7

A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo
Page 2: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Unha das lendas míticas máis coñecidas e importantes da antigüedade romana é a do nacemento dos xemelgos Rómulo e Remo. Transmitiuna, entre outros, o historiador Tito Livio na súa obra "Ab Vrbe condita" "Desde a fundación a Cidade".

Page 3: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Eneas ao fuxir de Troia, recibiu dos deuses a misión de fundar unha nova urbe. Tras moitas

aventuras e sufrimentos, atopou en Italia un lugar, no centro da Península, cercano ao Tíber.

Xunto co rei Latino, derrotou ao seu rival, Turno, e alí fundou a cidade de Lavinia, en honor da súa segunda esposa, a filla do

rei Latino.

O fillo de Eneas e da súa primeira muller, chamábase Ascanio, ou Iulo. Ao medrar, marchou da cidade de Lavinia, e fundou outra cidade nese terrotorio, Alba Longa. O mito insiste, pois, na intrínseca unión entre os pobos do Lacio.

Page 4: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Pasaron os anos. O goberno da cidade de Alba Longa pertencía ao rei Proca. A súa morte, tiña que herdar o reino o seu fillo primoxénito, Numítor, pero iso irritou ao seu irmán menor Amulio, quen o retivo como prisioneiro e se apoderou do reino, e matou aos fillos do lexítimo rei, excepto a súa filla Rea Silvia, a que consagrou como Vestal. A rapaza quedaba así obrigada a cumplir as obrigas das sacedortisas de Vesta, a deusa protectora dos fogares: manter o lume sagrado e durante os trinta anos que duraba o seu sacerdocio, manter un escrupoloso voto de castidade. Se algunha vestal perdía a súa virxinidade, era enterrada viva.

O deus Marte namorouse de Rea Silvia, e mantivo relacións con ela. A vestal quedou embarazada.

.

Page 5: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Malia que a descendencia de Rea Silvia ía ter orixe divina,

era un sacrilexio, que ademais, puña en perigo os

plans de Amulio.Ao se enterar o rei usurpador

do feito, encadeouna e cando deu a luz xemelgos, meteunos nunha cesta e tirouna ao río Tíber para

desfacerse deles.

A providencia fixo que a cesta quedara encaixada nunha beira

seca, e por casualidade, unha loba que baixaba beber ao río, oiu os

choros dos nenos, e amamantounos.

Así foron atopados por un pastor, Fáustulo, quen se fixo cargo dos

nenos e os deu á súa esposa, Laurentia, para que os criara como

fillos propios.

Page 6: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo

Rómulo e Remo creceron como pastores, traballando e fortalezendo corpo e espíritu en competicións cos seus compañeiros e nos duros traballos do monte.

Fáustulo sabía que eran de estirpe rexia, e que eran fillos de Rea Silvia. Cando o considerou oportuno, contoullo aos xóvenes, que de inmediato acudiron á cidade, liberaron ao seu abó Numítor e a súa nai, e mataron a Amulio, repoñendo a Numítor no trono de Alba Longa.

Pero non permaneceron na cidade. Marcharon e xunto ao Tíber fundaron outra cidade. Trazaron con un arado o sulco das murallas. Rómulo dixo que aquel que o cruzara sen o seu permiso, morrería. Remo riuse do desafío, cruzou a liña, e R´´omulo matouno. A cidade fundábase sobre un sacrilexio. Rómulo chamouna Roma en honor do seu irmán morto.

Page 7: A Fundación de Roma. Rómulo e Remo