3

Click here to load reader

Bases X edición "Carro de Prata" 2017

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Bases X edición "Carro de Prata" 2017

BASES “X EDICIÓN: PREMIOS CARRO DE

PRATA 2017”

O premio Carro de Prata foi instaurado con carácter honorífico pola Asociación Sociocultural

ASCM no ano 1997. Cunha periodicidade bienal, ten como finalidade recoñecer e galardoar a

aquelas entidades ou persoas que se distinguiron polas suas accións a prol do colectivo de

persoas con discapacidade dentro da comarca de Ferrolterra, tanto no campo da

accesibilidade como no ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral,

investigación, etc.

1. A Asociación Sociocultural ASCM quere premiar, con carácter exclusivamente

honorífico, ás entidades tanto públicas como privadas, asociacións ou persoas, que se

distinguiran polas súas accións a prol das persoas con discapacidade, ou ben que

destacaran polo seu labor de apoio na integración social, cultural ou laboral deste

colectivo.

2. O Premio Honorífico concédese á proposta de calquera persoa ou organismo. Aqueles

que consideren que unha determinada entidade ou persoa física é merecedora deste

premio por coñecer a súa destacada tarefa, poderán enviar a candidatura por email na

dirección: [email protected] e efectuar a proposta correspondente,

aportando a información que acredite os méritos para optar ao premio.

A "ASCM" poderá, así mesmo, presentar as candidaturas que estime oportunas ao

xurado para o seu estudio e consideración.

3. Os candidatos ó premio terán que ter desenvolvido o seu labor dentro do marco

xeográfico da comarca de Ferrolterra.

4. O xurado, aínda por confirmar, estará composto por personalidades relevantes do

sector, representantes dos medios de comunicación, un máximo de dous integrantes

da ASCM e representantes políticos.

5. O xurado do premio analizará e valorará as actividades e logros acadados. No exercicio

da súa función o xurado poderá pedir asesoramento e recadar a información

complementaria que estime procedente. A actividade do xurado non será retribuída.

En caso de empate, será o presidente da ASCM quen decida.

6. O prazo de admisión de propostas farase público aos medios de comunicación

comarcais e rematará o mércores 1 de novembro de 2017.

Page 2: Bases X edición "Carro de Prata" 2017

7. Unha vez cumprido o prazo de admisión de propostas, a información sobre os

candidatos será enviada a través de correo electrónico ós membros do xurado. O

premiado será elexido nunha reunión o día 14 de novembro na sede ferrolana da

asociación. A proclamación do premiado terá lugar o día 26 de novembro durante a

Gala Institucional 30ºAniversario.

8. As decisións do xurado referentes a todo o proceso de concesión serán inapelables.

Page 3: Bases X edición "Carro de Prata" 2017

PRESENTACIÓN CANDIDATURA

“X EDICIÓN: PREMIOS CARRO DE PRATA 2017” PERSOA QUE PROPÓN A CANDIDATURA  Nome da entidade/persoa que propoñe a candidatura: ___________________________________  Teléfono de contacto: ____________________ Enderezo electrónico:____________________________   

PERSOA  PROPOSTA PARA A DISTINCIÓN  Nome da entidade/persoa proposta para a distinción: ____________________________________  Ámbito: (marque a opción que corresponda)        Accesibilidade               Ocio                   Deporte                         Integración social              Cultural                           Laboral              Investigación                 Outro: _________________   

 Datos máis relevantes e méritos da entidade/persoa proposta: (pode continuar noutra folla se é necesario) 

    

             *A presentación desta candidatura supón a aceptación plena e incondicional das bases do galardón “Carro de plata”. De  conformidade  ó  disposto  na  LO  15/1999  de  Datos  de  Carácter  Persoal,  informámoslle  que  os  datos  de  carácter  persoal recollidos  neste  documento  forman  parte  dun  arquivo,  propiedade  da  ASOCIACIÓN  SOCIOCULTURAL  ASCM,  cuxa  finalidade  é atender  a  xestión  solicitada.  Vostede  poderá  exercer  os  dereitos  de  acceso,  rectificación,  cancelación  u  oposición,  segundo  o disposto na lei, poñéndose en contacto co noso Dpto. de Dereitos ARCO na Dirección: C/ San Roque y Ánimas Bloque 2, Baixos 18‐19, 15403 Ferrol (A Coruña).