Upload
ana-jato-rodriguez
View
120
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
As datas e festas importantes
Aula de 5 anos.CPI PADRENDA 2011- 2012
Ao longo de todo o curso hai uns días, datas e festas que son un pouquiño máis importantes. Aquí quedan recollidas algunhas delas.
O SAMAÍN No primeiro trimestre
empezamos forte, e espantando medos.
Como somos moi valentes celebramos o Samaín con cabazas, bruxas, morcegos e carautas.
Na aula tivemos contos de medo, xogos, decoramos o recanto das festas e ata fixemos un libro do Samaín.
Pasámolo de medo!.
CONCURSO DE CABAZAS Ademais moit@s de nós
participamos no concurso de cabazas que se fixo no cole.
A verdade é que daban bastante medo!.
O NADAL
Coa chegada do Nadal rematamos o primeiro trimestre.
Para celebralo fixémos moitos adornos para engalanar o cole enteiro.
DESEXOS DE FELICIDADE.
Ademais expresamos os nosos mellores desexos para o ano seguinte. Desexos de AMOR, PAZ E PROSPERIDADE.
Para empezar o ano 2012 con bo pé.
30 de xaneiro. O DÍA DA PAZ
O día da Paz sempre é unha data moi importante, e este ano decidimos investigar un pouco sobre o tema. Así vimos que se celebra en honor a Gandhi e os símbolos máis importantes como a Pomba da Paz.
O ENTROIDO
Coa chegada do Entroido veu a troula ao cole durante toda unha semana, entón tivemos que ir facendo os mandadiños da MECA FERMINA.
E para rematar as nosas familias fixéronnos unha festa na que nos disfrazamos de indios e vaqueiros.
A PASCUA Pola Pascua enchemos
a aula de ovos pintados de moitas cores e ata levamos un ben grande para a casa ao marchar de vacacións.
23 de Abril. O DÍA DO LIBRO Para festexar o día do libro,
durante unha semana estivemos facendo cousas cos libros e recursos da biblioteca sobre rodas que veu á nosa clase.
Prestáronnos libros, películas e xogos para o ordenador que puidemos levar para a casa.
DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Este foi o libro protagonista, do que fomos lendo algunhas partes na aula, do que vimos unha presentación en vídeo e do que as profes nos contaron cousas sobre os seus personaxes.
Estaba un pouco tolo iste Don Quijote pero era moi divertido. Como nos gustou moito debuxamos os personaxes e dedicámoslle un mural na nosa aula.
LETRAS GALEGAS. 17 DE MAIO
As letras galegas dedicáronselle este ano a Valentin Paz Andrade. Ademais de aprender cousas sobre el nós fixémoslle a nosa propia homenaxe cun mural coa técnica de Andy Warhol.
Quedounos ben fermoso por certo!.
FIN DE CURSO
Como tódalas cousas boas se acaban, nós estamos a piques de rematar xa o curso. Así que para marchar de vacacións moi content@s decidimos celebrar un festival ben divertido.
Como somos ben rumbeir@s acordamos cantar e bailar o Pirimpimpin de Malvela.
O mellor de todo foron os ensaios na clase.
Cantas risas nos botamos!.
Marchamos de vacacións
Isto é todo amig@s, rematou o curso e acabouse o que se daba.
Para o próximo curso viremos con forzas renovadas.
Un bico e ata sempre.Levareivos sempre nun recantiño do meu
corazón.
Ana Jato.