5
-A orde dos coleópteros- Constitúen o grupo de insectos (e de animais) máis numeroso xa que se coñecen cerca de 400.000 especies.Os coleópteros posúen unha metamorfose completa (con estadios de larva, pupa e imago), son holometábolos (tipo de desenvolvemento característico dos insectos máis evolucionados).A súa principal característica é que só teñen un par de ás xa que o primero par transformouse nuns estoxos chamados “ÉLITROS” que agochan as ás e cobren o abdome.Ábrense cando o escaravello vai iniciar o voo.Son de tamaño variable ; algúns miden só milímetros mentres outros son moi grandes.A cor é variable, poden ser grises, negros, pardos, amarelentos, algúns de cores brillantes, metalizadas. A cor garda certa relación co clima do ambiente no que viven.A larva normalmente sofre moitas mudas. Polo contrario, nas ordes de insectos hemimetábolos ou exopterigotos (por exemplo os Dermaptera) as larvas ou ninfas experimentan unha metamorfose

4. coleópteros manuel lence

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 4. coleópteros  manuel lence

-A orde dos coleópteros-

Constitúen o grupo de insectos (e de animais) máis numeroso xa que se coñecen cerca de 400.000 especies.Os coleópteros posúen unha metamorfose completa (con estadios de larva, pupa e imago), son holometábolos (tipo de desenvolvemento característico dos insectos máis evolucionados).A súa principal característica é que só teñen un par de ás xa que o primero par transformouse nuns estoxos chamados “ÉLITROS” que agochan as ás e cobren o abdome.Ábrense cando o escaravello vai iniciar o voo.Son de tamaño variable ; algúns miden só milímetros mentres outros son moi grandes.A cor é variable, poden ser grises, negros, pardos, amarelentos, algúns de cores brillantes, metalizadas. A cor garda certa relación co clima do ambiente no que viven.A larva normalmente sofre moitas mudas. Polo contrario, nas ordes de insectos hemimetábolos ou exopterigotos (por exemplo os Dermaptera) as larvas ou ninfas experimentan unha metamorfose incompleta ou parcial polo que se parecen ós adultos, con esbozos alares e xenitalia que medran con cada muda. As larvas dos coleópteros non presentan nunca rastro de ás ou xenitalia, ollos compostos, nin máis dun simple segmento tarsal, e raramente máis de 4 artexos antenais.

Page 2: 4. coleópteros  manuel lence

Coleópteros acuáticos

 Os coleópteros son un dos grupos máis importantes de artrópodos de auga doce.As súas larvas teñen formas moi diversas. A que vemos a continuación é da familia Gyrinidae.Teñen 10 segmentos abdominais. As patas segmentadas, rematan con dúas uñas tarsais. As branquias laterais están presentes en todos os segmentos abdominais. O 10º segmento posee catro apéndices laterais e ganchos no ápice.Teñen os ollos grandes e prolongados cara a parte ventral . As patas medias e posteriores teñen cerdas natatorias, e as dianteiras son aplanadas, unha adaptación para nadar.Os xirínidos reciben o seu nome do hábito de  facer rápidos percorridos circulares na superficie da auga, onde se ve en grupos.