8
ACTIVIDADES DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

Actividades diversidade lingüística

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Actividades diversidade lingüística

ACTIVIDADES

DIVERSIDADE

LINGÜÍSTICA

Page 2: Actividades diversidade lingüística

Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único

para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando

pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son

os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das

inquedanzas que produce a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito

da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu

dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o siño

distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velaí vai a

demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un

cabalo das Pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. ¿E

sabes por que? Porque os probes animais aínda están no idioma universal…

1. Le o seguinte texto de Castelao e comenta se estás de acordo ou non coas ideas que o autor expón en Sempre en Galiza.

Page 3: Actividades diversidade lingüística

2. Reponde as seguintes preguntas coa maior exactitude.

•Cantas linguas cres que se falan no mundo?

a) arredor de 6500 b) unhas 2000 c) menos de 1000 d) 650

•Cal é a lingua con máis falantes de Europa?

a) Inglés b) Español c) Italiano d) Ruso

•Cal é a lingua con menos falantes de Europa?

a) Ginuj b) Manés c) Casubio d) Livonio

Page 4: Actividades diversidade lingüística

•Que porcentaxes de linguas do mundo se falan en Europa?

a) 3% b) 10% c) 25% d) 50%

•En que dous estados da lista se fala unha soa lingua?

a) Islandia b) Grecia c) Polonia d) España

e) Portugal f) Bélxica

•Cal é a lingua máis falada do mundo?

a) Inglé b) Español c) Ruso d) Chino

e) Portugués

Page 5: Actividades diversidade lingüística

Nome da lingua

Lugares nos que se fala

Lugares nos que é oficial

Número de falantes

3. Elabora unha ficha coma a do cadro na que recollas información

sobre as seguintes linguas minorizadas de Europa.

ALBANO CÓRNICO SARDO FRIULANO

LIVONIO ARAGONÉS LAPÓN GALEGO

Page 6: Actividades diversidade lingüística

4. Investiga cantas linguas se falan nos seguintes países. Que cres que significa?

ALEMAÑA GRAN BRETAÑA SUÍZA BÉLXICA

Page 7: Actividades diversidade lingüística

Xoga a este

pequeño concurso

sobre a diversidade

lingüística en

Europa que tedes

na páxina da

Comisión Europea.

http://ec.europa.eu/languages/quiz/index_es.htm

Page 8: Actividades diversidade lingüística

Recorda mirar as pistas que sempre podes atopar axuda para procurar a

información.