9
Concello de IRIXOA

Concello De Irixoa

Embed Size (px)

Citation preview

Concello de IRIXOA

Situacion xeografica

• Irixoa é un municipio pertencente á comarca de Betanzos, provincia da Coruña. Limita ao norte cos municipios Vilarmaior e Monfero, ao leste con Monfero e Aranga, ao sur con Aranga e Coirós; e ao oeste co municipio de Paderne.

• De oeste a leste atravesan a estrada comarcal AC -640 de Betanzos a Viveiro, e a autonómica AC -151 de Montes Pontedeume. Ambas as dúas crúzanse na parroquia de Irixoa, donde se atopa a capital municipal, a 14 quilómetros de Betanzos e a 25 de Pontedeume.

• Atópase nunha zona de transición entre a meseta lucense e as comarcas costeiras de As Mariñas e Ferrolterra. Dúas vías de comunicación de relativa importancia atravesan o termo municipal.

• Constitúe unha zona de val – montaña. A parte máis oriental, prolongación da Serra da Loba, presenta as máximas alturas: Pico de Vales (702 m) e Monte Vila (684 m). No medio deles nace o rio Zarzo, afluente do Mandelo.

• A zona occidental manidesta un perfil máis suave e por ela transcorre o Lambre, rio que desemboca na Ponte do Porco.

Datos Xerales.

• Xentilicio: Irixoés (non oficial)

• Provincia: provincia da Coruña

• Comarca: Betanzos

• Poboación: 1562 hab.

• Área: 68.6 km cadrados

• Densidade: 22.77 hab./km cadrados

• Entidades de poboación: 7 parroquias

• Capital do concello: Irixoa

• A viña: Limita coas parroquias de Ambroa,Irixoa e Mántaras e co concello de Monfero

• Ambroa: Limita coas parroquias de A Viña e Mántaras e cos concellos de Paderne, Miño, Vilarmaior e Monfero.

• Churío: Limita coas parroquias de Veris, Coruxou e Mántaras e co concello de Aranga.

• Coruxou: Limita coas parroquias de Churío e Mántaras e cos concellos de Coirós e Paderne.

• Irixoa: Limita coas parroquias de A Viña, Verís e Mántaras.

• Mántaras: Limita coas parroquias de Ambroa, A Viña, Irixoa, Verís, Churío e Coruxou e co concello de Paderne.

• Verís: Limita coas parroquias de Irixoa e Churío e cos concello de Aranga e Monfero.

Rios.

• Irixoa esta situada nunha zoa de especial proteccion de los valores naturais. Esta bañada por tres ríos o río Mandeo, o río Zarzo e o río Lambre.

• O río Mandeo drena o ayuntamento.

• O río Zarzo o alias rio pequeno ten unha das cascadas mais abrañandes de galicia en Veris.

• O río Lambre con unhas fragas impresionantes.

Historia.• Algúns historiadores sitúan a mítica cidade de Lambriga, tamén denominada

Lámbriaca ou Lambriaca, no lugar de Lambre, parroquia de Ambroa. Esta cidade foi arrasada no ano 130 antes de Cristo por oporse ao pretor romano Decio Lunio Bruto e posteriormente reconstruída co nome de Flavía Lambris, en honor a Tito Flavio Vespasiano. Esta teoría apoiase unicamente na toponimia do lugar.

• O territorio que abarca o municipio de Irixoa pertenceu dende a época medieval ao arciprestado d Pruzos, bispado de Santiago de Compostela. Nestes territorios, que se estendían dende o río Lambre ata o Mandeo, incluíndo tamén as parroquias de Paderne e Adragonte, exercían o seu poder os Condes de Lemos. Un xuíz, nomeado polo conde, ditaba xustiza dende o Pazo de Irixoa, hoxe capital municipal.

• O nome de Pazo de Irixoa parece deberse a que nese núcleo residía a xustiza da xurisdición de Pruzos, aínda que non hai constancia de ningún elemento arquitectónico que apoie esta teoría.

• As terras que comprende actualmente o termo municipal de Irixoa pertencían no Antigo Réxime á provincia de Betanzos,unha das sete do Antigo Reino de Galicia.

• Irixoa pasa a formar parte da provincia da coruña dende que o Decreto das Cortes do 27 de xaneiro de 1822 e o Real Decreto do 30 de novembro de 1833, dividen Galicia en catro provincias.

• Os primeiros partidos xudiciais créanse en 1820. Dende entón Irixoa pertence ao de Betanzos.

Lugares de interese.

HERMITA DE MANTARAS

Lugares de interese

IGREXA DA VIÑA

Lugares de interese.

Fervenza en Veris