1
ESTAMOS NO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA (PLAMBE) Este curso 2012-2013 chegou cunha moi boa nova, a inclusión do C.E.I.P. DE SAN CLODIO no PLAMBE o que supoñía un alento moi grande para poder facer melloras na Biblioteca do Colexio. E así foi, grazas ao esforzo da Consellería de Cultura, Eduacación e Ordenación Universitaria a través de Bibliotecas Escolares de Galicia e co apoio do Concello de Ribas de Sil e a implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) conseguimos que a nosa Biblioteca se converta nun verdadeira centro de recursos ao servizo, xa non só do Colexio senón tamén de tódalas persoas que o desexen. O avó de Fabián e de Lucía e o pai de Juanjo pintarón as paredes da Biblioteca; As nais de Bran e Leo, Zaida e Suevia, Lena e Hugo e de Álex limparon, reorganizaron e catalogaron no programa Meiga os fondos bibliográficos, audiovisuais e multimedia, os operarios do Concello colocaron os “estores” e fixeron a instalación eléctrica para o novo equipamento de ordenadores e audiovisuais... Un traballo feito entre todos e para todos. Un traballo que ten que continuar para o vindeiro curso coa mesma ilusión coa que o afrontamos no presente. Un traballo que está a dar os seus froitos que facilitará moitas máis colleitas ao igual que as cerdeiras ou as vides que hai ao carón do Sil das as cereixas ou as uvas que nos alimentan.

Anduriña posterior portada 2012 2013

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Anduriña posterior portada 2012 2013

ESTAMOS NO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA (PLAMBE)

Este curso 2012-2013 chegou cunha moi boa nova, a inclusión do C.E.I.P. DE SAN CLODIO no PLAMBE o que supoñía un alento moi grande para poder facer melloras na Biblioteca do Colexio. E así foi, grazas ao esforzo da Consellería de Cultura, Eduacación e Ordenación Universitaria a través de Bibliotecas Escolares de Galicia e co apoio do Concello de Ribas de Sil e a implicación de toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) conseguimos que a nosa Biblioteca se converta nun verdadeira centro de recursos ao servizo, xa non só do Colexio senón tamén de tódalas persoas que o desexen. O avó de Fabián e de Lucía e o pai de Juanjo pintarón as paredes da Biblioteca; As nais de Bran e Leo, Zaida e Suevia, Lena e Hugo e de Álex limparon, reorganizaron e catalogaron no programa Meiga os fondos bibliográficos, audiovisuais e multimedia, os operarios do Concello colocaron os “estores” e fixeron a instalación eléctrica para o novo equipamento de ordenadores e audiovisuais...Un traballo feito entre todos e para todos. Un traballo que ten que continuar para o vindeiro curso coa mesma ilusión coa que o afrontamos no presente. Un traballo que está a dar os seus froitos que facilitará moitas máis colleitas ao igual que as cerdeiras ou as vides que hai ao carón do Sil das as cereixas ou as uvas que nos alimentan.