51

Cabalo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cabalo
Page 2: Cabalo

cabalo(Equus caballus)

caballohorsechevalcavalo

Page 3: Cabalo

O cabalo é un mamífero grande de corpo esbelto, ben proporcionado, cuberto de pelo xeralmente curto, fino e brillante, de cor variable. Pode acadar 1,80 m de altura e 1.000 kg.Os cabalos máis grandes son os de tiro e os máis pequenos os ponis.Os cabalos poden vivir ata 40 anos, aínda que a media de idade está nos 30.

Page 4: Cabalo

CABEZA: longa e estreita.

PATAS: longas e finas cunha musculatura forte. Rematan nun só dedo moi desenvolvido protexido no extremo por unha unlla forte (casco).

Cana: parte fina da pata que se corresponde co metacarpo.

Rabo curto con pelos moi longos.

Fuciño coas as aberturas nasais, grandes, e a boca cos labios moi móbiles.

PESCOZO: forte e flexible.

TRONCO: forte e musculoso, de espiñazo recto, case horizontal no que sobresaen, diante as paletas e detrás, máis lixeiramente, as ancas.

Tórax (peito) amplo.

Lombo

Orellas ovais, pequenas, dereitas e móbiles.

Ollos grandes e situados lateralmente.

Crinas: pelos longos e duros que lle saen na parte alta do pescozo.

Page 5: Cabalo

Tamaño comparativo entre o Shire, o cabalo máis alto, e o Falabella, o cabalo máis pequeno.

Page 6: Cabalo

Segundo a capa (cor do pelo) os cabalos reciben distintos nomes:

Negro: cando ten negra a capa, as crinas e o rabo.

Manchado: capa dunha cor con pequenas pintas de outras.

Alazán: cor castaña uniforme, aínda que pode ter tonos diferentes.

Branco: cando todo o seu pelo é branco.

Roán: mestura de cores branca, castaña e negra.

Pío: con manchas de cores diferentes.

Baio: o alazán con crinas, rabo, fuciño e patas escuras..

Tordo: pelo gris sobre fondo negro.

Page 7: Cabalo

trapecio

dorsais glúteocaudais

xemelgo

abdominais

triceps

mastigadores

MÚSCULOS

bíceps femoral

deltoide

extensor

flexores extensor

pectoral

Page 8: Cabalo

vértebras

cránio

maxilar

omóplato

húmero

cúbito

radio

carpo

metacarpo

falanxes

costelasesternón

pelve

fémur

tibia

peroné

tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

Page 9: Cabalo

tráquea

esófago

pulmón

corazón

cavidade nasal

cerebromédula espiñal

fígadointestino delgado

intestino groso

vexiga

testículo

ano

ril

estómago

ÓRGANOS INTERNOS

Page 10: Cabalo

peneútero

APARATO REPRODUTOR

MACHO FEMIA

ovario

vaxina

ubre

testículo

músculo retractor

vexiga

vexiga

Page 11: Cabalo

MOVEMENTOS:Os cabalos andan apoiándose sobre catro patas rematadas nun só dedo e poden desprazarse moi rapidamente. Tamén son bos saltadores.

Desprazamentos:Ao paso, co que avanza unha media de 7 km/h. Mantén tres patas apoiadas no chan.Ao trote: avanza uns 15 km/h, levanta as patas de dúas en dúas en diagonal.Ao galope: pode acadar ata 60 km/h. Move as patas alternamente e entre pasos ten as catro patas no aire.

Page 12: Cabalo

SENTIDOS: Ten moi boa vista e un amplo campo de visión. Os ollos, situados na parte superior do cráneo e colocados bastante laterais, danlle unha visión case todo arredor.O olfato está ben desenvolvido e úsano para recoñecer os alimentos e para comunicarse cos semellantes.

Page 13: Cabalo

Ten un oído moi fino. As orellas son pequenas e móbiles polo que pode orientalas para captar mellor os sons.A pel é moi sensible. Treme ao máis mínimo contacto.

Page 14: Cabalo

COMUNICACIÓN:O cabalo rincha. Emite un son agudo que se escoita bastante lonxe e pódeo modular segundo a grao de excitacion. Tamén ten un amplo código xestual no que emprega sobre todo as orellas e a expresión da cara.

Cando está nervoso resopla, move o rabo, a cabeza lateralmente e coucea o chan.Cando bota as orellas cara atrás amosa furia ou medo.Cando as bota cara adiante amosa interese polo que lle rodeaCando bota unha cara adiante e outra cara atrás amosa incertidume.

Page 15: Cabalo

Cando viven en grupos as mandas ou greas están formadas xeralmente por un macho, varias femias e as crías. O liderado da grea establécese por medio de loitas, rituais e reais, nas que non faltan as dentadas e as couces.Cando pelexan érguense enriba das patas de atrás para ameazar e para atacar dan couces coas patas traseiras ou morden. Para defendérense fuxen galopando e dan couces.

Os cabalos durmen moi pouco tempo e déitanse para facelo, aínda que poden “durmir” de pé. Os poldros pasan moito tempo deitados, aínda que segundo van medrando déitanse menos tempo

Page 16: Cabalo

Os cabalos manteñen limpa a pel embórcandose na terra seca (“gañan a cebada”) e espantan as moscas golpeándoas coas patas, coa cabeza, cos pelos do rabo e coas crinas do pescozo.

Page 17: Cabalo

ALIMENTACIÓN:Os cabalos que viven en libertade pastan herba dos campos e gromos de toxos e outras plantas. Nas casas aliméntanse con gran, palla e pensos.

Un cabalo, dependendo do seu tamaño e da actividade que realice, pode comer cada día entre 3 e 8 quilos de gran (cebada, millo...) ou pensos, e varios máis de herba seca e palla.O desgaste a a posición dos dentes serve para determinar a idade dun cabalo.

Teñen unha dentadura especialmente adaptada para cortar a herba (incisivos planos) e para moela (molares grandes e planos). Os machos conservan uns pequenos dentes cairos que non teñen as femias.

Page 18: Cabalo

REPRODUCIÓN:Os cabalos maduran sexualmente entre o segundo e o sexto ano de vida, segundo as razas.As parellas xúntanse na primavera. As égoas paren ás crías despois de 330 a 350 días de xestación, xeralmente todas na mesma época. Case sempre teñen un só poldro e raramente dous.

Page 19: Cabalo

Unha hora despois de nacer o poldro xa se pon de pé e a partir dese instante segue á súa nai, da que mama durante 6 a 9 meses, aínda que empeza a comer herba a partir das dúas semanas.

Page 20: Cabalo

OS CABALOS E AS PERSOAS. UTILIDADE-Montura-Traballo: tiro para transportar mercadorías e persoas, para arrastar cargas ou tirar dos aparellos de labranza.-Deporte e lecer-Carne-As crins para facer cepillos, cordas, arcos de instrumentos musicais...-A pel cúrtese para empregala logo na elaboración de diferentes aparellos.

Page 21: Cabalo

OS NOMESAs persoas estableceron sempre unha relación moi especial cos seus cabalos aos que lle dan nomes propios. Ao longo da historia e na literatura algúns chegaron a ser moi coñecidos coma Bucéfalo de Alexandre Magno (emperador Grego do século IV a.C.), Babieca, o cabalo do Cid (séculoXI), Rocinante de Don Quixote (século XVII) ou Marengo de Napoleón (século XIX).

Bucéfalo

NOMES:Para o macho: cabalo, garañón, griñón.Para a femia: égoa, égua ou besta.Para as crías: poldros ou poldras.

Marengo

Page 22: Cabalo

COIDADOS:Os cabalos que viven en réxime de estabulación precisan facer exercicio e seren cepillados regularmente para manterlles a pel e o pelo limpos e coidarlles os cascos.

Para evitarlles danos ou un desgaste excesivo nos cascos protéxenselle con ferraduras, pezas de ferro de forma axeitada que o ferrador axusta e suxeita á unlla con cravos.Esta práctica é común desde o século XI. Anteriormente os romanos protexían os cascos dos cabalos cunha especie de sandalias feitas de bimbias ou metal que suxeitaban con tiras de coiro.

Page 23: Cabalo

Os primeiros cabalos domésticáronse hai 6.000 anos na Ucraína. Existen referencias de cabalos domesticados en Mesopotamia e na China de hai 5.000 anos.O cabalo tivo un valor fundamental nas conquistas e na colonización de novas terras porque permitía a rapidez nos desprazamentos e podía ser usado para o transporte e o traballo.

Page 24: Cabalo

Desde o ano 1.000 antes de Cristo, ata mediados do século XIX (durante case 3.000 anos) o cabalo foi o medio máis usual de viaxe e transporte.Asociado á guerra, ao traballo ou ao deporte, aparece amplamente representado nas moedas, nos recipientes, nos relevos e nos frescos dos templos e as tumbas, nos cadros e nas esculturas.

Page 25: Cabalo

A importancia do cabalo foi tan grande que ao apareceren as máquinas a unidade coa que se mide a súa potencia recibiu o nome de “cabalo de vapor” porque se comparou o rendemento do traballo das máquinas co dos cabalos aos que viñeron a substituír.

A mecanización restoulle importancia aos cabalos que xa só se utilizan como animais de labor e transporte en zonas pouco desenvolvidas ou de difícil acceso.

Na actualidade existen no mundo uns 75 millóns de cabalos, a maioría usados como animais de montura.

Page 26: Cabalo

RAZASCoñécense ata duascentas razas distintas de cabalos que se diferencian no tamaño, aspecto ou utlidade.

Hai tres tipos básicos:-Sangue quente: cabalos áxiles, nervosos, activos, de formas finas (os típicos cabalos de montura e de carreiras).

-Sangue frío: pesados, tanquilos e de formas máis amplas; son os cabalos de tiro.

-Medio sangue: resultado da mestura dos dous anteriores, a este grupo pertenecen a maioría dos cabalos de deportes agás os de carreiras.

Page 27: Cabalo

PURO SANGUE INGLÉSFoi criado en Inglaterra a partir de cabalos árabes. É o cabalo máis rápido do mundo. Forte, elegante e de patas longas. Mide entre 1,50 e 1,70 metros de alzada. Ten a pel fina co pelo moi brillante e pode ser de calquera cor entre o negro e o alazán.Creese que todos os cabalos de carreiras do mundo descenden de tres sementais árabes que foron levados a Inglaterra a finais do século XVII.

En Galiza críanse cabalos de puro sangue en varias localidades.

Royal Gait, cabalo puro sangue Ingles da egoada Pereira de Chantada. Gañou a copa de ouro de Ascot, unha das carreiras máis importantes do mundo.

Page 28: Cabalo

ÁRABEÉ un cabalo vivo e áxil, incansable, facilmente recoñecible pola súa cabeza pequena de perfil afundido. Ten arredor de 1,50 m de alzada e xeralmente é tordo. É un dos cabalos de montura máis apreciados.

HANNOVERIANOCabalo de medio sangue, grande, de montura e tiro lixeiro. Apto para todo tipo de deportes hípicos, especialmente para os saltos.

Page 29: Cabalo

SHIRECabalo de sangue frío de orixe inglesa. É o máis grande do mundo. Pode superar 1,80 de alzada e pesar 1 tonelada. O máis característico son as súas patas con pelos longos.

ANDALUZ, CARTUXO ou ESPAÑOL Criado desde o século XV no Sur de España polos monxes cartuxos. Posiblemente sexa o que deu orixe á maioría das razas de cabalos americanos. Na actualidade está distribuído por toda España. É un cabalo de boa estampa, moi apreciado como animal de montura e exibición.

Page 30: Cabalo

PONISCabalos que teñen menos de 1,47 metros de alzada e unha estructura característica (corpo amplo e compacto, moi fortes en relación coa súa altura, crinas moi longas, moita resistencia e capacidade para soportar condicións difíciles).

PONI DE SHETLANDPode ter ata 1 metro de alzada. É un animal sobrio e resistente. Usouse para arrastar as carretas dentro das minas de carbón en Inglaterra.

FALABELLADe orixe arxentina. A pesar de ser o cabalo máis pequeno do mundo non se considera un poni porque a súa estrutura e as súas características son as dos cabalos. Orixinouse a partir de cruces de ponis con cabalos de puro sangue. Mide entre 38 e 78 cm de alto e pesa entre 18 e 36 kg.

Page 31: Cabalo

CABALO DE PRZEWALSKI (Equus ferus przewalskii)É unha subespecie de cabalo silvestre. Case desapareceu a mediados do século XX e conseguise recuperar un pouco o seu número grazas á proteción. Vive no Parque Nacional Hustai (Mongolia). Ten o morro convexo, de pelo curto e forte. De tamaño medio, pode acadar os 350 kg.

Page 32: Cabalo

MUSTANGSon cabalos cimarróns que se asilvestraron en norteamérica a partir de cabalos domésticos libres. Son descendentes dos cabalos españois. Son fortes, resistentes e rápidos. Na actualidade están protexidos.

Page 33: Cabalo

As testemuñas máis antigas da presenza do cabalo en Galiza atópanse nos petróglifos da Idade do Bronce. Crese que foi traído polos pobos celtas nos séculos VII e VI a.C. Co paso do tempo fóronse producindo mestizaxes e introducindo novas razas adaptadas a distintas funcións (carne, traballo agrícola, transporte...), pero unha parte permaneceu en estado de libertade nos nosos montes ata actualidade.

O cabalo en Galiza

Petróglifos en Campo Lameiro

En 2.001 establecéronse os caracteres e creouse o libro xenealóxico da raza galega. Tamén se crían cabalos de puro sangue en varias localidades.

Page 34: Cabalo

En xeral os cabalos galegos son de tipo primitivo; cabeza grande, alzada curta e ventre amplo. Son sobrios e resistentes, póden ser domados como animais de montura ou traballo, pero a maioría úsanse para producir carne que se vende para o exterior.

Page 35: Cabalo

Cabalo galegoTen entre 120 e 140 cm de alzada, perfil recto ou subcóncavo, e a capa negra ou castaña cos extremos escuros e as crinas e rabo negros, con cerdas longas e abundantes. Ten orellas pequenas e pelo abundante, ás veces con barbela e mostachos. As patas son curtas, finas e fortes. O casco é escuro, pequeno e duro.

Page 36: Cabalo

Garrano, besta do monte ou cabalo do monteChamado tamén poni celta ou poni atlántico (Equus ferus atlanticus), un animal moi antigo. Nos montes galegos, en especial na Groba, o centro e norte de Galiza, consérvanse poboacións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes, posiblemente unha das poucas que existen no mundo. Teñen unhas características que os diferencian dos cabalos domésticos pola súa adaptación á vida no monte en condicións duras: escasa alzada, corpo relativamente longo, extremidades fortes, cascos moi duros, orellas pequenas e fortes mostachos para protexerse dos toxos entre os que viven e dos que se alimentan. Teñen unha gran capacidade reprodutiva.

Page 37: Cabalo

A marca é un sinal que se grava cun ferro quente na pel do cabalo para recoñecelo logo. Cada criador ten a súa marca diferente das demáis. Nalgúns lugares, ademaís, ou en vez da marca ao lume, faiselle un ou varios cortes nas orellas.O marcado de cabalos faise desde hai máis de 2.000 anos.

En Galiza celébranse moitas festas nas que o cabalo é o protagonista onde as carreiras e outras exibicións forman parte do programa; e outras nas que intervén como elemento destacado.

Page 38: Cabalo

En Galiza, onde os cabalos se crían en libertade, existe unha tradición convertida nalgúns lugares en festa: A RAPA DAS BESTAS. Nunha época determinada do ano, normalmente no verán, despois de que as égoas pariran, xúntanse nun recinto pechado (curro) os animais para recortarlles as crinas, marcar os novos e apartar algúns exemplares que se venden, se son novos para criar como animais de traballo ou para carne, e se son vellos só para carne.

Page 39: Cabalo

Sabucedo

Page 40: Cabalo

O BURRO (Equus assinus)É un animal que aínda vive silvestre en África oriental. Foi domesticado no leste de África hai uns 6.000 anos .A talla varía entre os 80 cm e 1,60 m. Pode acadar os 450 kg de peso. Segundo as razas tamén varía o longo do pelo e a cor que pode ser desde gris crara a negra, pero sempre case branca arredor dos ollos e o fuciño. As femias maduran sexualmente aos 2 anos e os machos aos 2 anos e medio. A preñez dura de 370 a 380 días. Teñen unha sola cría. Medran ata os catro anos e poden vivir 25.É un animal sobrio e resistente, Utilízase como animal de carga e de traballo. Da pel dos burros facíase o máis fino e suave pergamino (material sobre o que se escribía antes de que se coñecese o papel).

Page 41: Cabalo

Burro fariñeiro galegoÉ un animal pequeno, un metro de media na cruz e de ata 200 kg.Ten a cabeza grande coas orellas longas. As patas son delgadas, con cascos pequenos, e o rabo longo e cun mechón na punta.O pelo no corpo é curto e suave, de cor torda (escura, case negra), co fuciño e o ventre brancos.

Page 42: Cabalo

Os MULOS, tamén chamados machos, son o resultado do cruce entre un burro e unha égoa.Son animais sólidos e resistentes. Teñen un aspecto intermedio entre os dous animais, o tamaño e a forza dos cabalos e a sobriedade e a resistencia dos burros. Utilízanse para a carga en terreos escarpados e soportan ben o clima riguroso e as dificultades do terreo accidentado. Os mulos son estériles e non poden ter descendencia. Desde que deixaron de ter importancia como animais de traballo o seu número descendeu moitísimo. Hoxe son raros.

Page 43: Cabalo

Os CENTAUROS, de orixe grega, eran seres co torso de home e corpo de cabalo. Eran case todos seres maléficos e brutais.

Os CABALOS MARIÑOS, coa parte dianteira de cabalo e a parte traseira de peixe, arrastaban o carro de Neptuno, deus do mar.

O CABALO NA MITOLOXÍA

PEGASO, cabalo alado da mitoloxía grega que naceu do sangue da Medusa e estaba ao servicio de Zeus.

Page 44: Cabalo

LENDA DO MONTE SEIXOA Besta Branca é un unicornio que vive no Monte do Seixo (Cerdedo). Guía aos cabalos polos pasadizos dos castros para ir beber ás pozas do río (Pozo Sangoento). Co toque do seu corno máxico purifica as augas.

O UNICORNIO, animal con corpo de cabalo cun corno na fronte. Creíase que era orixinario da India.

Monte Seixo

Page 45: Cabalo

REFRÁNS:-Sinal é de boa besta a boa pata e a boa orella.-Por un cravo pérdese unha besta.-O ollo do amo engorda ao cabalo.-Ao home e ao cabalo non hai que apuralo.-Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán.-Besta mular, ou comer ou andar.-Besta que xeme á carga non teme.-O que ten besta e vai a pé, máis besta el é.-Besta parada non fai xornada.-Sete pitas e un galo comen a renta dun cabalo.-Líbrate de traseira de mula e de dianteira de burra.-Nin “arre” que fuxa nin “xo” que se deite.

Fonte das Platerías (Santiago de Compostela)

TRADICIÓN ORAL

Page 46: Cabalo

DITOS:-Hai moitas burras do mesmo pelo.-Morto o burro cebada ao rabo.-O burro ao sol fai sombra.-Carne de burro non é transparente.-Ao pé do banco férrase a besta.-Ao cabalo regalado non se lle mira o dente -Patadas de burro non chegan ao ceo.

CRENZAS:-Cando se deita o cabalo é que vai facer vento.-As ferraduras traen boa sorte. Para que fagan efecto cólganse coa abertura cara arriba para que a sorte non escape.

Page 47: Cabalo

OS ALBARDEIROSManufacturan o coiro, a tea de saco, o ferro e a madeira, para fabricaren albardas, selas, estribos, alforxas e todo tipo de aditamentos para as cabalerías.

Page 48: Cabalo

OS FERRADORESSon ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou mércanas, aínda alguns fannas eles mesmos. Empregan unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún.

APARELLOS DOS FERRADORESDEBUXO DE XAQUÍN LOURENZO:1-puxavante2-cravo3-martelo4-derrematador5-escofina6-tanaza do casco5-tanaza dos cravos8-bigornia9-coitela10-ferradura11-canelo para as vacas e boisVitrina no Museo do pobo Galego

Page 49: Cabalo

Antigo carro tirado

por un cabalo

As rastras ou corzas eran aparellos de arrastre de estrutura variable tirados por animais.Debuxo de Xaquín Lourenzo.

Page 50: Cabalo
Page 51: Cabalo

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel.DEBUXOS: Mon DaportaNovembro 2014