2
CIUG G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 20082009 1 Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU F. BACON Texto 2 BACON; The New Organon, Aforismos [Libro Primeiro] I. O home, servo e intérprete da Natureza, pode facer e entender tanto como lle permita a observación empírica ou teórica do curso da natureza. Máis aló, non sabe nin pode nada. II. Nin a man nin o entendemento por si sos teñen demasiada potencia. O traballo faise mediante axudas e instrumentos, necesarios tanto para a man como para a intelixencia. E así como os aparellos manuais dan movemento ou o guían, así os instrumentos da razón proporcionanlle suxestións ou cautelas ó entendemento. III. O coñecemento é a medida de todo poder humano, pois non se pode producir efecto ningún se non se coñece a causa. A natureza, para ser dominada debe ser obedecida, e o que na contemplación é a causa, na práctica é a regra. IV. Para producir traballo, todo o que o home poder facer é xuntar ou separar corpos naturais, o resto faino a propia natureza traballando dende dentro. (…) VIII. Ademais, os descubrimentos feitos ata o de agora son máis debidos ó azar e á experiencia do que á ciencia, pois as ciencias das que dispoñemos son meros sistemas para organizar e presentar cousas xa inventadas e non métodos para o descubrimento de novas invencións ou para sinalar orientacións para novas industrias. (…) XI. Do mesmo xeito que as ciencias das que dispoñemos non nos serven para atopar novas industrias, tampouco a lóxica actual nos vale para atopar novas ciencias. XII. A lóxica actual serve máis para perpetuar e estabilizar os erros orixinados polos prexuízos herdados que para axudar na procura da verdade. Por iso fai máis mal ca ben. (…) XIX. Só hai e só pode haber dúas vías para buscar e atopar a verdade. Unha primeira que, remontándose dende a experiencia e os feitos, formula directamente os principios máis xerais e que, considerándoos firmemente establecidos e incuestionables, procede a xulgar e a tratar de descubrir as leis intermedias. Esta é a vía actualmente de moda. A outra vía deduce principios a partir dos feitos da experiencia e ascende gradualmente e sen descontinuidades ata alcanzar ó cabo os axiomas máis xerais. Este é o camiño correcto, pero nunca se percorreu. XX. A intelixencia deixada ó seu libre albedrío toma o mesmo camiño (léase, o primeiro) que segue cando se trata de asuntos lóxicos. Porque a razón ansía elevarse rapidamente ás posicións máis abstractas e descansar, aínda que só realizase un mínimo esforzo experimental. E a lóxica, coa solemnidade e o brillo das súas argumentacións, non fai senón incrementar este defecto. (...) XXII. As dúas vías anteriores comezan nos sentidos e terminan nas abstraccións máis elevadas, pero a diferenza entre elas é infinita. Unha unicamente bota de pasada unha rápida ollada ós feitos empíricos, a outra afonda neles debidamente e de xeito sistemático. A primeira comeza establecendo algunhas xeneralidades abstractas e inútiles, a segunda ascende gradualmente cara á formulación de leis intermedias e máis propias da natureza. (…) XXVI. Para diferenciar, chámolle Anticipacións da Natureza (no sentido de precipitadas ou prematuras) ás conclusións da razón humana tal e como se aplican normalmente en asuntos de ciencia natural. Á forma de razón que se extrae dos feitos mediante un proceso xusto e metódico denomínoa Interpretación da Natureza. (…) XXXI. É ocioso esperar calquera avance significativo na ciencia a partir de enxertos novos nos vellos coñecementos. Debemos comezar de novo dende os fundamentos mesmos senón queremos xirar sempre no mesmo círculo con progresos desprezables. (…)

Bacon-08-09-t2

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bacon-08-09-t2

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

1

Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU

F. BACON —Texto 2 BACON; The New Organon, Aforismos [Libro Primeiro]

I. O home, servo e intérprete da Natureza, pode facer e entender tanto como lle permita a

observación empírica ou teórica do curso da natureza. Máis aló, non sabe nin pode nada.

II. Nin a man nin o entendemento por si sos teñen demasiada potencia. O traballo faise mediante

axudas e instrumentos, necesarios tanto para a man como para a intelixencia. E así como os

aparellos manuais dan movemento ou o guían, así os instrumentos da razón proporcionanlle

suxestións ou cautelas ó entendemento.

III. O coñecemento é a medida de todo poder humano, pois non se pode producir efecto ningún se

non se coñece a causa. A natureza, para ser dominada debe ser obedecida, e o que na contemplación

é a causa, na práctica é a regra.

IV. Para producir traballo, todo o que o home poder facer é xuntar ou separar corpos naturais, o

resto faino a propia natureza traballando dende dentro.

(…)

VIII. Ademais, os descubrimentos feitos ata o de agora son máis debidos ó azar e á experiencia do

que á ciencia, pois as ciencias das que dispoñemos son meros sistemas para organizar e presentar

cousas xa inventadas e non métodos para o descubrimento de novas invencións ou para sinalar

orientacións para novas industrias.

(…)

XI. Do mesmo xeito que as ciencias das que dispoñemos non nos serven para atopar novas

industrias, tampouco a lóxica actual nos vale para atopar novas ciencias.

XII. A lóxica actual serve máis para perpetuar e estabilizar os erros orixinados polos prexuízos

herdados que para axudar na procura da verdade. Por iso fai máis mal ca ben.

(…)

XIX. Só hai e só pode haber dúas vías para buscar e atopar a verdade. Unha primeira que,

remontándose dende a experiencia e os feitos, formula directamente os principios máis xerais e que,

considerándoos firmemente establecidos e incuestionables, procede a xulgar e a tratar de descubrir

as leis intermedias. Esta é a vía actualmente de moda. A outra vía deduce principios a partir dos

feitos da experiencia e ascende gradualmente e sen descontinuidades ata alcanzar ó cabo os axiomas

máis xerais. Este é o camiño correcto, pero nunca se percorreu.

XX. A intelixencia deixada ó seu libre albedrío toma o mesmo camiño (léase, o primeiro) que segue

cando se trata de asuntos lóxicos. Porque a razón ansía elevarse rapidamente ás posicións máis

abstractas e descansar, aínda que só realizase un mínimo esforzo experimental. E a lóxica, coa

solemnidade e o brillo das súas argumentacións, non fai senón incrementar este defecto.

(...)

XXII. As dúas vías anteriores comezan nos sentidos e terminan nas abstraccións máis elevadas,

pero a diferenza entre elas é infinita. Unha unicamente bota de pasada unha rápida ollada ós feitos

empíricos, a outra afonda neles debidamente e de xeito sistemático.

A primeira comeza establecendo algunhas xeneralidades abstractas e inútiles, a segunda ascende

gradualmente cara á formulación de leis intermedias e máis propias da natureza.

(…)

XXVI. Para diferenciar, chámolle Anticipacións da Natureza (no sentido de precipitadas ou

prematuras) ás conclusións da razón humana tal e como se aplican normalmente en asuntos de

ciencia natural. Á forma de razón que se extrae dos feitos mediante un proceso xusto e metódico

denomínoa Interpretación da Natureza.

(…)

XXXI. É ocioso esperar calquera avance significativo na ciencia a partir de enxertos novos nos

vellos coñecementos. Debemos comezar de novo dende os fundamentos mesmos senón queremos

xirar sempre no mesmo círculo con progresos desprezables.

(…)

Page 2: Bacon-08-09-t2

CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009

2

XXXVI. Só nos queda un método para facer chegar o noso método: debemos conseguir que os

homes vaian ós feitos mesmos, ás súas series e á súa organización, e que acepten familiarizarse con

eles abandonando por un intre os seus conceptos.

(…)

XXXVIII. Os ídolos e falsas nocións que actualmente dominan a intelixencia humana e que teñen

arraigado firmemente nela, non só sitian (lit. cercan) as mentes dos homes ata o punto de que a

verdade a duras penas pode entrar nela, senón que, mesmo despois de que esta entrase nas mentes,

aparecerán de novo poñendo problemas cando queira instaurarse nelas a ciencia, a menos que os

homes, avisados de antemán, se fortifiquen tanto como poidan contra os seus ataques.

XXXIX. Hai catro tipos de Ídolos que acosan a nosa mente. Para diferencialos asigneilles nomes,

chamándolle á primeira clase Ídolos da Tribo; á segunda Ídolos da Caverna; á terceira, Ídolos do

Foro e á cuarta Ídolos do Teatro.

XL. A formación das ideas e das leis mediante a verdadeira indución é a mellor forma de librarse

dos ídolos. Non obstante, identificalos é de grande utilidade, posto que a doutrina dos Ídolos xoga o

mesmo papel na interpretación da natureza que a refutación dos sofismas na lóxica convencional.

XLI. Os Ídolos da Tribo teñen os seus fundamentos na propia natureza humana, nas tribos e razas

de homes. É unha afirmación falsa que os sentidos do home sexan a medida das cousas. Polo

contrario, todas as percepcións dos sentidos e da razón adáptanse á medida do individuo, non á da

natureza. E o entendemento humano é como un falso espello que, recibindo raios irregularmente,

distorsiona e descolora a natureza das cousas coa súa propia contribución.

XLII. Os ídolos da Caverna son os ídolos de cada individuo. Pois todo o mundo ten (ademais dos

erros comúns de toda a natureza humana) unha cova ou refuxio de seu que refracta e descolora a luz

da natureza, formada xa sexa pola súa propia e peculiar natureza, pola súa educación e conversación

con outros; polas súas lecturas, pola autoridade ou estima que lles outorga a aqueles ós que admira;

polas diferentes impresións que se producen nunha mente inqueda e predisposta respecto a outra

indiferente e asentada, ou por outras razóns semellantes. Así pois, o espírito humano, tal e como

está disposto en cada un dos homes, é de feito unha cousa variable e chea de turbacións, case coma

rexida polo azar. De aí que xa fora observado por Heráclito que os homes buscan a sabedoría nos

seus pequenos mundos persoais, non no grande e común mundo universal.

XLIII. Hai tamén Ídolos formados polas relacións e asociacións humanas, ós que eu chamo Ídolos

do Foro, debido a que é aí onde teñen lugar o comercio e o consorcio dos homes. Pois os homes

relaciónanse mediante o discurso, e as palabras impóñense normalmente de acordo coas acepcións

que pode comprender o vulgo. E, deste xeito, a elección errónea e inadecuada das palabras

imposibilita completamente a correcta comprensión. E isto non o arranxan nin sequera as

definicións ou as explicacións das que se provén os homes estudados para defenderse. As palabras

violentan e dominan o entendemento e arrástrano á confusión, conducindo os homes a innumerables

controversias baleiras e imaxinacións ociosas.

XLIV. Por últimos, hai Ídolos introducidos nas mentes humanas por dogmas filosóficos e perversos

métodos de demostración. A estes chámolles Ídolos do Teatro, pois no meu xuízo todos os sistemas

que recibín non son senón pezas teatrais nas que se representan mundos fantásticos escenificados de

xeito irreal. Non me refiro unicamente ós sistemas que agora están de moda ou ás antigas seitas de

filosofía, senón tamén a outras moitas do mesmo tipo que poderán inventarse e propoñerse en

adiante do mesmo xeito artificial, demostrando que erros moi diferentes entre si teñen causas moi

semellantes. Tampouco me refiro unicamente a sistemas completos de pensamento, senón tamén a

moitos principios e axiomas da ciencia que se teñen aceptado por tradición, credulidade e

neglixencia.

Pero debo falar destes tipos de Ídolos máis exacta e pormenorizadamente, posto que a intelixencia

debe ser convenientemente advertida.

FRANCIS BACON; Novo método ou Manifestacións sobre interpretación da natureza,

1620, Aforismos [Libro Primeiro]. Tradución de Luis M. Varela Cabo (USC) e

Teresa Miñambres (IES Eduardo Pondal, Santiago de Compostela)