso en reposo.
Larvas acuáticas, máis ou menos eruciformes (de eiruga) e que viven xeralmente en estoxos; corpo rematado en apéndices caudais ganchudos.
A familiaridade dos tricópteros redúcese polo xeral aos estoxos portadores de larvas. Os adultos son predominantemente de coloración escura, xeralmente pardos. Non é frecuente velos voar. Descansan sobre vexetación. Moitas especies son nocturnas. As pezas bucais están adaptadas a lamer alimento fluido. Nas súas afinidades xerais son próximos ós Lepidópteros.
Bioloxía: Poñen os ovos sobre a vexetación acuática ou sobre árbores que colgan. Son depositados en masas cubertas por un mucílago.
Os estoxos son tubulares. Por unha abertura, a máis ancha, sobresae o insecto. A posterior soe ser máis pequena e está frecuentemente protexida por unha placa de seda perforada. A larva realiza movementos ondulatorios co abdome e mantén o seu corpo en constante contacto ca auga, saíndo fora a partir da abertura posterior do estoxo. No seu extremo a larva ten un par de pinchos que lle permiten suxeitarse ao estoxo e arrastrarse.
A variedade de estoxos é grande. Ás veces caracteriza a unha especie en concreto, e outras a un grupo ou familia.
Case todas as clases de materiais que poden encontrarse na auga son empregados por unha ou outras especies para a construcción dos seus estoxos.
A larva típica ten unha cabeza esclerotizada e ben desenvolvida. Teñen mandíbulas masticadoras.
As larvas viven sumerxidas, respirando na maioría dos casos por branquias traqueais filamentosas.
Tipos de larvas:
Campodeiforme: Corpo comprimido e cabeza non inclinada en ángulo. Xeralmente non contan con estoxo.
Eruciforme: Cabeza inclinada en acusado ángulo co resto do corpo, cilíndricas, con estoxo. No primeiro segmento abdominal teñen papilas.
Consultas feitas en “Tratado de entomología IMMS”, de O.W.Richards y R.G.Davies. Ed. Omega,S.A. 1984
Katia Alvarez Mosquera y Anggy Arango Ardila
Curso 4º ESO A
Hidropsíquidos.Proxecto Ríos IES Muralla Romana porKatia Álvarez Mosquera e Anggy Xiomara Arango Ardilase encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.