Upload
ana-jato-rodriguez
View
80
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
As estacións do ano
Citation preview
• O NOSO TRABALLO AO RITMO DAS ESTACIÓNS.
Aula 5 anos.
CPI PADRENDA. 2011-2012
AS ESTACIÓNS DO ANO
• Ao longo destes trimestres iremos observando o noso entorno. E os cambios que nel se producen con motivo da chegada das distintas estacións do ano.
• Ademais faremos actividades que recollan estes cambios e variacións para que isto nos axude a ser conscientes do paso do tempo.
O OUTONO
AS ÁRBORES DO XARDÍN
• Así foi como vimos que as árbores do noso xardín foron tinguindo as súas follas de cores marróns, vermellos, amarelos e ocres. E cómo tamén as foron perdendo pouco a pouco.
• E cómo coa chegada da choiva foron timidamente aparecendo os primeiros cogumelos entre a herba.
A NOSA AULA
• A nosa amiga Moura, a fada de outono, fíxonos chegar polo carteiro fermosos regalos para que con eles fósemos decorando a nosa clase. E nós moi contentos así o fixemos. Montamos unha mesa de outono, con froitos e elementos propios desta época do ano.
OS BULBOS DE OUTONO
• E plantamos os bulbos de outono nunha xardineira para ver cómo pouco a pouco van medrando.
• Son NARCISOS e TULIPÁNS, que nós mesmos fomos enterrando e dos que nos encargamos de regar semanalmente. Tamén deixamos un en auga para poder ver como lle van medrando as raíces
O INVERNO
O Inverno no xardín
• Coa chegada do frío caeron todas as follas e case todas as árbores do xardín están desnudas.
• Tamén chegou á nosa aula unha nova amiga, Branca, a Fada do inverno e con ela veu a neve.
A PRIMAVERA
Primavera de cores, olores e flores
• Ao chegar este tempo os días son cada vez máis fermosos
• Ademais chegou á clase Vera, a fada da primavera e con ela divertidos xogos e propostas para facer na clase.
Coa primavera volveron as flores ás árbores do xardín.
O VERÁN
O VERÁN
• Coa chegada do verán é tempo de marchar de vacacións, rematamos o curso e iremos a disfrutar coas nosas familias desta fermosa estación.
• Cando o verán estea a punto de rematar volveremos ao colexio para empezar un novo curso cheo de aventuras e novas emocións.
As árbores do xardín
• Coa chegada do verán as nosas árbores están agora vestidas de moitas follas efroitos que deben madurar. Cando volvamos en setembro irémolas de novo a visitar.
ATA PRONTO!
• Vémonos en setembro.