14
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA UNHA INSTITUCIÓN CON HISTORIA No ano 2012, cumplíronse douscentos anos dende a creación das Deputacións e da provincia como organización territorial no 1812 nas Cortes de Cádiz. Con este motivo, a Biblioteca Provincial da Coruña organizou unha exposición para dar a coñecer a historia da Deputación e a súa evolución ó longo destes 200 anos de historia, a través dunha selección de documentos que abranguen cronolóxicamente dende a súa aparición ata a actualidade. O fin último, é acercar ós ccidadáns esta institución ó servizo da provincia da Coruña, mostrando as súas competencias e funcións. Biblioteca Provincial de A Coruña

A deputacion provincial_da_corunha_historia_comprimido

Embed Size (px)

Citation preview

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA

UNHA INSTITUCIÓN CON

HISTORIA

No ano 2012, cumplíronse douscentos anos dende a creación das

Deputacións e da provincia como organización territorial no 1812

nas Cortes de Cádiz.

Con este motivo, a Biblioteca Provincial da Coruña organizou

unha exposición para dar a coñecer a historia da Deputación e a súa

evolución ó longo destes 200 anos de historia, a través dunha

selección de documentos que abranguen cronolóxicamente dende a

súa aparición ata a actualidade.

O fin último, é acercar ós ccidadáns esta institución ó servizo da

provincia da Coruña, mostrando as súas competencias e funcións.

Biblioteca Provincial de A Coruña

1812

1813

1814

Nacen as Deputacións Provinciais coa Constitución de Cádiz de 1812, que determina que “en cada provincia haberá unha Deputación Provincial para promover a súa prosperidade, presidida polo xefe superior ou gobernador político”.

Un Real decreto divide o territorio español en 52 provincias. En Galicia establécense catro provincias con capital na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Meses máis tarde constituiranse as catro Deputacións galegas. A Deputación Provincial da Coruña iníciase o 1 de xuño de 1822. En 1823, Fernando VII derroga a Constitución de 1812 e desaparecen de novo as Deputacións.

Establécese unha Deputación Única para as sete provincias de Galicia, con sede, primeiro en Santiago e despois na Coruña.

Fernando VII derroga toda a obra das Cortes de Cádiz, suprimíndose as Deputacións.

1820 Iníciase o Trienio Liberal no que Fernando VII se adhire á Constitución de Cádiz e volven constituírse as Deputacións. Instáurase a Segunda Deputación Única de Galicia con sede na Coruña.

A DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (I)

1822-1823

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

1833

1834

1835

1845

Apróbase o Estatuto Real. Domingo Fontán presenta o seu “Mapa de Galicia”.Un Real decreto do 21 de abril divide as provincias en partidos xudiciais, nos que se porán os xulgados de primeira instancia e instrución, que máis tarde serán a base para os distritos electorais e a contribución.

O Real decreto do 21 de setembro de 1835 sobre o “modo de constituír e formar as Deputacións Provinciais” é o punto de partida para a súa instalación definitiva.A Deputación Provincial da Coruña será instaurada o 21 de novembro de 1835.

Lei do 8 de xaneiro, “de organización e atribucións das Deputacións Provinciais”: lei de máxima centralización, concéntrase o poder no xefe político.

Rexencia de María Cristina e goberno de moderado liberalismo.Implantar unha nova división territorial en 49 provincias realizada polo ministro de Fomento Javier de Burgos. Este esquema persiste, con algúns cambios, ata a actualidade. Galicia queda dividida nas catro provincias con capital na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.Unha Real Orde crea os Boletíns Oficiais da Provincia.

unha institución con historiaA DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (II)

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

1854

1869

1870

1876

1882

Real decreto do 7 de agosto: vólvese á descentralización provincial.

Promúlgase unha nova Constitución, descentralizadora, que lles outorga ás deputacións poder político, autonomía propia, para cumprir os seus fins. A Presidencia da Deputación sepárase do cargo de gobernador.

Lei provincial, do 20 de agosto. O art. 2 di: "A provincia componse de todos os municipios comprendidos dentro dos seus límites". Establece a creación de dous órganos importantes: o Pleno e a Comisión, o primeiro cunha función deliberante e a Comisión con función executiva.

Proclámase unha nova Constitución. Apróbase unha Lei de bases que afecta as deputacións e que supón un “retroceso na autonomía local". Agora o gobernador volve presidir a Deputación.

Promúlgase a Lei provincial: establece competencias exclusivas das Deputacións: a Deputación ten superioridade xerárquica sobre os seus concellos, podendo revisar os seus acordos.

unha institución con historiaA DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (III)

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

1913

1924

1925

1931

Autorízase a mancomunidade de provincias, cuns requisitos moi severos: para fins exclusivamente administrativos que sexan da súa competencia e o goberno podía decidir incluso a súa disolución.

O Directorio disolve as Deputacións Provinciais por Decreto do 12 de outubro, nomeando o gobernador novos representantes.

Estatuto provincial de Calvo Sotelo: supón o autogoberno das Deputacións e o recoñecemento da súa capacidade xurídica. - Define os seus fins esenciais que deberán ser todos aqueles de índole local que, pasando as posibilidades de acción municipal, escapan á xurisdición de cada concello.

- O gobernador civil non controla a Deputación.

II República:A República ordena que os gobernadores civís nomeen Comisións Xestoras que asuman as tarefas das Deputacións. Implantar o modelo de Estado integral (de corte federalista), no cal as Deputacións xogan un papel importante nas iniciativas para a constitución das futuras rexións autónomas (precedente das actuais comunidades autónomas).

A DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (IV)

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

1945 A lexislación franquista produce unha involución da autonomía local ao preponderar as posicións centralizadoras e de control do goberno.

Nova Lei de bases do réxime local, pola que o gobernador civil volve ser Presidente nato da Deputación.

unha institución con historiaA DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (V)

Créase un órgano propio, a Comisión Provincial de Servizos Técnicos, integrada polos xefes dos órganos periféricos especializados e que acabou converténdose nun órgano de natureza estatal e asumindo a competencia máis importante das deputacións, os plans provinciais de cooperación cos municipios.

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

1978

1985-2012

Promúlgase a Constitución actual, na cal se estrutura

territorialmente o Estado en "municipios, provincias

e nas comunidades autónomas que se constitúan".

España vertébrase en 17 comunidades autónomas e

dúas cidades autónomas. Cada autonomía divídese

en varias provincias, excepto as uniprovinciais, que

son as mesmas, salvo modificacións menores, que as

da división de Javier de Burgos.

A Comunidade Autónoma galega comprende catro

provincias con capitais na Coruña, Lugo Ourense e Pontevedra. A provincia aparece como entidade local

con autonomía para a xestión dos seus propios intereses. Asígnaselles ás Deputacións unha serie de

competencias propias. Establécese a posibilidade de que o Estado delegue nelas certas competencias e

mesmo que a Comunidade Autónoma tamén o faga.

As comunidades autónomas elaboran as súas propias leis de réxime local, a partir da Lei 7/1985 de bases

de réxime local do Estado. Galicia aproba a súa en 1997 (Lei 5/1997)

Pacto Local ou Segunda Descentralización. Como consecuencia publícase a

Lei 11/1999 que modifica a Lei 7/1985 de bases de réxime local, e establece

unha nova repartición de funcións entre o Presidente da Corporación e o

Pleno, reforzando as funcións executivas do primeiro e as de control do

segundo.

Lei de “Medidas para a modernización do Goberno local” (Lei 57/2003).

Esta reforma cerra o modelo de réxime local que o século XX lega ao século

XXI no que un novo modelo de Administración local, convertida na

Administración visible e común da cidadanía, debe entregarse en dar

resposta ás súas demandas sociais, económicas ou culturais.

unha institución con historiaA DEPUTACIÓN E A SÚA HISTORIA (VI)

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

unha institución con historiaHistoria da sede da deputación

O pazo da Deputación Provincial da Coruña. Historia dunha sede

Debido aos diversos cambios políticos, a Deputación careceu dun emprazamento estable nos seus inicios, reuníndose con carácter provisional na Xunta de Comercio, en 1822, e no Pazo de Capitanía Xeral, desde o ano 1835. A partir de 1838 alúganse diferentes edificios e realízanse diversos proxectos para as oficinas da provincia que non chegaron a frutificar. Entre 1862-1865 o arquitecto provincial Faustino Domínguez e Domínguez constrúe o Pazo Provincial ao redor do Teatro Principal (hoxe Rosalía de Castro), na rúa Rego de Auga, integrando ambos espazos cunha gran fachada. Tras un incendio do teatro, o edificio rehabilítao Faustino Domínguez

Coumes-Gay, dotándoo dunha nova fachada posterior, á avenida da Mariña, en 1867. A configuración deste pazo provincial sufriu numerosos cambios ata a súa imaxe actual, (hoxe Biblioteca Provincial) en relación cos diferentes proxectos que se han ir sucedendo no tempo, realizados polos diferentes arquitectos provinciais. Entre eles cabe destacar as diversas reformas do Salón de Sesións, entre os anos 1952 e 1969.

É curiosa a solución proposta en 1959, cando os problemas de espazo motivan un proxecto de ampliación do edificio, que non chegou a realizarse, consistente

en adiantar a fachada do pazo na parte que dá á avenida da Mariña. Tampouco chega a materializarse a proposta de 1954, ano en que se convoca un concurso de anteproxectos para unha nova sede provincial nos terreos adquiridos pola Deputación no Camaranchón-Praza de Pontevedra. O concurso obtén unha gran participación, entre outros Alejandro de la Sota, Rey Pedreira, Jacobo Rodríguez-Losada e Emilio Larrodera, que foi o gañador. Con todo o edificio non chega a construírse por motivos económicos. No ano 1962, os problemas de espazo levan ao presidente da institución a encargarlle ao arquitecto da Deputación Jacobo Rodríguez-Losada un anteproxecto para outro novo edificio provincial, na avenida da Mariña, 21-22, obra que tampouco chegou a realizarse. Finalmente en 1988 inaugúrase a actual sede do pazo provincial, proxecto realizado polos arquitectos Jesús Arsenio e Gustavo Díaz, un edificio compartido co Teatro Colón, moi preto do anterior e situado entre a avenida da Mariña e o Porto da Coruña.

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

A PRIMEIRA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

1822O 1 de xuño de 1822 constitúese a primeira Deputación Provincial da Coruña, durante o Trienio liberal.

Primeiro presidente da Deputación:

Antonio Loriga.

Deputados:

José Salustiano EscarioManuel Ferreyro

Manuel FloresJosé Montero de la Peña

Secretario:

Domingo Fontán

Esta Deputación, durou dezaseis meses, desde o 1 de xuño de 1822 ata o 1 de outubro de 1823, data na que Fernando VII publica un decreto que declara “nulos e de ningún valor todos os actos do goberno chamado Constitucional”.

O 21 de novembro de 1835, coa volta ao goberno dos liberais, restáuranse definitivamente as deputacións.

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

A Deputación da Coruña estrutúrase, conforme a lexislación vixente (Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local )

O resto de órganos establéceos e regúlaos a propia Deputación

Todos os grupos políticos integrantes da corporación teñen dereito a participar nos órganos de goberno.

• Presidente. • Vicepresidenta • Xunta de Goberno • Pleno

{ {

• As Comisións informativas e as especiais

• E os deputados delegados para materias concretas.

{ {

VICEPRESIDENTA

María Elvira Padín Fernández

PRESIDENTE

Diego Calvo Pouso

Pode atribuírlle algunha das súas competencias aos deputados delegados, constituíndo as distintas delegacións.

XUNTA DE GOBERNO

Vicepresidenta 1ª: María Dolores Faraldo Botana.Presidente: Diego Calvo Pouso.

Vicepresidenta 2ª: María Elvira Padín Fernández.

Deputados: Perfecto Vázquez Lema, Zaira Rodríguez Pérez, María Begoña Freire Vázquez, Miguel de Santiago Boullón, José Santiago Freire Abeijón, Manuel Santos Ruiz Rivas, Manuel Taboada Vigo, Santiago Vicente Amor Barreiro.

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA NA ACTUALIDADE: ÓRGANOS DE GOBERNO I

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA NA ACTUALIDADE: ÓRGANOS DE GOBERNO II

Composición do Pleno da Corporación

Partido Popular

Partido Socialista de Galicia

Bloque Nacionalista Galego

PLENO Está composto por 31 deputados, que foron elixidos previamente como concelleiros entre os 94 concellos da provincia. A elección dos deputados fana os propios concelleiros dos concellos, agrupados para estes efectos en 14 partidos xudiciais.

Os resultados das eleccións locais do 22 de maio de 2011 configuraron a composición do Pleno da Corporación.

17 deputados9 deputados

5 deputados

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E AS SÚAS FUNCIÓNS I

Século XIX

Século XX

1978-2012

As deputacións provinciais foron desenvolvendo as súas funcións ao longo dos seus douscentos anos de historia e dentro dun contexto lexislativo que lle outorgan competencias, no marco da maior ou menor dependencia ou autonomía do poder central. Históricamente desenvolveron múltiples competencias.

Política e goberno da provincia, bene�cencia, sanidade, cárcere e presos pobres, eleccións, quintas e milicias, estatísticas, ensino e instrución pública, fomento, agricultura, comercio, industria, arbitrios e impostos, tutela e control dos municipios, vías provinciais, edi�cios, infraestruturas en municipios, imprenta e Boletín O�cial da Provincia.., ademais da xestión económica, do seu patrimonio e persoal propio.

Desaparecerán algunhas destas competencias, incorporándose ou potenciándose outras funcións como cooperación e asistencia aos municipios, servizo antiincendios, cultura e publicacións, patrimonio artístico, deportes, xestión de recadación de tributos do estado e municipais, servizos agropecuarios, urbanismo.

Coa Constitución de 1978 as funcións das deputacións provinciais establécense no art. 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Artigo que é obxecto de nova redacción pola Lei 57/2003 do 23 de decembro. Son competencias propias da Deputación:

a) A coordinación dos servizos municipais entre si para a garantía da prestación integral e adecuada (apartado a núm. 2 do art. 31 da LRL)

b) A asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión.

c) A prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal.

d) A cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na plani�cación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións públicas neste ámbito.

e) En xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia.

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E AS SÚAS FUNCIÓNS II

As deputacións transformaron, en xeral, as súas estruturas organizativas e de xestión e as súas formulacións e actuacións sobre o territorio, reforzando a Deputación da Coruña a súa presenza en dúas grandes liñas:

- o servizo de asistencia á provincia (municipios e territorio) - o servizo de asistencia á cidadanía

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E O SERVIZO Á PROVINCIA

Na Deputación da Coruña, coñecen os problemas e as necesidades do mundo local, xa que o seu goberno está integrado por alcaldes e concelleiros. O seu equipo humano, formado e experimentado, ofrece servizos e asesoramento a todos os municipios da provincia. A súa �nalidade básica é garantir que os 94 concellos da provincia poidan exercer as súas funcións.

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA E O SERVIZO Á CIDADANÍA

Comprende todas aquelas actuacións da Deputación que afectan os cidadáns en xeral. Desde as subvencións e convocatorias de distinto carácter, a todos aqueles servizos cuxo obxectivo sexa a mellora da calidade de vida dos cidadáns.

- Servizos sociais básicos

- Fomento do emprego

- Desenvolvemento económico

- Fomento do turismo

- Educación : centros educativos,

conservatorio profesional de Danza…

- Fomento da cultura: biblioteca, bolsas,

premios, actividades…

- Fomento do deporte

- Muller

- Mocidade

- O acceso ao Boletín O�cial da Provincia

(BOP)

Rede de estradas provinciaisXestión tributariaPlans provinciais de cooperación cos municipiosFomento da cooperación entre os concellos da provinciaAsistencia e asesoramento técnico e xurídico aos concellos da provinciaPlans de formación continua destinados aos municipios da provinciaPlans de empregoMedio ambienteFomento da colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos:creación das comunidades intermunicipais de servizos públicos consorciados

A Deputación da Coruña:unha institución con historia

No ano 2012 cumpríronse douscentos anos da primeira mención ás Deputacións no texto constitucional de 1812, e co gallo diso, o Arquivo Provincial organiza unha exposición que reúne unha selección de documentos que abarca cronoloxicamente desde a súa aparición ataata a actualidade, ilustrando diversos momentos da súa historia e das funcións das que se fixo cargo ao longo desta.

Diseño: Carol Rincón de la Vega