Upload
fiz
View
1.043
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
A cultura do antigo imperio exipcio.
Citation preview
1 CICLO Curso 2010/2011º
C.E.I.P. Cespón
Biblioteca Avelaiona Luíña
Exipto é un país de África.
Existen 5 grandes continentes.España está en Europa.
situación
EXIPTO
EXIPTO
Esta é a bandeira de Exipto.
Exipto é un país desértico, atravesado polo río Nilo, un dos máis
grandes do mundo. Grazas a este río que atravesa de sur a norte a vida
é posible e moitas comunidades de homes e mulleres se instalaron as
beiras deste río.
EXiPtO
as GRanDEs PiRÁMiDEs
Nunha gran chaira chamada Gizeh, cerca da capital de Exipto (El Cairo) están
as tres pirámides: Keops, a do seu fillo Kefrén e a do seu neto Micerino. Ao
pé da primeira pirámide atópase a gran Esfinxe, feita en rocha.
As pirámides eran as
tumbas que os
faraóns mandaban
construír en vida.
Os faRaónsO faraón era á vez home e Deus,
gobernaba Exipto e era o gran
sacerdote dos templos. Tamén
existiron mulleres que ocuparon
este posto.
O faraón nunca saía coa cabeza
descuberta. Tiña varias coroas que
usaba segundo as ocasións.
A vestimenta do faraón consistía nun
taparrabos suxeito cun cinto ancho do
que colgaba un rabo de touro. Na
cabeza soía levar o MENÉS, unha tea
de cintas azuis e douradas. MEN SÉ
sÍMBOLOs DE PODER
O faraón sempre levaba símbolos do seu poder, sobre todo o cetro e o látego.
CETRO
L TEGOÁMAZA
ANKH
faRaOna
A raíña Hatsepsut
Foi a primeira muller que proclamada faraón.
Morre o seu home e como o fillo aínda era un
neno, foi a súa nai a raíña Hatsepsut, a que foi
proclamada faraón.
Ao igual que todos os reis e faraóns levaba unha
barba postiza, os símbolos do poder e o menés
cubrindo o pelo.
faMOsOs EXiPciOs
TUTANKAMÓN: o neno rei. Con tan só dez anos, xa estaba casado. Ao morrer seu pai tiña que ser faraón pero era moi xove. Aos 20 anos morre. Pasados os anos unha radiografía da súa momia confirma que tiña unha ferida na cabeza; algúns cren que foi asasinado para poder gobernar no seu lugar. Na súa tumba descubriuse ouro e pedras preciosas de incalculable valor.
CLEOPATRA: última raíña de Exipto e unha das máis famosas
NEFERTITI: muller do do faraón Akhenatón. O seu nome significa “Bella”. Muller de rostro fermoso e delicado.
a QuE sE aDicaBanA sociedade exipcia estaba dividida en clases. Reinaba o faraón. Logo estaban
os sacerdotes, escribas e artesáns. A clase máis baixa estaba formada por
campesiños e escravos que eran gran parte da poboación e facían a maior
parte do traballo.
AGRICULTORES
CAZADORES
PESCADORESGANDEIROS
a QuE sE aDicaBan
O viño era unha bebida moi
apreciada polos exipcios ricos.
Cultivaban a vide. Cando os acios
estaban maduros poñíanos nunha
tina de pedra e pisaban cos pés
Todo exipcio consumía pan e cervexa.
Elaboraban os dous alimentos á vez, xa
que empregaban a cervexa como lévedo
para a masa do pan.
O PaPiRO: unHa PLanta PaRa tODOO papiro era un arbusto que medraba nas zonas pantanosas no delta do río Nilo. Os seus talos eran tan grosos como brazos e podían ter 3 ou 4 metros de longo.As barcas fabricábanas con talos de papiros atados entre si. Pero o máis importante era que a partires do papiro obtiñan o papel. Observa os pasos:
1.-Retírase a corteza2.-Córtase en láminas3.-As láminas están en remollo para que abranden. Logo vanse colocando: unha capa horizontal e a seguinte vertical.4.-Aplástano cun mazo e bótanlle auga.5.-Déixase secar e alísase6.-Listo para usar
a MOMificaciónOs exipcios crían que tras a morte se iniciaba outra vida. Por iso, para que o
defunto fose inmortal o seu corpo debía conservar a aparencia que tiña cando
estaba vivo.
•Como era o proceso de momificar?
• Ao defunto sacábanlle os pulmóns, fígado, estómago…que se metían nuns
vasos de barro.
• O corpo poñíano a secar cuberto de natrón (especie de sal moi abundante en
Exipto).
• Ao pasar cerca de 40 días limpaban o corpo con aceites e pomadas.
• Enchían o corpo de serrín e cerraban os cortes con mel de abella.
• A momia envolvíase con vendas de liño
cERiMOnia funERaRia
Amigos e familiares acompañaban ao defunto. Ía nun ataúde aberto. As tumbas
estaban no lado esquerdo do Nilo e soían cruzalo. Ao chegar á tumba, o fillo
maior abría a boca da momia para que a alma entrase de novo ao corpo. Logo
metían a momia nun sarcófago e depositábano nunha tumba de pedra.
Ao lado da momia deixaban alimentos, vestidos, unha cama, mobles, vaixela…
pois tiña que ter de todo na outra vida.
DEusEs E DEusasOs exipcios eran politeístas: crían en moito deuses
anuBis
Deus do embalsamento dos mortos.
Está representado cun home con
cabeza de can de cor negra. Era o
gardián da necrópoles ( mundo dos
mortos). Presidía o embalsamento e
momificación dos defuntos para logo
guiar as súas almas ó outro mundo.
Ra
Deus do sol. Representado por
un home con cabeza de falcón
e enriba un sol abrazado por
unha serpe.
DEusEs E DEusas
Deus do ceo.Representado cun
home con cabeza de falcón e
sobre ela a dobre coroa do rei de
Exipto. Os seus ollos representan
o sol e a lúa.
Deus dos mortos.
Home con cabeza
de cor verde que
leva un caxato e un
látegoHORus
OsiRis
DEusEs E DEusas
Deusa da maternidade.
Representada por unha
muller cun trono na
cabeza, símbolo que
representa o seu nome en
exipcio.
Deusa da música, a festa e o amor.
Representada como unha muller con
cornos de vaca que suxeitan un sol
isisHatHOR
aLGúns invEntOs
EsPELLO BaLanZa viDRO
Os exipcios realizaron importantes descubrimentos :
sERRa DE MEtaL
aRaDO
aMuLEtOsOs exipcios ante un mal que non sabían como curar, ou para completar un tratamento, o médico recitaba fórmulas máxicas ao enfermo. Para evitar as enfermidades ou para combatelas levaban consigo amuletos para protexerse.Existían moitos obxectos protectores (amuletos) que levaban postos en forma de xoias:
EscaRavELLO OLLO DE HORus anKH
núMEROs EXiPciOsNas cifras exipcias non existe o cero. Emprégase un signo para cada unidade.
Os XEROGLÍficOs
A escritura exipcia está composta de debuxos. Cada un foi creado a partires de
elementos da vida: un home, un ollo, un barco, unha corda,…É bastante
complicada, porque un mesmo signo pode empregarse de varias formas.