21
cabra (Capra hircus) cabra goats chèvre cabra

Cabra

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cabra

cabra(Capra hircus)

cabragoats

chèvrecabra

Page 2: Cabra

A cabra é un animal mamífero artiodáctilo de tamaño mediano, Pode ter entre 40 e 90 cm de altura e pesar entre 30 e 100 kg. Os machos son máis grandes e pesados que as femias. O pelo é de lonxitude e finura variable segundo as razas.

Page 3: Cabra

CABEZA pequena, coa frente ancha

Ollos craros, grandes, vivos e coa pupila horizontal

Orellas ovaladas

Cornos de sección triangular dirixidos cara atrás e curvos. Máis desenvolvidos nos machos que nas femias.Nas razas máis seleccionadas os cornos desaparecen.

Rabo curto sen pelo por debaixo.Debaixo do rabo teñen unha glándula que produce o olor típico das cabras.

PATAS fortes, cos pezuños resistentes e adaptados á vida nos riscos

TRONCO cilíndrico co ventre destacado.

Page 4: Cabra

macho

femias

Page 5: Cabra

Son animáis áxiles e resistentes, vivos e enredantes. Teñen os sentidos ben desenvolvidos, bastante memoria e un carácter que ás veces pode resultar caprichoso.

Page 6: Cabra

As cabras viven en pequenos grupos. Cando son silvestres os machos novos viven por un lado, as femias con crías por outro e os machos adultos son solitarios.Se se deixan en libertade adáptanse perfectamente á vida silvestre.

Page 7: Cabra

Aliméntase de herbas e follas de árbores. Bebe moito e góstalle o sal.

Page 8: Cabra

As crías (unha ou dúas por parto) nacen perfectamente desenvolvidas despois de cinco meses de xestación. Ao pouco de nacer xa corren e saltan con moita seguridade. Maman de 4 a 6 semanas.

As femias maduran ao ano e os machos aos dous. Poden vivir ata 19 anos.

Page 9: Cabra

O macho (castrón) é considerado axente do demo, xa desde o tempo dos fenicios.

HISTORIAÉ orixinaria de Asia Menor, desde onde se extendeu por Europa e África.Está considerada como o primeiro animal doméstico (Mesopotamia, hai 9.000 anos).

Page 10: Cabra

A cabra críase sobre todo nos terreos difíciles, aos que está perfectamente adaptada.

Page 11: Cabra

RAZAS DE CABRASExisten unhas trescentas razas de cabras domésticas que se clasifican polo tamaño ou pola utilidade.

CABRA DE ANGORAÉ un animal grande, esbelto, xeralmente branco e con tanto pelo que pode producir 2 kg en cada rapa. Vive nos altos de Anatolia, en Asia.Os tecidos feitos coa súa la xa eran apreciados na Idade Media co nome de “camelot”, hoxe coñécese como “mohair”. Para aumentar a calidade da la os pastores límpanas e peitéanas regularmente.

Page 12: Cabra

CABRA ENANA DE ÁFRICA OCCIDENTALDe cores variadas. O macho nunca supera os 50 cm de altura nin pasa dos 30 quilos de peso. A femia é sempre máis pequena. Nos seus países de orixe críase como animal de carne. En Europa é corrente atopala nos zoolóxicos.

CABRA DE CACHEMIRAÉ máis pequena e menos elegante, pero produce de 300 a 400 gramos ao ano dunha la moi apreciada coa que se tece o “cachemir”.

Page 13: Cabra

Na actualidade aínda existen cabras silvestres en todas as cadeas montañosas importantes do mundo. As máis coñecidas son as CABRAS FERAS, ou CABRAS DO MONTE con varias especies de características semellantes: Capra ibex nos Alpes, Capra hispanica, con varias subespecies, na Península Ibérica que se coñecen con distintos nomes segundo o sitio (cabras montesas, íbices…).

Viven en case todos os lugares montañosos de Europa e Asia Central. Miden entre 70 e 90 cm de altura e poden acadar os 120 quilos de peso. Os cornos dos machos chegan a medir máis de 1 metro de lonxitude. No outono os machos pelexan polas femias. As crías nacen na primavera e maman ata o outono.

En Galiza críase a cabra fera no parque da Serra do Invernadoiro, e reintroduciuse con éxito o ano 1997 na Serra do Xurés, o lugar onde viviron en estado silvestre as últimas cabras feras de Galicia.

Page 14: Cabra

MARJOR (Capra falconeri)Vive nas montañas de Cachemira e Afganistán. O que máis destaca son os cornos en forma de tirarrollas (poden acadar 1 metro de lonxitude) e a longa chiva que teñen os machos. Pode medir 1 m de altura e acadar 100 quilos de peso. É o antepasado das cabras de angora e cachemira.

CABRA DE BEZOAR ou CABRA PERSA. (Capra aegrogus). É a antepasada das cabras domésticas de Asia Menor o Mediterráneo e o Norte de África.

CABRA DAS ROCHOSAS (Oreamnus americanus). Aínda que polo seu aspecto semella unha cabra, de ahí lle ven o nome, pertenece a un xénero diferente entre as cabras e os antílopes. Vive nas Montañas Rochosas de América do Norte.

Page 15: Cabra

Das cabras aprovéitase a carne (sobre todo as crías) a pel, que é o elemento fundamental para a elaboración de obxectos finos como guantes, bolsos (coñecida co nome de tafilete, gamuza ou cabritilla); e sobre todo polo leite.

No mundo consúmese máis leite de cabra que de vaca.A relación entre o peso do animal e o peso do leite que produce é a mellor de todos os animais domésticos. Pode producir de 12 a 13 veces o seu peso en leite ao ano. A vaca somentes 5 ou 6.

Page 16: Cabra

As cabras de Galiza pertenecen a varias razas. Críanse en pequenos grupos ou formando parte de rabaños mixtos coas ovellas ou coas vacas. Actualmente hai censadas arredor de 45.000 cabezas.As cabras ocupaban os terreos que non eran aproveitables por outras especies, atopándose os rabaños máis grandes nas zonas de alta montaña onde escaseaban os recursos. Os rabaños de cabras en Galiza sempre estiveron ligados ás zonas de montaña, onde se explotaban en “veceiras” (rabaños comunitarios).

A cabra en Galiza

Page 17: Cabra

É a única raza caprina autóctona galega.É un animal rústico con gran capacidade de adaptación ás zonas que ocupa, onde aproveita uns pastos que dificilmente poderían manter a outros animais. Procede da Capra aegagrus con posibles influencias dun tronco máis antigo. Nos petroglifos galegos aparecen representacións de cabras.É unha cabra de tamaño medio, de 60 a 80 cm de altura na cruz e 40 a 70 kg (os machos son os de maior tamaño). O pelo é curto de cor vermella.No século XVIII pasaba do 600.000 exemplares. A raza conservouse nas zonas de montaña das provincias de Lugo (Os Ancares) e Ourense (Baixa Limia). A asociciación Capriga conta con cincuenta socios que tentan recuperar a raza.

Cabra Galega

Page 18: Cabra

NOMESFemia: cabra, cabuxa, chivaMacho: castrón, cabrón, chivo, bode.Crías: cabirtos, cabritos, cabuxos, xenas, cabuxiños.

Page 19: Cabra

ADIVIÑAQue cousa, cousiña, será que, cando vai para o monte, mira para a casa e cando vai para a casa,mira para o monte. (OS CORNOS DA CABRA)

 

DITOS•A cabra sempre tira ao monte.•Estar coma unha cabra.•Cabuxa tola, onde vai unha van todas.

TRADICIÓN ORAL

Page 20: Cabra

REFRÁNS

-Fillo de cabra, cabrito se chama.-O que ten cabuxas e fillos nunca está a ben cos viciños.

Page 21: Cabra

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon DaportaNovembro 2014