Upload
marta-perez-lage
View
400
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
EDUCACIÓN INFANTIL
CURSO 2017/18
HORARIO
Durante o curso escolar o horario será de 9:00 a 14:00
Os alumnos/as de 3 anos terán o principio un período de
adaptación
O horario para atención os pais/nais será os martes de
16:00 a 17:00. Non haberá titorías no mes de setembro nin
no de xuño. É recomendable pedir cita con antelación.
O día que teñen psicomotricidade deberán traer roupa e
calzado deportivo. Ademáis traerán un par de calcetíns
antideslizantes metidos nunha bolsiña co seu nome que
quedarán no colexio e enviaranse á casa para lavalos (e
traelos de volta) cando sexa necesario.
MATERIAL
Continuamos pedindo o material funxible dende o colexio.
Este ano a cantidade a aportar por cada neno/a é de 30
euros.
A lista de libros necesarios para cada curso está exposta
na entrada do colexio,
Ademáis os nenos/as deberán traer ó colexio as seguintes
cousas (os nenos/as de 4 e 5 xa teñen algunhas do curso
pasado):
o 1 vaso ou taza de plástico para beber auga
o Unha gorra para o sol
o Un mandilón abotoado por diante, co nome nun
lugar visible e cunha cinta para poder colgalo
cómodamente.
o Unha muda completa (co nome en tódalas
prendas) dentro dunha bolsa que tamén levará o
nome.
o É imprescindible poñer o nome a TODO o que
neno/a traia ó colexio.
NORMAS XERAIS
PUNTUALIDADE: No caso de chegar tarde deberedes
entrar pola porta principal, notificar a causa da tardanza e
deixar que o conserxe acompañe ao neno/a á súa clase
para interromper o mínimo posible o ritmo da mesma.
No caso de que o neno/a non se atope ben NON debedes
mandalo á escola, debemos pensar no benestar do neno/a e
tratar de evitar contaxios.
Para sacar o neno/a fóra do colexio en horario lectivo
tedes que cubrir un papel en secretaría.
As FALTAS de asistencia deben estar XUSTIFICADAS,
informando á titora do motivo das mesmas. Para iso
mandaremos un papel que podedes cubrir de antemán se xa
sabedes que o neno/a non vai asistir ou que o tedes que
sacar do centro.
NON SE ENTREGARÁ NINGÚN NENO/A A PERSOAS
QUE NON ESTÉN AUTORIZADAS PREVIAMENTE. Os
alumnos/as de 5º e 6º de Infantil poden modificar ou
ampliar as súas
autorizacións pedindo un papel na secretaría do centro.
Non se pode traer xoguetes nin cousas de valor ( pulseiras
de ouro, cadeas…). No período de adaptación do primeiro
curso pode traerse algún xoguete que os faga sentirse máis
seguros.
Non celebramos os aniversarios no cole, non se poden traer
chucherías, agasallos ou invitacións para os cumples.
É necesario que os nenos/as traian ROUPA AXEITADA ás
actividades escolares e a súa autonomía, non se deben
traer petos, cintos, pantalóns con botóns ou demasiado
axustados e os zapatos deberán ser de VELCRO.
É importante que o mandilón teña uns botóns que eles/elas
poidan manexar e procurar repoñelos e aseguralos se se
perde algún.
Prestade ATENCIÓN ÁS MOCHILAS , LEDE AS NOTAS que
enviamos dende o centro e se tedes alguna dúbida, preguntade
MERENDAS
A merenda será saudable, podemos incluir na mesma algún dos
seguintes alimentos: froita pelada e cortada, lácteos( queixo,
iogur, bebible,…), mini-bocatas, algunha galleta…Non se poderán
traer para merendar: bollería industrial, chuches, chocolate,
refrescos…
A merenda deberá vir nunha mochila co nome e non fai falla traer
moita cantidade. Evitaremos traer mochilas con rodas para
facilitar a auotonomía do neno/a e non entorpecer nos
desprazamentos na fila e as que son demasiado pequenas.
A auga traerase por pacs de 6 botellas de litro e medio por orde
de lista en cada clase, ademáis da caixa dos panos de papel e un
paquete de toalliñas para o WC .
BIBLIOTECA ESCOLAR
Como tódolos anos iniciaremos o préstamo de libros da biblioteca
en outubro. O préstamo é VOLUNTARIO, pero conleva a obriga
de devolver ese libro no mesmo estado no que se recibiu. É tamén
moi importante que o libro se devolva no día da semana que vos
indicaremos para poder levar outro.
Enviaremos unha circular que debedes firmar se queredes
participar nesta actividade.
O papel educador dos pais/nais na Educación Infantil
é fundamental
Fomentando a súa AUTONOMÍA
Traballando na adquisición de NORMAS BÁSICAS de
comportamento: escoitar, atender, obedecer, recoller…
Facendo cousas xuntos apropiadas para a súa idade (
puzles ,pintar ,plastilina ,xogar ó aire libre, construcións
,pelotas ,bicis ,patinetes…) tratando de evitar xogos e
condutas violentas (pistolas, debuxos animados pouco
apropiados, videoxogos,…)
Buscando que se relacione con outros nenos/as fóra do
horario escolar.
Colaborando co colexio:
o Participando nas reunións e entrevistas convocadas
polo centro.
o Informando sobre calquer aspecto relativo o neno/a
que afecte á convivencia do grupo ou ó seu propio
rendemento.
Correxindo as condutas dos nenos/as contrarias ás normas
de convivencia. Axudando ós vosos fillos/as nas tarefas que teñen relación
ca súa aprendizaxe. Colaborando nas actividades propostas polo centro para
facer “en familia”. Consultando o blogue do centro cos vosos fillos/as.