18

A historia dos dereitos dos nen@s

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A historia dos dereitos dos nen@s
Page 2: A historia dos dereitos dos nen@s

Había unha vez un planeta, o Planeta do Egoísmo, que estaba formado por moitos países nos que mandaban os maiores e só lles importaba o diñeiro e o poder. Olvidábanse das persoas máis pobres e dos nenos e as nenas.

Page 3: A historia dos dereitos dos nen@s

Por iso algúns nenos

e nenas deses

países, cansos de

tantas inxustizas,

decidiron marchar

por un camiño longo

e verde en busca

dun mundo mellor.

Page 4: A historia dos dereitos dos nen@s

Ola, o meu nome é

Liberdade

A primeira en saír foi unha nena chamada Liberdade. No seu país todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que pasaba todo o día soa. Por iso, un día colleu a súa mochila e púxose a camiñar.

Page 5: A historia dos dereitos dos nen@s

No camiño atopou outra nena soa e abandonada, xa que os pais lle morreran porque o seu país estaba sempre en guerra. Chamábase Soidade e xuntas seguiron viaxe.

Page 6: A historia dos dereitos dos nen@s

Ao lonxe viron un neno enfermo que apenas podía camiñar. Chamábase Socorro e contou que no seu país non había hospitais nin médicos, nin menciñas e, por iso, non se podía curar. As dúas nenas axudárono a camiñar e levárono con elas.

Page 7: A historia dos dereitos dos nen@s

Outro neno chamado Don uniuse a eles. Estaba farto de que os demais se risen del polos seus ollos achinesados e a súa forma de falar.

Page 8: A historia dos dereitos dos nen@s

Ao pouco tempo uniuse a eles un neno chamado Curro. No seu país era

obrigado traballar decote nunhas condicións

inhumanas.

Page 9: A historia dos dereitos dos nen@s

Despois, encontráronse cun neno que choraba porque tiña moita fame. O seu nome era Ambrosio. No seu país non tiñan nada para comer. A súa familia morrera de fame e só quedaba el.

Page 10: A historia dos dereitos dos nen@s

Outra nena chamounos ao lonxe. Era Angustia. Tiña sinais por todo o corpo porque fora maltratada. O grupo de cativos e cativas acubillouna con cariño e seguiron o camiño xuntos.

Page 11: A historia dos dereitos dos nen@s

Camiñaron sen parar ata que

atoparon un sitio precioso para

descansar e montar un campamento.

Page 12: A historia dos dereitos dos nen@s

De súpeto, fixáronse nun neno que estaba sentado nunha pedra mirando as estrelas. Liberdade preguntoulle que quen era, e el contestoulle que non o sabía porque non tiña nome nin país. O seu país era aquel lugar marabilloso pero estaba abandonado.

Page 13: A historia dos dereitos dos nen@s

Así que os nosos amigos montaron un campamento e, pouco a pouco, foron chegando nenos e nenas de todos os países, ata haber cento noventa e tres. Contáronse os seus problemas e entre todos redactaron os dereitos que deberan ter todos os pequenos do mundo.

Page 14: A historia dos dereitos dos nen@s

Mentres tanto, os países foron quedando sen cativos. Os adultos, moi preocupados, decidiron formar unha organización (ONU) e, no ano 1959, chamaron a Liberdade e os seus amigos e asinaron os dereitos dos nenos e das nenas e prometeron cumprilos.

Page 15: A historia dos dereitos dos nen@s

Todos se puxeron contentos agradecendo o interese dos adultos.

Page 16: A historia dos dereitos dos nen@s

Pero non en todos os países cumpriron o prometido e, aínda hoxe, Liberdade e os seus amigos e amigas seguen camiñando polo camiño verde, buscando máis soños e cores para chegaren a ser todos felices algún día.

Page 17: A historia dos dereitos dos nen@s

Por un mundo mais humano

Page 18: A historia dos dereitos dos nen@s

«NA PROCURA DUN MUNDO MARABILLOSO»

Tradución do conto e deseño gráfico

Alumnado de 4º ESO do

CPI «Conde de Fenosa». Ares

Narración

Alumnos/as de 2º da ESO do

CPI «Virxe da Cela». Monfero

CPI «Virxe da Cela». Monfero

Novembro 2014