Upload
por-dereito
View
85
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA VÍSTESE DE AZUL PARA CELEBRAR O DÍA DO AUTISMO
O organismo provincial sumouse á chamada da Asociación Por
Dereito para colocando ás portas do pazo varios globos de cor azul
para darlle visibilidade social que exixe ó autismo. Unha iniciativa
coa que se quere facer un chamamento a tomar conciencia sobre o
autismo
A Deputación mantén o seu compromiso de colaborar coas
principais entidades de iniciativa social da provincia que traballan
con colectivos vulnerables (discapacitados, persoas maiores,
enfermos de alzheimer, persoas sen recursos,…),
Estas entidades teñen por obxecto a realización de proxectos ou
actividades dentro da provincia, orientadas á intervención,
asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do
benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais
circunstancias, precisan unha maior especificación técnica e
interdisciplinar na súa intervención.
Nos últimos anos, o organismo provincial colabora con dúas
entidades que traballan con persoas con Trastorno do Espectro
Autista TEA A través do financiamento de proxectos e actividades
búscase ofrecer apoio a estas persoas e as súas familias para unha
mellor calidade de vida e conseguir a súa integración socio-familiar.
Ditas entidades son a Asociación Autismo Vigo e a Asoc. BATA de
Vilanova de Arousa.
'Ante todo, son persoa e logo, persoa con autismo. Stop
discriminación'
Aínda que a ONU decretou o 2 de abril como Día Mundial de
Concienciación sobre o Autismo, os actos da celebración
adiantáronse a esta xornada pola festividade do Xoves Santo.
Este ano, a campaña de concienciación polo Día del Autismo
desenvólvese baixo o lema 'Ante todo, son persoa e logo, persoa con
autismo. Stop discriminación'. Unha iniciativa que anima á
cidadanía a facerse autofotos con obxectos de cor azul para que as
envíen ás redes sociais dos colectivos que traballan a prol da
integración das persoas autistas e conseguir facer visible a
sensiblización por esta causa.
Trastorno do Espectro do Autismo
O termo Transtorno del Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a
un conxunto de condicións que afectan ó desenvolvemento
neurolóxico e ó funcionamento cerebral que dan lugar a dificultades
na comunicación e interacción social e na conducta das persoas. Na
actualiade, unha de cada 150 personas nacidas na Unión Europea
recibe diagnóstico de TEA.
Pontevedra, 1 de abril de 2015 Saúdos. Gabinete de Comunicación