Upload
ana-jato-rodriguez
View
99
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Proxecto as ovellas e a lá
Citation preview
AS OVELLAS E A LÁ
Aula de 5 anos de educación infantil.
CPI de Padrenda. 2012.
A RELACIÓN DOS SERES VIVOS CO SEU MEDIO
• No segundo trimestre metidos de cheo no Inverno, a fada do inverno deixounos na aula unha pouca lá de ovella natural.
• A partir de ahí empezamos un proxecto que nos levou a estudar cousas sobre as ovellas e a lá.
• A motivación principal foi a de seguir o proceso de elaboración dun material que nos permite a fabricación textil coa que se poden facer pezas da roupa coas que todos nos abrigamos. Así podemos ver de onde veñen as cousas que usamos todos os días e tamén outros productos que consumimos, e que son de orixe animal coma os alimentos.
• A demais podemos ver cales son os coidados que requiren istes seres vivos e cómo o seu benestar está relacionado coa calidade do medio natural no que viven. E polo tanto tamén indirectamente a través deles cómo nos afecta ás persoas.
A LÁ
• Coa chegada da lá xurdiu a primeira experiencia, moitos dos nen@s non tiveran nunca un anaco de la virxe na man e isto supuxo unha nova e agradable experiencia que espertou a súa curiosidade.
ESTUDAMOS AS OVELLAS E A LÁ
• Para empezar estivemos investigando sobre a vida das ovellas:
- Os coidados que necesitan e quen se encarga delas.
- Cómo viven, qué cómen…- E o máis importante que
produtos nos ofrecen: a súa lá, o leite para os queixos…, a súa carne…
• Con todo o que aprendemos montamos un libriño.
O PROCESO DA LÁ
• Para saber cousas da la estivemos buscando información sobre o seu proceso de elaboración.
• Co que fomos atopando montamos un mural na aula que conta as fases: a rapa da lá, o lavado, o cardado, o fiado e torcido para facer o fío, o tinguido de cores e por último a elaboración dos tecidos.
PALABRAS NOVAS
• Descubrimos cales son os utensilios que se utilizan para a súa elaboración:
- A ROCA
- O FUSO
- O NOVELO
- O TEAR...
TRABALLANDO COAS NOSAS MANS
• Así foi cómo vimos o que é unha roca e un fuso e tamén vimos unha demostración do fiado.
TOD@S A CARDAR
• Unha vez rapada, lavada e seca, o primeiro que hai que facer é cardar a lá e isto pode facerse cun instrumento chamado cardias ou á man. Nós como somos moi espabilados fixémoslo nun momento coas nosas propias mans.
• Foi toda unha experiencia!.
CHEGOU O MOMENTO DE TECER
• Con lá xa elaborada puidemos empezar a tecer.
• Primeiro empezamos nun tear que fixemos na clase . Así foi cómo fixemos as nosas flores de lá.
• Logo xa pasamos a cousas máis difíciles e tecemos sinxelas bufandas para o pescozo e bolsos ou carteiras de la.
OS NOSOS TEARES
• O proceso de tecer é lento pero tamén moi entretido e como somos moi traballadores pasámolo moi ben facendo tecidos.
O REMATE É COSER
• Despois de facer o tecido chegou a hora de coser, así que enfiamos as agullas e pronto rematamos o traballo.
O PRODUTO FINAL.
• Como aquí podedes ver son ven fermosas todas as cousas que fixemos.
• E agora a disfrutar delas!.