3
S. Mateo sinálase a si mesmo sorprendido ante a chamada de Xesús. O seu rostro vulgar correspóndese co dun soldado romano. As mans de Cristo S. Pedro e Mateo dirixen a nosa mirada, xunto coa liña de luz que provén do exterior, cara o outro protagonista da escea. Xesús representado en segundo termo, a pesares de ser o personaxe principal da escea, destaca gracias a luz que ilumina o seu rostro e o fai resaltar sobre o fondo escuro. O espacio libre da mesa convídanos a participar directamente na escea. A penumbra do fondo contrasta cas zonas moi fortemente iluminadas,

Caravaggio

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación sobre Caravaggio

Citation preview

Page 1: Caravaggio

S. Mateo sinálase a si mesmo sorprendido ante a chamada de Xesús. O seu rostro vulgar correspóndese co dun soldado romano.

As mans de Cristo S. Pedro e Mateo dirixen a nosa mirada, xunto coa liña de luz que provén do exterior, cara o outro protagonista da escea.

Xesús representado en segundo termo, a pesares de ser o personaxe principal da escea, destaca gracias a luz que ilumina o seu rostro e o fai resaltar sobre o fondo escuro.

O espacio libre da mesa convídanos a participar directamente na escea.

A penumbra do fondo contrasta cas zonas moi fortemente iluminadas, creando os efectos tenebristas.

Page 2: Caravaggio

Monumentalidade das figuras:o cabalo ocupa case todo o cadro, sen apenas deixar espazo á paisaxe. Isto, xunto coa representación da escea en primerísmo termo, aporta dramatismo e inmediatez á mensaxe.

Composición resolta mediante liñas diagonais, na que predominan a gran aspa central e a V formada polos brazos abertos de S. Pablo. Esta posición dos brazos abre a escea a mirada do espectador e convídao a participar nela.

S. Pablo, caído en terra, marca un profundo escorzo cara ó fondo, que acentúa a sencación de profundidade.

A luz precedente do ceo, como un raio divino, incide violentamente sobre o corpo de S. Pablo o cabalo e o criado (únicos que ven o milagre)

Fondo en plena escuridade, do que os personaxes parecen emerxer, sen que saibamos cal é a profundidade real do cadro. O contraste violento deste fondo coas zonas iluminadas, crea efectos tenebristas.

Page 3: Caravaggio

S. Pedro levanta a cabeza e recibe o martirio con plena conciencia. O seu rostro, cargado de realismo, reflicte a súa orixe de estracto social baixo (era pescador)

Os pés do peón, sucios e enrugada a pel, amosan (igual que o rostro de S. Pedro) o gusto de Caravaggio de escoller como modelos a xentes do pobo.

A escaseza de detalles ambientais non evita que cando o pintor os inclúe, sexan tratados con gran precisión e diferencia de texturas. Mantén o gusto polo bodegón que xa amosara nas súas primeiras obras.

Composición en aspa e reducir o número de personaxes ós imprescindibles para comprender a escea son características iniciadas por Caravaggio