11
DIARIO DE EVA Unha muller maltratada Iván

Diario De Eva

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Diario De Eva

DIARIO DE EVA

Unha muller maltratada

Iván

Page 2: Diario De Eva

DIARIO DE EVA

• 17 de agosto: Día especial

Hoxe Anxo, o meu querido Anxo, tróuxome rosas, un ramo de fermosas rosas. Sabe que me gustan e sempre está no detalle. Canto o quero! E el a min, non teño ningunha dúbida.

Page 3: Diario De Eva

• 18 de agosto: Día triste Son unha torpe. Queimei a

comida. Anxo enfadouse con razón e berroume. Penso que estaba celoso porque me dixo que con quen andaba en vez de atender á cociña. Respondín que estaba soa, pero teimou en que algo andaba facendo con alguén. Dixo que xa non o quería. Como non ei querelo ? É a luz dos meus ollos!. Estou triste porque el enfadouse e aínda non volveu.

DIARIO DE EVA II

Page 4: Diario De Eva

DIARIO DE EVA III

Día 19 de agosto Anxo volveu tarde e eu,

sempre metendo a pata, boteillo na cara, porque estaba preocupada, pero seguía cabreado polo da comida e díxome que non era quen para pedir explicacións, que calara dunha vez. Claro, non sei calar e insistín. Deume unhas labazadas pero tiña razón, nunca sei facer as cousas ben. Que me custaba calar?

Page 5: Diario De Eva

DIARIO DE EVA IV

• 20 de agosto: Día especial

Anxo xa me perdoou. Son feliz, feliz! Regaloume un anel precioso e iso que teño varios, pero o meu home é así, xeneroso, todo amor para min, só para min.

Page 6: Diario De Eva

DIARIO DE EVA V

• 21 de agosto. Día tristeFun tomar un café con Tania. Anxo non quere que salga da casa sen el, pero Tania tentoume e Anxo, como é natural, enfadouse moito, chamoume de todo e con razón, pero como me puxen chula escapóuselle a man e levei unha puñada, non foi nada, só un golpiño, pero o sangue asustoume moito.

Page 7: Diario De Eva

DIARIO DE EVA VI

• 22 de agosto. Día especialImos ir de vacacións a Grecia! Estou que salto, sempre quixen coñecer Grecia e o meu amor vaime levar o mes que ven. Xa ten as reservas e estivemos a mirar xuntos imaxes en internet. Que bonito é todo! Poucas mulleres teñen un home como o meu.

Page 8: Diario De Eva

DIARIO DE EVA VI

• 25 de agosto. Estiven uns días sen escribir. Estiven no hospital. Foi unha caída desas bobas. Discutimos. Anxo empurroume e tiven mala sorte, din contra a esquina do chinero e fixen unha fenda na cabeza. Non era grave pero os médicos dixeron que era mellor que estivera internada por se pasaba algo.

Page 9: Diario De Eva

DIARIO DE EVA VII

• 26 de agostoComo me apañarei para non parar de meter a pata? Volvín enfadar a Anxo, moito, moito. Esta vez bateume ben, estaba cego! Non podo case respirar, dóeme todo ..... Teño que fixarme máis nas cousas, non está ben que ....Estou moi cansa.

Page 10: Diario De Eva

• 27 de agosto

Non hai nada escrito. Eva morreu ás 7:00 horas dun día que debía ter sido ?

DIARIO DE EVADIARIO DE EVA

Page 11: Diario De Eva