3
CARLOS E CARLA: OPERACIÓN NEVE. PABLO GONZÁLEZ GARCÍA

"Carlos e Carla". por Pablo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

conto

Citation preview

Page 1: "Carlos e Carla". por Pablo

CARLOS E CARLA: OPERACIÓN NEVE.

PABLO GONZÁLEZ GARCÍA

Page 2: "Carlos e Carla". por Pablo

CARLOS E CARLA: OPERACIÓN NEVE.

Conta unha lenda que nun pico dos Alpes moi afastado do Everest, vivía un monstro de 3m de alto.

Era pola mañá, un bonito e frío día de inverno, bueno, bueno, mellor preséntovos aos personaxes, que son unha parella: a muller era loura, de ollos marróns e coa pel pálida, gordiña, moi guapa e mandona, chamábase Carla e non lle gustaba ir á praia; o home tiña os ollos e o pelo marróns, era gordiño, moreno, guapo e un pouco mandaricas, non lle gustaba ir á neve e chamábase Carlos.

Decidiron ir aos Alpes, o home non estaba da cordo, pero a muller si, ao chegar, aloxáronse no hotel máis luxoso da zona. E así transcorreron os días. Un día, mentres Carlos aprendía a esquiar, caeuse e foi rodando ata unha cabana medio derruída, Carla foi axudarlle e tamén caeu, pero, ao mirar no mapa, descubriu que a cabana non estaba no mapa.

Petaron, miraron polas ventás, non había xeito! Aquela cabana estaba abandonada; ao ver iso, metéronse dentro e empezaron a explorar.

Page 3: "Carlos e Carla". por Pablo

Cando ían entrar no ático, a porta da entrada abriuse e por ela entrou un monstro que ninguén puido imaxinar, medía uns tres m, eles déronse conta e correron cara a saída, o monstro agardábaos.

-Non creo que queira nada bo Carla -dixo Carlos-

-Oxalá che fixera caso, así estaríamos nas cataratas do Niágara -dixo Carla-

-Acabades de entrar na casa do meu creador, e aínda por enriba, pisastes a súa tumba.

Carlos e Carla vólvense e ven unha lápida que pon: “doutor Fransquestein II”.

O monstro cólleos cunha man, levántaos catro metros do chan e sae para fora, disposto a lanzalos ladeira abaixo; e, xustamente nese momento, esbarra. Carlos e Carla caen ao chan e o monstro cae ladeira abaixo. Carlos e Carla regresan ao hotel; viviron felices intentando esquecer aquilo, e pensando no mellor que houbera sido viaxar ás cataratas do Niágara, en vez de ir aos Alpes.

Fixeron as maletas e volveron a Galicia, a súa patria querida.