Upload
satelite1
View
89
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
ENTROIDO 2016
Son moitas as promocións de alumnos/as que xa saíron do noso centro, e todos e cada un deles
conservan moitas e variadas lembranzas da súa etapa estudantil. Mais todos/as coinciden en que a
celebración de Antroiodo queda sempre gravada na súa memoria, acompañada por infinidade de
imaxes e instantáneas cheas de colorido e alegría.
Un ano máis chega o esperado Antroido, cos doces típicos e unhas merecidas e desexadas
vacacións, pero non sen antes celebrar un espectacular desfile de disfraces. “Culturas do Mundo” é a
temática elixida nesta ocasión, cun achegamento no que predomina o continente americano. Música,
bailes, actuacións en directo, aplausos e moitas risas. Infantil da o inicio ao festival co seu número “Que
veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor”, seguidos dos “Vaqueiros de primaria” (1º
2 º EP), os “Indios taínos” (3º e 4º EP) e finalizando cunha divertidísima regueifa mexicana dos
rapaces/zas de 5º e 6º de EI titulada “Rifa de Namorados”.
Acto seguido dan paso as actuacións de secundaria introducidas polo xa coñecido “Desfile do
Dragón” (1º ESO), un interesante e educativo desfile que fai un minucioso repaso desde os albores da
civilización ata o nosos días bautizado “Comecemos desde o principio” (2º da ESO), a obra teatral
“Mandarina” do alumnado de 3º da ESO, que vén sendo unha segunda parte da divertida saga familiar
“Noiteboa” interpretada no pasado festival de Nadal. O broche final o pon o alumnado de 4º da ESO co
seu número circense cheo de malabarismos e cabrioletas “O circo ía e viña”.
Chegan os premios, moitos e variados, e para deixarnos a todos un bo sabor de boca
rematamos coa esperada degustación de chocolate quente, churros, rosquillas e outros doces típicos do
Antroido.
PREMIOS ENTROIDO 2016
Educación Infantil Premio pola actuación ás dúas aulas de infantil.
Educación Primaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupos de 5º e 6º.
Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupos de 3º e 4º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupos de 1º e 2º.
Educación Secundaria Premio aos mellores disfraces outorgado a: Grupo de 1º .
Premio á actuación máis orixinal outorgado a: Grupo de 2º. Premio aos máis divertidos outorgado a: Grupo de 3º. Premio á mellor actuación outorgado a: Grupo de 4º.
Infantil: Que veñen os indios monferinos procedentes da tribu do tambor
1º e 2º EP: Os vaqueiros de primaria
3º e 4º EP: Indios tainos
“Rifa de namorados”, 5º e 6º EP
5º e 6º EP: Mexicano “Rifa de namorados”
1º ESO: O dragón do Xestal
2º ESO: Comecemos desde o principio
3º ESO, “Mandarina Teatro”
3º ESO: Mandarina
4º ESO: O circo ía e viña