57

A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 2: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

As PRECIPITACIÓNS prodúcense cando o peso das pingas que se forman nas nubes é tan grande que non se pode soster no aire e caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA

Page 3: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

CHUVIAProdúcese en nubes baixas. Se as pingas caen de pouca altura son pequenas e se caen de moita altura son máis grandes.

Page 4: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Un pé de auga e saraiba descarga auga a xerros no medio dun día de inverno metido en auga.

Page 5: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 6: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 7: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 8: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 9: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

A xurrada ou escorrentía é a auga que corre por enriba da terra cando chove.

Page 10: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

A chuvia moi miúda, con pingas moi finas, como néboa, chámase, segundo os lugares: chovisca, poalla, barruzo, orballo, bromorio, molura, mollaparvos, mollapitos…

Page 11: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Despois de moito chover veñen as enchentes

Page 12: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Cambados, 27-9-1982)

Page 13: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Despois de escampar, estrelampar, estiñar ou clarear as derradeiras pingas esbaran polas ponlas das árbores.

Page 14: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Segundo a crenza popular, o arco da vella baixa a beber auga dos ríos. Tamén se di que onde remata o arco da vella hai un illó.

Page 15: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

CANTIGA:Es coma auga moleira,que anque non pareza molla,tes moi boas palabriñaspara quen non te conoza.

Page 16: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

 REFRÁNS-En abril, cada pingueira vale por mil.-A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan..-En agosto chove mel e mosto.-En abril augas mil, en maio as que queiran vir.-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

Page 17: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

ORBALLO/ROSADAProdúcese nas noites despexadas. A calor da terra pérdese rapidamente, baixa a temperatura do aire e a auga que contén condénsase en pingas sobre as superficies frías.

Page 18: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 19: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

XEADAProdúcese nas noites despexadas con temperaturas por debaixo de cero graos. A auga conxélase sobre as superficies frías.

Page 20: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 21: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

-Xeada na lama, auga na cama.

Page 22: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

O frío converte en carambelos as pingas de auga que esbaran dos tellados ao fundirse a neve.

Page 23: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 24: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

NEVEFórmase a grandes alturas pola agrupación de pequenos cristais de xeo que se van unindo entre sí ata que a súa masa é atraída pola gravidade.

Page 25: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Os farrapos ou folerpas amoréanse arredor e por enriba das pallozas do Cebreiro.

Page 26: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

-Ano de nevadas, ano de anadas.

Page 27: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Nevada en Cambados (xaneiro 1987)

Page 28: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

PEDRISCOProdúcese por conxelación das pingas de chuvia cando pasan a través de capas de aire frío.

Page 29: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 30: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Lazo ou cristal: tona de xeo que se forma na superficie da auga coas temperaturas moi baixas.

Page 31: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 32: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 33: A auga na cultura galega. Chuvia, neve
Page 34: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

-Xaneiro xeadeiro, febreiro mulideiro, marzo esqueiroso e abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso.

Page 35: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

ARTESANÍA DA CHUVIAA coroza é unha prenda feita de xuncos ou palla construída de xeito que a auga esbara por ela. Foi moi empregada na montaña.

Page 36: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

OFICIO DA CHUVIA: O PARAUGUEIROOs paraugas son accesorios imprescindibles nun país onde chove moito e mantelos en boas condicións é traballo do paraugueiro.

Page 37: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Escolma literaria

Page 38: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

Cómo chove miudiño,Como miudiño chove;Como chove miudiño.Pol-a banda de Laíño,Pol-a banda de Lestrobe. ... CANTARES GALLEGOS (Rosalía de Castro, 1863)

Page 39: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

...Misteriosa regadeiraFino orballo n-o chan pousaCoa feitiña curvadeiraRemollando n-a ribeiraFrol por frol, chousa por chousa... CANTARES GALLEGOS (Rosalía de Castro, 1863)

Page 40: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

É noite pechada e chove miudiño...…Nas lousas de pedra,ó longo da rúaescura e desertaestoupan as pingasque deitan as tellas...

CHOVE...Ramón Cabanillas

Page 41: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

…En falerpas, silenzosa,como folliñas de rosacai a neve...

MENTRAS CAI A NEVE Ramón Cabanillas

Page 42: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

... Pola mañán a luz é limpa e crara....¡Non hai pinga de ágoa que non brile e cantenin folla que non ría!... O CASAL DE CATICOVAS Ramón Cabanillas

Page 43: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

TRADICIÓNNo monte Aloia, en Tui, levaban a imaxe de San Lourenzo á Pedra da Auga (mirando ao solpor) para pedir chuvia, e á pedra so Sol (mirando ao nacente) se querían que parase de chover.

Page 44: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

EU SON...BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa...

... Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río...

...Pero para min é miragre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo... MEMORIAS DUN NENO LABREGO Xosé Neira Vilas

Page 45: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

CHOVE pra que eu soñe...

OS EIDOS (Uxío Novoneyra)

Page 46: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

ESTO sí é chover e ventare!Que noite pra mariñeiros e camiñantes!Metidiño na camiñatapadiño hastr’as orellassinto zapicar as beirasentr’o vento que axubría... (Uxío Novoneyra)

Page 47: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

CHOVE nas veigas sin que se oia.Unha tras outracain as follas dando voltas.Ollando a serra caladaún agardaunha cousa queda e lonxana.

OS EIDOS (Uxío Novoneyra)

Page 48: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

“Chovena casa do probe”

CHOVE no monte e nas viñasEnvolca a auga en regueirase ailí onde cain as beirasbaila muiñeiras miudiñas... (Uxío Novoneyra)

Page 49: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

TRONOU ventou e choveo.Bicouse a terra co ceo.A noite que onte caiusólo foi pra quen a oíu.Ameteu o río ameteron as fontesi os fontegallos dos montes.Naz a auga a goforón.Regan os prados a cachón.Dinde nino pequenovou ver sempre o río que ameteuque me fai ise acenoque sein eu. (Uxío Novoneyra)

Page 50: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.Canta a vacacas astas na escada.Canta o galopandeando o corpo i o canto. (Uxío Novoneyra)

Page 51: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

XEAFai un frío que queima.Pouco a poucoérguese a terra en trempos.O tourón os trousos os carambelos!Cruza un lobo....Roxe a folla nos carreirosaló no fondo dos cousos. (Uxío Novoneyra)

Page 52: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

NEVA no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume. (Uxío Novoneyra)

Page 53: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

PACEN as vacasna nabarega.Treme a pequenaque vai co’elas.Febreiro chovefebreiro xeafebreiro nevaneve lixeira... (Uxío Novoneyra)

Page 54: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

DOBRAN as campás da neve.A alma de seu gardadatornouse inda máis caladae nin pode nin se astreve.Falopiña a falopiñavai branquexando a cortiña.Cada miniña seu sonocada copo sua flairiña. (Uxío Novoneyra)

Page 55: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

NEVAe non leva

Todo o tempo a unha hora.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Cai a neve polvoriñacai a neve a plomocomo nun ámeto pechadocai a neve fora.... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . (Uxío Novoneyra)

Page 56: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

QUEDO nevaba.Tra-la fiestradeixei cair os brazos.O espacio alumousee xa non cai a nevecai o espacio... (Uxío Novoneyra)

Page 57: A auga na cultura galega. Chuvia, neve

MONTAXE E FOTOSAdela Leiro, Mon Daporta