9
XEOGRAFÍA 3º ESO

Agricultura familiar

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación do Ano Internacional da Agricultura Familiar

Citation preview

Page 1: Agricultura familiar

XEOGRAFÍA – 3º ESO

Page 2: Agricultura familiar

QUE É O ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR

Unha ferramenta para a promoción de políticas activas en prol do desenvolvemento sostible dos sistemas agrarios baseados na unidade familiar campesiña, comunal, indíxena, cooperativa e pesqueira.

E todo isto desde a perspectiva dunha loita eficaz contra a pobreza e a fame, asemade a procura dun medio rural baseado no respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.

Page 3: Agricultura familiar

FAO declara o 2014 o Ano Internacional da Agricultura Familiar

OBXECTIVO:

Sensibilizar aos goberno e á sociedade civil da importancia e da contribución da agricultura familiar á seguridade alimentaria.

POR QUE:

O 80% das explotacións agrícolas de América Latina e o Caribe son parte da agricultura familiar e xenera o 70 % do emprego agrícola da rexión.

Só nos países do MERCOSUR o sector involucra a 20 millóns de persoas nos campos e da emprego directo a 10 millóns de traballadores.

Hai unha forte contracción do gasto público nos países en desenvolvemento. A medida que se reduzcan os altos costos de transacción do sector, os productores

incrementarán a súa inversión e produción, combinando a sabiduría ancestral dos campesiños tradicionais cos desenvolvementos tecnolóxicos.

Page 4: Agricultura familiar

CATRO OBXECTIVOS CLAVE DO ANO INTERNACIONAL

Apoiar o desenvolvemento das políticas agrícolas, ambientais e sociaispropicias para a agricultura familiar sostible.

Aumentar o coñecemento, a comunicación e concienciación da sociedade.

Lograr unha mellor comprensión das necesidades da agricultura familiar, o seupotencial e limitacións e garantir o apoio técnico.

Crear sinerxias para a sostenibilidade.

Page 5: Agricultura familiar

QUE É A AGRICULTURA FAMILIAR

A agricultura familiar inclúe todas as actividades agrícolas de base familiar e está relacionada con varios ámbitos do desenvolvemento rural. É unha forma de clasificar a produción agrícola, forestal, pesqueira, pastoril e acuícola xestionada e operada por unha familia e que depende principalmente da mánde obra familiar, incluíndo tanto as mulleres como aos homes.

Tanto nos países en desenvolvemento como nos países desenvolvidos, a agricultura familiar é a forma predominante da agricultura na produción de alimentos.

Page 6: Agricultura familiar

POR QUE É IMPORTANTE A AGRICULTURA FAMILIAR

A agricultura familiar e a pequena escala están ligadas de maneiraindisociable á seguridade alimentaria mundial.

A agricultura familiar rescata os alimentos tradicionais, contribuíndo a unha dieta equilibrada, á protección da biodiversidade agrícola do mundo e ao uso sostible dos recursos naturais.

A agricultura familiar representa unha oportunidade para dinamizar as economías locais, especialmente cando se combina con políticas específicas destiñadas á protección social e ao benestar das comunidades.

Page 7: Agricultura familiar

PROPOSTAS DE INVESTIGACIÓN

1. AGRICULTURA E SEGURIDADE ALIMENTARIA.

2. A AGRICULTURA FAMILIAR EN AMÉRICA LATINA.

3. A AGRICULTURA FAMILIAR EN ASIA.

4. A AGRICULTURA FAMILIAR EN ÁFRICA.

5. A AGRICULTURA FAMILIAR EN ESPAÑA.

6. A AGRICULTURA FAMILIAR EN GALICIA.

7. A ACUICULTURA NAS RÍAS BAIXAS.

8. A EXPLOTACIÓN SOSTIBLE DOS BOSQUES: AS COMUNIDADES DE MONTES

Page 8: Agricultura familiar

PROPOSTAS DE INVESTIGACIÓN

9. O PAPEL DAS MULLERES NA AGRICULTURA FAMILIAR.

10. O TRABALLO DAS MARISCADORAS GALEGAS.

11. A VIDA NA ALDEA GALEGA.

12. AGRICULTURA FAMILIAR E PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE.

13. AGRICULTURA FAMILIAR E SOSTENIBILIDADE.

Page 9: Agricultura familiar