11
ABRIL, MES DOS LIBROS Programa de actividades CEIP Plurilingüe de Andrade Curso 2015/2016.

Abril, mes-dos-libros 2015

  • Upload
    encarna

  • View
    372

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Abril, mes-dos-libros 2015

ABRIL, MES DOS LIBROSPrograma de actividades

CEIP Plurilingüe de Andrade

Curso 2015/2016.

Page 2: Abril, mes-dos-libros 2015

“Descubrimos o Quixote”

Este curso para conmemorar o cuarto centenario da morte de Cervantes plantexamos a actividade:

“Descubrimos o Quixote”.Haberá dúas modalidades, unha para o alumnado dende 1º ata 3º curso de primaria, e outra para os alumnos/as de 4º a 6º de primaria.Terán que respostar unhas preguntas relacionadas coa obra do Quixote, e tamén con dúas aventuras “Muiños de vento” e “Os rebaños”.As respostas atoparannas na información contida nuns códigos QR. O traballo será en grupo e cada grupo disporá dunha tablet e tres cuadernillos que conteñen as preguntas.

Page 4: Abril, mes-dos-libros 2015

Taller escrita.

Idades: 9-11 anos

Descripción: A Torre da Nogueirosa e o pasado medieval eumés será o escenario no que propoñeremos situar as  historias que os nenos e nenas crearán a partir das personaxes inspiradas nos elementos da baralla. Contos que deberán presentar unha estructura que previamente traballaremos con eles pero que poderán contarse, como se facía no seu tempo, coas cartas na man. 

Page 5: Abril, mes-dos-libros 2015

MARCAPÁXINAS CON TEXTOS DE MANUEL MARÍA.

Fixemos unha selección de fragmentos de poemas de Manuel María, e cada alumn@ do colexio elaborará un marcapáxinas. Despois serán distrubuidos por diferentes locales comerciales do pobo.

Page 6: Abril, mes-dos-libros 2015

O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.

Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.

Madriñas e padriños lectores:

Page 7: Abril, mes-dos-libros 2015

Os libros e as películas proceden de doazóns das familias do alumnado do colexio e do expurgo da nosa Biblioteca. Pódense adquirir ao prezo simbólico dun euro. Os cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.

Mercadillo de libros e películas:

Page 8: Abril, mes-dos-libros 2015

Os nosos libros favoritos:

Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos unha lista cos libros máis emprestados durante este curso 2015/2016.

Cos dez primeiros libros facemos unha exposición á entrada da Biblioteca titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”

Page 9: Abril, mes-dos-libros 2015

Mellores Lectores, e colaboradores.

Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos a lista dos mellores lectores 2015/2016; un representante de cada curso.

Raioteca, a mascota da nosa Biblioteca, seguro que terá algunha sorpresa para estes fantásticos lectores e por suposto tamén para Os/as colaboradores/as de Biblioteca.

Page 10: Abril, mes-dos-libros 2015

Un agasallo da nosa mascota:

O día 23 de abril a nosa mascota Raioteca agasallounos cun mural que o artista Ito Mosquera realizou para decorar a nosa Biblioteca. Moitas grazas Raioteca!!!

Page 11: Abril, mes-dos-libros 2015

23 de abril 2016.