57
As rochas

As rochas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As rochas

As rochas

Page 2: As rochas

grandes masasROCHAS

materiais soltos

A PARTE SÓLIDA DA TERRAEstá formada por diferentes capas de materiais dispostos, en función da súa densidade, arredor dun núcleo de ferro e níquel que conserva unha temperatura moi elevada.

Page 3: As rochas

hidrosfera

atmosfera

ESTRUTURA DO PLANETACODIA ou LITOSFERA:Capa externa, moi fina en ( 5 a 90 km de grosor), formada por minerais en estado sólido.

MANTO:Capa intermedia de 2.900 km de grosor, formada maioritariamente por rocha sólida ou parcialmente fundida.

NÚCLEO:Parte central, formada polos materiais máis densos.Núcleo externo: 2.000 km de profundidade, composto por ferro, níquel e osíxeno líquidos a 3.900º C.Núcleo interno: de 1.370 km de radio. Formado por ferro e níquel macizos a unha temperatura de ata 4.500º C.

Codia continental: máis antiga, dun espesor medio de 35/40 km.

Codia oceánica: máis nova, atópase debaixo dos océanos. Ten un grosor medio de 7 km e unha idade máxima de 200 millóns de anos.

Page 4: As rochas

A pesar da súa aparente inmobilidade, os materiais que conforman o planeta están cambiando constantemente impulsados pola enerxía acumulada nas capas internas e pola actuación dos axentes meteorolóxicos.

Onde as placas superficiais subducen (introdúcense debaixo doutras) e afunden o aumento da temperatura do interior funde os materiais.

Nos lugares onde as placas continentais converxen defórmanse intensamente e dan lugar a cadeas de montañas.

Nos lugares onde se separan as placas fórmanse fendas por onde emerxe o magma fundido do interior.

A litosfera está dividida nunha serie de placas ríxidas que aboian sobre a capa inferior que está parcialmente afundida. As correntes de convección da parte afundida fan que as placas, se despracen, se separen nunhas zonas e se compriman noutras.

Page 5: As rochas

COMPOSICIÓN DA LITOSFERAAínda que na Terra existen en estado natural case cen elementos, só dous (o osíxeno e o silicio) compoñen o 75% do total da codia terrestre. Estes elementos atópanse formando parte de máis de 2.000 combinacións.

Seixo (silicato de aluminio), un dos minerais máis abundantes do planeta.

Page 6: As rochas

Na superficie da Terra podemos atopar materiais moi antigos, de máis de 4.000 millóns de anos, e materiais acabados de formar, como as lavas das últimas erupcións volcánicas.Existen algunhas rochas máis antigas, pero proceden de fóra do planeta, son os meteoritos.

Rochas de 50 anos. Illa de San Miguel, Os Açores.

Fragmento dun meteorito.

Rochas da badía de Hudson en Canadá, con 4.280 anos, as máis antigas coñecidas.

Page 7: As rochas

As rochas son masas sólidas constituídas por agregados minerais.Fórmanse por enfriamento de magmas, por depósitos de restos compactados ou por alteracións das anteriores ao seren sometidas a altas presións e temperaturas.

Desde o momento da súa formación, a partir da solidificación do magma, actúan sobre elas axentes físicos (vento, chuvia, cambios de temperatura) e químicos (osíxeno, ácidos...) que as alteran, cambian a súa estrutura e composición química.

Page 8: As rochas

CICLO DAS ROCHASAs rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción.

Page 9: As rochas

CARACTERÍSTICAS DAS ROCHASPara estudar e recoñecer as rochas hai que ter en conta as súas propiedades xerais, a súa composición e o seu proceso de formación.

Page 10: As rochas

CLASES DE ROCHASSegundo os minerais que a forman.

Rochas formadas case exclusivamente por un mineral.

Rochas formadas pola mestura de varios minerais que poden aparecer dispostos de xeitos diferentes.

Cuarcita, rocha formada por un so mineral (seixo). Xisto micáceo.

Page 11: As rochas

CLASES DE ROCHASTendo en conta a composición química

Rochas ácidas: ricas en sílice, alúmina e álcalis. As máis comúns son as de tipo granítico que teñen na súa composición como minerais máis comúns os seixos e os feldespatos sódico-potásicos.

Rochas básicas ricas en ferro, magnesio e calcio e pobres e alúmina e álcalis. As máis comúns son os basaltos e os gabros que conteñen olivino, piroxenos, anfíboles e feldespatos cálcicos.

Rochas ultrabásicas non conteñen alúmina nin álcalis.

basalto

granito

serpentina

Page 12: As rochas

CLASES DE ROCHASO proceso de formación dalles ás rochas unhas características que as fan claramente diferenciables.

Se o magma enfría rapidamente as rochas resultantes poden ser compactas ou porosas e xeralmente non presentan cristais diferenciados.

Se o magma enfría lentamente os distintos minerais forman cristais doados de distinguir.

As rochas sedimentarias, que proceden da acumulación e compactación de fragmentos, están xeralmente dispostas en capas e son brandas.

As rochas metamórficas teñen os seus materiais orientados o que lles confire unha estructura en bandas e uns planos de exfoliación.

lava

granito

calcária

granulita

Page 13: As rochas

A estructura é o aspecto xeral derivado dos procesos xeolóxicos: tipo de estratificación, alternancia, orientación, pregues, fracturas...

Page 14: As rochas

A textura depende da relación entre os tamaños dos compoñentes, a súa morfoloxía, o xeito en que entran en contacto entre sí...

Lavas porosas.

Pegmatita, rocha formada por grandes cristais.

Lousa verde. Rocha formada por cristais moi pequenos.

Page 15: As rochas

A densidade depende da relación entre masa e volume. Está relacionada coa estrutura, a composición e o proceso de formación.

Pumita (pedra pómez), rocha moi lixeira. Aboia na auga.

Ecloxita, rocha moi densa.

Page 16: As rochas

ROCHAS MAGMÁTICAS (ÍGNEAS)Fórmanse por enfriamento do magma no interior ou no exterior da codia terrestre.

-Intrusivas (plutónicas): proceden de magmas que se enfriaron lentamente dentro da codia terrestre e os seus compoñentes tiveron tempo para agruparse e formar cristais, polo que é posible distinguilos entre sí.

-Efusivas (volcánicas): proceden de magmas proxectados ao exterior a través dos cráteres volcánicos. Presentan distintos aspectos segundo a maior ou menor velocidade de enfriamento. Poden ser compactas ou porosas e xeralmente non presentan cristais diferenciados.

batolitos

filóns

Page 17: As rochas

O magma é unha mestura de materiais fundidos que se atopa en determinadas zonas do manto superior e da codia inferior. As súas características dependen das dos materiais que o forman.

MAGMA BASÁLTICOfórmase maiormente nas dorsais oceánicas onde o magma ascende á superficie con facilidade. Está composto por un 50% de sílice (SiO2) e ten unha temperatura entre 900 e 1.200º C.

MAGMA GRANÍTICOfórmase nas zonas de colisión de placas, a maior profundidade, de onde non da ascendido á superficie e solidifícase no interior da litosfera en grandes bloques. Está formado por un 60-70% de SiO2 e ten unha temperatura máis baixa (arredor do 800º).

Page 18: As rochas

A composición das rochas magmáticas depende do magma do que proceden e dos procesos de enfriamento, que poden facer que os minerais se combinen de xeitos diferentes.

Rochas ácidas. Cun alto porcentaxe de sílice.

Rochas básicas. Cun baixo porcentaxe de sílice.

granito kimberlita

Page 19: As rochas

-Vítrea cando non contén ningún tipo de cristais. Fórmase cando o enfriamento do magma é moi rápido (no fondo do mar ou nunha atmósfera moi fría). Obsidiana.

CLASES DE ROCHAS MAGMÁTICAS SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA E TEXTURA (disposición característica dos minerais que a forman)

-Porfídica: con cristais grandes (fenocristais) incrustados munha matriz de cristais máis pequenos. Fórmanse debido ás diferentes temperatura de cristalización dos minerais que compoñen a rocha. Pórfido.

-Pegmatítica: rochas de gran moi groso formadas por cristais interconectados de máis de 1 cm. Fórmanse nas marxes das rochas plutónicas cun magma que contén moita auga. Pegmatita.

-Piroclástica: fórmanse pola consolidación de anacos de rocha e cinzas. Toba.

-De gran fino (afanítica) os cristais só son visibles ao microscopio. É unha característica das rochas que se enfrían á intemperie. Riolita.

-De gran groso (fanerítica): os cristais son facilmente visibles. É unha característica das rochas que enfrian lentamente, no interior da litosfera. Granito.

Page 20: As rochas

BASALTOFórmase cando o magma enfría no exterior. É de gran fino, compacta, densa e está formada por piroxeno, feldespato rico en calcio e pequenas cantidades de olivino e anfíbol. Adoita formar columnas prismáticas exagonais.

Basaltos na Illa das Flores (Os Açores)Escultura islandesa

Page 21: As rochas

PEDRA PÓMEZ (PUMITA)Procede dun magma granítico con moito gas, solidificado rapidamente no exterior. Non se distinguen cristais nin grans. É porosa e moi lixeira.

Page 22: As rochas

GRANITO ou PEDRA DE GRANFormouse en zonas profundas cun enfriamento lento. Ten estructura graúda, de cristais grandes que se distinguen facilmente. Atópase en grandes masas que se fan visibles ao erosionarse os materiais que os cobren.

Montes de Budiño

Page 23: As rochas

SEDIMENTOSmateriais soltos procedentes da disgregación das rochas

Page 24: As rochas

sedimentos volcánicos

Page 25: As rochas

area nunha praia

Page 26: As rochas

coios de distintos tamaños no leito dun río

Page 27: As rochas

antigas terrazas fluviais

Page 28: As rochas

ROCHAS SEDIMENTARIASFórmanse a partir do depósito e compactación de detritus doutras rochas, ou dos restos de seres vivos, unidos entre sí ou por medio de outros materiais. Caracterízanse pola disposición dos materiais en capas (estratos) e a relativa falta de dureza.

Page 29: As rochas

TIPOS DE ROCHAS SEDIMENTARIAS segundo a súa orixe

Detríticas cando se forman por restos doutras rochas cementados ou non: conglomerados, arenitas, arxilas...

Bioquímicas ou orgánicasformadas por acumulación de substancias producidas por algúns seres vivos: corais, cunchas, estromatolitos, carbón, petróleo... Pola súa orixe non son realmente rochas, pero considéranse así por formar parte dos materiais da codia terrestre.

Físico-químicas formadas por reaccións químicas, evaporación ou precipitación de disolucións: sal xema, calcárias…

Conglomerado. Rocha formada por detritus de outras cementados.

Calcarias. Fórmanse por precipitación de carbonato cálcico disolto na auga.

Antracita, carbón formado a partir de restos vexetais.

Page 30: As rochas

Fósil de Sigillaria en antracita.Nas rochas sedimentarias aparecen moitas veces as pegadas de seres de tempos pasados.

Page 31: As rochas

Conglomerados no Barco de Valdeorras

Page 32: As rochas

Brecha na praia de Fontiñas (Sanxenxo)

Page 33: As rochas

arenita

Page 34: As rochas

Arxila en Buño

Page 35: As rochas

Lignitos nas Pontes

Page 36: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICASProceden doutras rochas transformadas pola presión ou pola presenza dun foco quente nas súas proximidades. O grao de metamorfización depende da temperatura e da presión á que estea sometida a rocha durante o proceso de formación. Canto máis alta sexa a temperatura e máis grande a presión, a rocha adquire maior cohesión entre as partes e un maior grao de cristalización.As rochas metamórficas son as máis abundantes na superficie da codia terrestre da que ocupan o 85% dos 20 primeiros quilómetros.

Page 37: As rochas

TIPOS DE ROCHAS METAMÓRFICAS

Non laminadasEstrutura cristalina. Mármore, serpentina, cuarcita…

LaminadasDisposición estratificada, Xistosidade: rotura en planos de forma irregular que non permiten a formación de bloques Esfollado: rotura en láminas finas. Lousa, xisto, gneis…

Lousa

Mármore

Page 38: As rochas

Lousa. Rocha de metamorfismo baixo, co gran moi fino e estructura laminar.

Page 39: As rochas

Xistos. Con este nome coñécense moitas rochas de características semellantes cun grao de metamorfismo medio. Son de gran fino e disposición en placas de rotura irregular.

Page 40: As rochas

gneis

Page 41: As rochas

AS ROCHAS EN GALICIAO territorio galego é dos máis antigos da Península Ibérica. Forma parte do Macizo Hespérico, unha unidade pertencente á gran Cadea Hercínica Europea. Está formado maioritariamente por rochas paleozoicas con idades comprendidas entre os 570 e os 245 millóns de anos.

A nivel xeolóxico Galicia está dividida en dúas zonas claramente delimitadas: a occidental (2/3 da superficie total) con predominio de rochas graníticas e a oriental con predominio de xistos ou lousas.

Page 42: As rochas

Os materiais tradicionais de construción de cada zona son un indicador do tipo de rochas que se atopan nela.

Igrexa de San Martiño de Mondoñedo. Granito e xistos negros.

Muralla de Lugo. Xistos.

Vivenda de granito e lousa en Chandrexa da Queixa (Ourense).

Page 43: As rochas

Igrexa de Hospital do Incio. Mármore.Hórreo (A Lama). Granito.

Page 44: As rochas

ROCHAS MAGMÁTICAS

GRANITOFormado por feldespatos (potásico de cor rosa ou sodico-cálcico de cor branca), seixo (de 20 a 40%) e micas (moscovita -de cor branca-, biotita –de cor negra-, ou as dúas) e outros minerais en menos proporción (apatito, circón, magnetita...). Estrutura graúda, con cristais de diferentes tamaños (xeralmente grandes). Cor variable, do gris ao rosa. Duro, compacto e resistente á erosión e á presión. Atópase por toda a zona occidental de Galicia. É a principal rocha de construción.

Page 45: As rochas

ROCHAS MAGMÁTICAS

SIENITASemellante ao granito, cunha porcentaxe moi baixa de cuarzo.

Page 46: As rochas

ROCHAS MAGMÁTICAS

DUNITAÉ unha rocha magmática intrusiva de cor gris-verdosa escura, co gran medio a fino e moi densa. O compoñente principal é o olivino e os accesorios piroxenos, granates, rubís...Xacementos: Macizo do Cabo Ortegal, en Melide-Sobrado, Lalín e Forcarei.Explótase en Cariño para a utilización como árido e a de maior calidade (cun contido de máis do 30% de MgO) como fundente nos altos fornos.

Mina de Dunita en Cariño

Page 47: As rochas

ROCHAS MAGMÁTICAS

GABRORocha magmática intrusivas básica. Composto fundamentalmente por olivino acompañado de diálaga, hiperstena e plaxioclasa cálcica. De cor gris escura-verdosa, de gran medio e moi densa.Atópanse no leste de Santiago de Compostela e Arteixo. Explótanse para áridos de construción e aglomerados asfálticos..

Gabro. Sobrado.

Page 48: As rochas

ROCHAS SEDIMENTARIAS

CALCARIASFormadas por calcita e outros minerais accesorios. En Galicia atópanse nunha estreita faixa na zona oriental. Explótanse en Mondoñedo, o Incio, Becerreá, Viana do Bolo e Valdeorras para fabricar cemento e cal.

Calcárias de Triacastela, unhas das rochas máis antigas de Galicia, con 600 millóns de anos.

Enciña da Lastra

Page 49: As rochas

ROCHAS SEDIMENTARIAS

LIGNITO É un tipo de carbón, unha “rocha” de orixe orgánica. Procede da transformación dos depósitos de vexetais de épocas pasadas (Terciario). Caracterízase por conservar a estructura leñosa e por ter un alto contido en humidade. Contén entre o 50 e o 70% de carbono. É de baixo poder calorífico (entre 1.500 e 3.000 kcal/kg).Atópase nas depresións das Pontes, Meirama, A Limia... Está practicamente esgotado.

Page 50: As rochas

ROCHAS SEDIMENTARIAS

ARXILAS Son rochas sedimentarias detríticas formadas a partir da descomposición da pedra de gran, os gneis ou os feldespatos; pola acción da auga, dos gas carbónico, da calor...que se acumularon nas cuncas terciarias e cuaternarias. Xacementos: Maceda e Xunqueira de Espadañedo en Ourense, Monforte de Lemos, Foz-Benquerencia, Guitiriz e A Pastoriza en Lugo; Sanxenxo, Tui-A Garda, Porriño-Salceda de Caselas e Valga en Pontevedra; Narón, Malpica, Mesía e Boimorto na Coruña.

Page 51: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICAS

XISTOSSon rochas cun grao medio de metamorfización procedentes da transformación das lousas.Están compostos fundamentalmente por silicatos.Son de gran fino visible, de cor variable, dispostas en placas de rotura irregular.Son rochas moi abundantes en toda Galicia, especialmente no centro. Explótanse na zona de Ordes, Arzúa, Mondoñedo, Cenlle... para áridos de construción, formigóns e aglomerados asfálticos.

Page 52: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICASGNEISSon rochas de alto grao de metamorfización, constituídas principalmente por feldespato e micas. Está formada por cristais visibles de tamaño e cor variada, dispostos en bandas.En Galicia coñécense ata 8 clases distintas de gneis localizados fundamentalmente na metade occidental. As explotacións máis importantes están nos arredores de Santiago, Valdoviño, O Rosal, Silleda, Forcarei e Lalín.Utilízase en construción, como rocha ornamental, lousas para revestimento de fachadas e pisos, áridos, material de recheos...

Page 53: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICAS

Ollo de sapo: un gneis con nome galego. O gneis ollo de sapo é a máis característica das rochas metamórficas galegas. Formouse hai uns 500 millóns de anos por metamorfización dos sedimentos que enchían unha fisura que ía desde a illa Coelleira (O Barqueiro) ata Viana do Bolo. Está formado por cristais de seixo azulados e corroídos e feldespatos (ás veces mois grandes) dentro dunha matriz filítica. O nome de “ollo de sapo” é debido aos grandes cristais de feldespato que sobresaen da rocha cando se erosiona.

Page 54: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICAS

ANFIBOLITASSon rochas metamórficas básicas constituídas esencialmente por anfíbol e plaxioclasa e como accesorios ilmenita, granates, epidota... Teñen cor verde escura (grisácea ou azulada) con gran de tamaño variable e os materiais dispostos en bandas.Atópanse en Santiago de Compostela, Melide, Cabo Ortegal e Lalín.Explótanse para áridos de obras públicas e balastro para o ferrocarril.

Page 55: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICAS

SERPENTINAS:Rochas metamórficas ultrabásicas de cor verde escuro a negro, con fractura concoidal. Están compostas esencialmente por serpentina e levan como accesorios talco, dolomia e antigorita.Localízanse en Moeche, Ortegal, Melide, Silleda, Vila de Cruces onde se explotan na súa maior parte para aridos e balastro para ferrocarril e unha pequena cantidade como pedra ornamental e para siderurxia.

Serpentina. Silleda.

Canteira de Serpentina. Vila de Cruces.

Page 56: As rochas

ROCHAS METAMÓRFICAS

ECLOXITARocha metamórfica composta de piroxenos verdes e granates vermellos. Formouse na codia interior e no manto superior a temperaturas de 800-1000º.

Ecloxita. A Capelada.

Page 57: As rochas

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daportaollo de sapo