9
As transformacións sociais no s. XIX O SOCIALISMO E MOVEMENTO OBREIRO

As transformacións sociais e o socialismo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As transformacións sociais e o socialismo

As transformacións

sociais no s. XIXO SOCIALISMO E MOVEMENTO OBREIRO

Page 2: As transformacións sociais e o socialismo

A nova sociedade.Coa consolidación do capitalismo industrial e o sistema liberal foi aparecendo un

sistema social novo baseado nas clases sociais.

Antigo Réxime Sociedade estamental Nacemento, sangue

Estamento: Grupo social

pechadoDetermina o privilexio

Industrialización

+ liberalismoSociedade de clases

Clase social: grupo

social determinado

pola riqueza. Ascenso

e descenso social.

A riqueza + a

cultura+ mérito

persoal

Determina a

situación social

Sociedade

aberta.

Igualdade

xurídica , pero

non económicaClases ricas:

burguesíaClases baixas:

Proletariado

Page 3: As transformacións sociais e o socialismo

A polarización social: Burguesía

versus proletariadoDominio da burguesía Dominio económico: posúe o capital, controla o

mercado, incrementa as súas rendas.

Dominio político: Implanta o liberalismo: defensa da

liberdade, da propiedade, seguridade e igualdade xurídica. O

Estado ao servizo dos intereses desta clase social

Dominio social e cultural: Os seus gustos custosos son a

norma.

Grupo heteroxéneo:

• alta burguesía

(banqueiros, industriais)

• pequena burguesía

(comerciantes, pequenos

industriais)

Proletariado: A clase

dominada • Forza de traballo barata e explotada pola burguesía.

• Traballador fabril recrutado das masas fuxidas do

éxodo rural

• Traballaba de sol a sol. Salarios de miseria, sen dereitos

laboráis, as mulleres e os nenos cobraban menos.

Ambiente de traballo penoso. Vivían hacinados.

Elevada mortandade nos primeiros momentos da

industrialización.

Tiñan prohibido o asociacionismo

Page 4: As transformacións sociais e o socialismo

Primeiras formas de protesta e

organización

O Ludismo

O Cartismo

O sindicalismo

Protestas espontáneas e violentas, sen ninguna reflexión política. Destrúen as máquinas por

consideralas as culpables da perda de postos de traballo. Recibe o nome de Ned Ludd. Foi un

movemento duramente reprimido. Tivo lugar ao inicio do s. XIX en Inglaterra. Máis tarde en Europa.

O sindicalismo en Gran Bretaña estaba prohibido. As sociedades de Axuda Mutua e

Beneficiencia axudaron aos traballadores que crearon unha caixa de resistencia. En 1824

aboliuse a prohibición e apareceron as Trade Unions, sindicatos por oficios sen matíz político.

Pasos de consolidación do sindicalismo de tipo corporativo:• En 1829: Unión xeral de fiadores de John Doherty

• En 1833: Gran Sindicato Nacional con Robert Owen.

• En 1851: Sociedade Unida de William Allan

No último tercio do s. XIX, a presión sindical conseguiu melloras nas condiciónslaboráis e salarais, unha lexislación laboral que foi poñendo límites ás condiciónsde traballo.

En Europa tanto a industrialización como a organización obreira leva máis atraso e terá un matíz máis político.

Foi o primeiro paso para orientar a loita obreira pola vía da política. En 1838, en Gran

Bretaña, a Asociación de Traballadores de Londres con William Lovett á cabeza redacta a

Carta do Pobo na que destaca a petición do sufraxio universal e secreto para que os

traballadores poidan votar a representantes que defendan os seus intereses, parlamentos

anuais e unha remuneración para os deputados.

A heteroxeneidade ideolóxica do movemento, a forte represión e as sucesivas negativas do

Parlamento a reformar o sistema electoral acabaron co Cartismo a inicios dos 50.

Page 5: As transformacións sociais e o socialismo

O socialismo utópicoDefinición de socialismo Pensamento que critica as desigualdades producidas polo

capitalilsmo industrial e ofrece un modelo social alternativo que

busca a igualdade económica.

Características do

socialismo utópicoCritican o capitalismo. Un sistema ao que cualifican de inxusto no

reparto da enorme riqueza que produce, pero non falan da súa

destrución, máis ben da súa humanización.

Propoñen modelos alternativos coa esperanza de que o seu

exemplo produza un cambio positivo. Hai unha consideración moral

nas súas propostas

Actúan influídos polas ideas ilustradas de progreso e harmonía social

e por unha mentalidade romántica. Fracasan no intento.

Pensadores ilustrados

máis destacados

Robert Owen: Empresario textil con preocupacións pola

educación e condicións laboráis e salariais. Funda New Lanark

Fourier: pensou en comunidades ideais; os falansterios.

Saint Simon: defendía unha sociedade impulsada pola industria, a

tecnoloxía e detestaba aos políticos e xuristas.

Proudhon: Precursor do anarquismo. Estaba en contra da

propiedade privada.

Page 6: As transformacións sociais e o socialismo

Socialismo científico de Marx e Engels

Definición Critica o capitalismo, pero vai a utilizar un método científico de análise da sociedadeindustrial coa intención de identificar as condicións obxectivas que levarían á destrución do capitalismo e ao advenemento dunha sociedade igualitaria. Estamos ante unha doutrina política que convida á acción política (praxe) do proletariado

para acadar o poder.

O marxismo• O materialismo histórico: Explica a evolución das sociedades. As condicións

materiais determinan as ideas. O modo de organizar a satisfacción desas necesidades determina a estrutura económica. A súa vez esta determina a superestrutura político-ideolóxica. O Estado é un instrumento de dominación da clase social

que está no poder.O conxunto formado pola estrutura económica + a superestrutura dá lugar a un modo de producción.

Modo de producción escravista- feudal- burgués - socialista

• Método de análise da realidade: método dialéctico: tese, antitese e síntese. Os cambios na producción derivan en cambios nas ideas e na política. Un desenvolvemento de novas forzas produtivas evidencia a inxustiza do modelo anterior e promove unha transformación social pola vía da revolución: Loita de clases e mudanza no modo de producción. Loita de clases antagónicas como

motor da historia. A explotación sobre o proletariado (plusvalía) é a base do descontento social

• Praxe política:

Loita revolucionaria para acadar o poder por parte do proletariado. Fase transitoria: ditadura do

proletariado Os medios de producción en mans do Estado Sociedade sen clases, comunismo.

• Humanismo marxista. Fin da historia como un proceso de loita de clases. O

Estado político non ten sentido. Xurde un home novo.

Page 7: As transformacións sociais e o socialismo

En contra

Anarquismo

DefiniciónIdeoloxía política que avoga pola eliminación de toda forma de

autoridade que restrinxa a igualdade, liberdade e a xustiza social. Defende

a liberdade, pero en relación solidaria cos demais, como algo que se

constrúe de xeito colectivo.

De todo o poder : Estado, Igrexa, burocracia, organización centralizada

dos partidos políticos, exército, matrimonio.

Queren a destrución do capitalismo, da propiedade privada

A favor Federación libre de comunas autónomas e autosuficientes gobernadas en

réxime de autoxestión. Asamblearismo. Intercambio recíproco

Propiedade colectiva dos bens e medios de producción

Revolución espontánea dos traballadores e campesinos

Igualdade de ambos sexos, educación laica da poboación

Practican a folga xeral e os actos de terrorismo contra calquera forma de

estado ou opresión.

Page 8: As transformacións sociais e o socialismo

I Internacional. AIT

Que é?

Cando e por que ?

A primeira organización obreira a nivel internacional.

Xurde en 1864. A presión dos traballadores británicos sobre a patronal estaba

sendo burlada pola contratación de obreiros do continente. Necesidade de

unificar as acción da loita obreira. Maior desenvolvemento do capitalismo e as

organización obreiras

Obxectivos. (Manifesto redactado por Marx)

Emancipación da clase obreira polos propios obreiros . Acabar co

capitalismo

Unha loita política ademáis de sindical

Quenes formaban

parte?

Unha organización plural que aglutinaba tendencias moi diversas: Trade

unionistas, marxistas, anarquistas, proudhonianos…

Celebraban congresos anuais a onde acodían representantes de

todas as federacións nacionais.

Problemas

Choque entre marxistas e anarquistas no Congreso de Basilea (1869) por:• Obxectivos da loita obreira• Protagonistas da acción sindical• Aspectos organizativos

Heteroxeneidade das forzas internas da AIT. Expulsión dos anarquistas en 1872

O episodio da Comuna de París (1871). A primeira experiencia de goberno

obreiro. Forte represión.

Disólvese en 1876

Como se

organizaban?

Page 9: As transformacións sociais e o socialismo

Os partidos socialistas e a II Internacional.No último tercio do s.XIX foron constituíndose partidos socialistas con ideario marxista. O modelo

organizativo e ideolóxico foi o SPD alemán. En España fúndase o PSOE en 1879.

Programa político:

• Constituirse como un partido obreiro oposto aos partidos burgueses

• Obxectivo a posesión do poder político pola clase traballadora e transformar a propiedade individual

en colectiva.

• Aceptan o xogo parlamentario.

1889 fúndase a II Internacional como unha Internacional socialista e marxista

Aspectos organizativos

• Sede en Bruselas

• Secretario permanente e Comité executivo para coordinar as accións

• Congresos periódicos• Federación de partidos socialistas

que aceptan o xogo político parlamentario

• Aceptación na organización de sindicais afíns

Acordos:• Xornada de 8 horas• 1 de maio, día

internacional de loita dos traballadores

• 8 de marzo, día de loita da muller traballadora

Problemas:• A cuestión do revisionismo de Bernstein.

Postura reformista sen destrución do capitalismo. Marxismo necesita revisión. Condena do revisionismo en 1904. Derivaría na socialdemocracia.

• A cuestión colonial. En contra do imperialismo• A cuestión da 1ª Guerra Mundial. Conflito

capitalista non é a loita dos obreiros. Pacifismo