3
Consellos para facer un traballo académico ¿Que é un traballo académico? Un traballo académico é unha investigación que o/a alumno/a realiza sobre un tema. Demostra a capacidade que tés para investigar, reflexionar en profundidade sobre un tema, estruturalo, presentalo e demostrar interese pola materia de estudo. Existen varios tipos de traballos académicos: 1. Un traballo sobre un libro determinado: despois de elixir o libro (un que vaia de acordo cos teus gustos persoais), infórmaste de todo o tocante ao autor, e á repercusión da obra. Le criticamente o libro, e presenta de modo ordenado os aspectos salientables do mesmo poñéndoos en relación cos contidos, neste caso filosóficos, que tocamos na aula. Apóiate nos apuntamentos ou en calquera obra (pide consulta á profesora) que poda serte útil para afondar nas relacións que existe entre esa obra e algún problema filosófico que esteamos a tratar na aula. 2. Un traballo de investigación sobre un tema: despois de elixir un tema (un que vos guste e do que podades atopar doadamente bibliografía), tedes que analizar e redactar unha presentación crítica da bibliografía que hai ao respecto, para logo expoñer a opinión persoal tras unha revisión exhaustiva. UN TRABALLO ACADÉMICO NON É: 1. Un resumo: un resumo é a forma abreviada dun texto orixinal; inténtase reflectir obxectivamente o que alí pon, sen que entren as nosas opinións ou valoracións, se non nolo piden explicitamente. 2. Unha recensión: unha recensión é unha síntese abreviada do contido dun libro ou artigo (obxectiva), cunha valoración crítica final (subxectiva) dos aspectos positivos ou negativos que apreciaches nel. Cómpre apoiarse noutras obras do mesmo autor ou obras xerais para elaborar a reflexión persoal. 3. Copiar e pegar: un traballo académico é unha investigación sobre un tema do que saes fondamente beneficiado/a ao realizala ti (vólveste un especialista sobre o tema, máis que se só estudaras os apuntamentos para o exame). Se copias e pegas o que outros investigaron notarase (sempre se nota), cabrearás á profesora (moito), e non aprenderás a facer traballos bos (e terás que facer moitos na Universidade). 4. ¡¡Baixar un traballo do Rincón do Vago!! Antes de empezar Escolle un libro ou tema que te guste (vas pasar moito tempo adicada/o a el), e do que podas atopar bibliografía. Le atentamente o libro ou libros. Colle notas, subliña, recaba información, pero non copies ao pé da letra. Se queres empregar unha cita

Consellos para facer un traballo académico

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Consellos para facer un traballo académico

Consellos para facer un traballo académico ¿Que é un traballo académico? Un traballo académico é unha investigación que o/a alumno/a realiza sobre un tema. Demostra a capacidade que tés para investigar, reflexionar en profundidade sobre un tema, estruturalo, presentalo e demostrar interese pola materia de estudo. Existen varios tipos de traballos académicos:

1. Un traballo sobre un libro determinado: despois de elixir o libro (un que vaia de acordo cos teus gustos persoais), infórmaste de todo o tocante ao autor, e á repercusión da obra. Le criticamente o libro, e presenta de modo ordenado os aspectos salientables do mesmo poñéndoos en relación cos contidos, neste caso filosóficos, que tocamos na aula. Apóiate nos apuntamentos ou en calquera obra (pide consulta á profesora) que poda serte útil para afondar nas relacións que existe entre esa obra e algún problema filosófico que esteamos a tratar na aula.

2. Un traballo de investigación sobre un tema : despois de elixir un tema (un que vos guste e do que podades atopar doadamente bibliografía), tedes que analizar e redactar unha presentación crítica da bibliografía que hai ao respecto, para logo expoñer a opinión persoal tras unha revisión exhaustiva.

UN TRABALLO ACADÉMICO NON É :

1. Un resumo : un resumo é a forma abreviada dun texto orixinal; inténtase reflectir obxectivamente o que alí pon, sen que entren as nosas opinións ou valoracións, se non nolo piden explicitamente.

2. Unha recensión : unha recensión é unha síntese abreviada do contido dun libro ou artigo (obxectiva), cunha valoración crítica final (subxectiva) dos aspectos positivos ou negativos que apreciaches nel. Cómpre apoiarse noutras obras do mesmo autor ou obras xerais para elaborar a reflexión persoal.

3. Copiar e pegar : un traballo académico é unha investigación sobre un tema do que saes fondamente beneficiado/a ao realizala ti (vólveste un especialista sobre o tema, máis que se só estudaras os apuntamentos para o exame). Se copias e pegas o que outros investigaron notarase (sempre se nota), cabrearás á profesora (moito), e non aprenderás a facer traballos bos (e terás que facer moitos na Universidade).

4. ¡¡Baixar un traballo do Rincón do Vago !! Antes de empezar Escolle un libro ou tema que te guste (vas pasar moito tempo adicada/o a el), e do que podas atopar bibliografía. Le atentamente o libro ou libros. Colle notas, subliña, recaba información, pero non copies ao pé da letra. Se queres empregar unha cita

Page 2: Consellos para facer un traballo académico

textual gárdaa, e cando a menciones faralo entrecomiñándoa (“”) e poñendo a fonte. Elabora un guión do que vai ser o teu traballo. Pono en orde e reformúlao tantas veces como sexa necesario. Esta é a parte máis importante, posto que un bo guión asegura un bo traballo. Partes dun traballo

1. A portada: debe conter alomenos o título do traballo (indicación clara do tema co menor número posible de palabras), nome do alumno/a que realizou o traballo, curso e materia.

2. Índice: é un listado dos contidos do traballo realizado coa indicación da páxina na que se atopa. Normalmente se procede numerándoos, comenzando polo 0. Introdución, e despois seguen os apartados (1;2;3;…); se queres introducir subapartados indicarías 1.1; 1.2;… e así sucesivamente.

3. Introdución : a introdución é a presentación do teu traballo, debe permitir ao lector facerse unha idea panorámica de todo o teu traballo. Porén deberíalo escribir ao final (aínda que vaia ao principio), unha vez que saibas o contido final do traballo.

4. Corpo do traballo ou desenvolvemento do tema : é a parte nuclear do teu traballo, e a máis persoal. Nel presentas unha tese (é dicir unha idea central que ti rastrexas no libro), e uns apartados nos que a desenvolves. É a parte de maior liberdade, posto que ti decides a que prestas importancia do libro ou do tema.

5. Conclusión : resume as ideas principais que investigaches, mostra a túa opinión persoal sobre o que aprendiches, sinala os logros obtidos, e tamén as dificultades que atopaches (mesmo as que non lograches superar)

6. Bibliografía : tés que poñer ¡sempre! as túas fontes de información (libros, artigos, páxinas de internet) ordenadas alfabeticamente e sen numerar.

Cousas a ter en conta…

• Coidado coas faltas de ortografía: falan moito de nós, do que lemos e sobre todo, de todo o que non lemos.

• Respecta os marxes e a presentación : normalmente se escribe con letra tipo Arial ou Times New Roman, aínda que aquí entra a orixinalidade de cada un, a tamaño 12 (non por moito agrandar a letra aumentan os contidos do traballo) e a dobre espazo de interliñado.

• O bo se breve, dúas veces bo: non botes rollo innecesario, é mellor a calidade que a cantidade.

• Coida a redacción: non estás a mandar un correo nin un sms. Evita as abreviaturas e a linguaxe coloquial.

• NON DEIXES O TRABALLO PARA O ÚLTIMO DÍA: planifica o teu traballo e o tempo do que dispós ben.

Page 3: Consellos para facer un traballo académico

¿Como se cita?

Hai varias formas de citar un libro, un artigo ou unha páxina web. En tal caso sempre deberás citar o apelido do autor, o ano de publicación, o título da obra (en cursiva se escribes a ordenador, subliñado se o fas a man), o lugar de publicación e a editorial.

Se citas un artigo non se pon en cursiva, aínda que ás veces vén entre comiñas (“”), e o que si vai en cursivas é o título da revista.

Se extraíches algunha información dunha páxina web, tés que citala. Velaí tés un exemplo de cómo se cita un libro, un artigo ou unha páxina

web: