3
Analizando a violencia nas relacións amorosas O control, as chantaxes afectivas, o uso do poder afectivo para conseguir condutas da outra persoa son recursos que podemos chegar a usar sen ser conscientes da súa violencia. É importante comezar a detectalos pronto nas relacións de parella. ] Cuestionario Das seguintes condutas, cales consideras que son actitudes ou comportamentos violentos dentro das relacións afectivas? •Diche que se preocupa tanto por ti que necesita saber onde vas, con quen e que fas en todo momento. •Provócache sentimentos de mágoa. •Critica, sospeita ou desconfía con frecuencia das túas amizades, parentes ou colegas de traballo. •Diche que te quere tanto que non podería soportar que o enganaras, e para comprobalo ponche trampas para asegurarse de que realmente o queres. •Nunca expresa recoñecemento sobre a túa valía nin as túas calidades. •Búrlase ou fala en termos aldraxantes sobre as mulleres.

Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario

Embed Size (px)

DESCRIPTION

CIM

Citation preview

Page 1: Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario

Analizando a violencia nas relacións amorosas

O control, as chantaxes afectivas, o uso do poder afectivo para conseguir condutas da outra persoa son recursos que podemos chegar a usar sen ser conscientes da súa violencia. É importante comezar a detectalos pronto nas relacións de parella. •] Cuestionario Das seguintes condutas, cales consideras que son actitudes ou comportamentos violentos dentro das relacións afectivas? •Diche que se preocupa tanto por ti que necesita saber onde vas, con quen e que fas en todo momento. •Provócache sentimentos de mágoa.

•Critica, sospeita ou desconfía con frecuencia das túas amizades, parentes ou colegas de traballo. •Diche que te quere tanto que non podería soportar que o enganaras, e para comprobalo ponche trampas para asegurarse de que realmente o queres. •Nunca expresa recoñecemento sobre a túa valía nin as túas calidades. •Búrlase ou fala en termos aldraxantes sobre as mulleres.

Page 2: Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario

•Se non queres ter relacións sexuais diche que es anticuada, fríxida ou rara. Ou ben pon en dúbida que o teu amor sexa auténtico. •Fala en termos violentos ou expresa frases do tipo “habería que matalos”, “cunha boa malleira arranxábao eu”.. •Trátate coma se foses feble dicíndoche o que é bo para ti e toma decisións que che atinxen sen consultarte. •Ameázate con suicidarse se o/ abandonas. •Pídeche que te alíes coas súas posturas cando discute cos demais. Se non o fas acúsate de non apoialo e de falta de fidelidade. •Compárate con outras persoas e sentes humillación e incomodidade. •Pensa que o outro sexo é inferior, debe obedecer e actúa de acordo con estas crenzas malia non o expresar verbalmente. •Imponche gustos, amizades e afeccións. •Aínda que fose só unha vez, empurroute, apreixoute con forza, ou pegouche unha labazada. •Móntache “numeriños” en público ou en privado polo que fixeches ou dixeches. •Crese que é máis intelixente que ti. •Acúsache inxustificadamente de coquetear con outras persoas. •Ameaza con te deixar se non cumpres coas súas esixencias.

Page 3: Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario

•Pídeche que cambies a túa maneira de vestir, peitearte, maquillarte, fala...r, ou as túas opinións e os teus gustos dicíndoche que o fai para que te deas de conta do que che convén. Cuestións •Cales son actitudes de amor e cales de violencia? •Cales están relacionadas coa autoestima? •Cales cres que poden producir medo?