Upload
alcoipontevedra
View
481
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Preparamos o noso tema. fonte Xeografía 3º ESO. Oxford Educación
Citation preview
CIENCIAS SOCIAIS – 3º ESO
A ECONOMÍAA economía ocúpase da adimistración ou do emprego dos recursos existentes co fin de satisfacer as necesidades que teñen as persoas e os grupos humanos.
A palabra economía procede do grego oikós (casa) e nomela (ciencia).
TIPOS: • Estuda a economía dunha zona
atendendo a indicadores económicos globais (emprego ou consumo dun país, dunha sociedade ou dunha área xeográfica,…)
MACROECONOMÍA
• Estuda os indicadores económicos relacionados cos individuos, con grupos de persoas, con empresas,…MICROECONOMÍA
OS BENS ECONÓMICOS
DEFINICIÓN: As persoas producen bens económicos para satisfacer as súas necesidades, estes poden ser:
PRODUTOS: son obxectos materiais (naturais ou elaborados polas persoas)
SERVIZOS: son tarefas que se realizan en beneficio da sociedade (comercio, sanidade, transporte, educación,…)
TRAZOS DOS BENS ECONÓMICOS
BENS ECONÓMICOS
Mércanse e
véndense
Destínan-se ao
consumo
Son limitados e
pódense esgotar
AS ACTIVIDADES ECONÓMICASAs actividades económicas son aquelas que producen bens económicos (produtos e servizos) empregando diferentes recursos, que se denominan factores de produción. Estes factores son os seguintes:
RECURSOS NATURAIS
• Proporciónaos a natureza.
• Terra, auga, especies vexetais e animais.
RECURSOS HUMANOS
• Son as persoas que achegan o seu traballo, froito do seu esforzo, coñecementos e experiencia.
• Chamado capital humano ou traballo
CAPITAL
• É un factor de produción
• Diñeiro, materias primas, instalacións, maquinaria.
ALGUNHAS PRECISIÓNS:
A miúdo distínguese entre “capital fixo” (edificios, maquinaria, vehículos, …) e “capital circulante” (diñeiro e materias primas).
As actividades económicas agrúpanse en sectores: primario, secundario e terciario.
Sistemas Económicos
Planificados ou socialistas: o estado é
propietario da meirande parte dos factores de
produción e decide como debe funcionar a
economía
Intervencionistas ou centralizados: os
gobernos adoptan medidas e aplican leis
que afectan á produción, ás actividades
económicas, aos prezos,…
Economía de mercado ou sistema capitalista: é o
predominante na actualidade.
A ECONOMÍA DE MERCADO. A OFERTA E A DEMANDA
A ECONOMÍA DE MERCADO é o sistema no que as persoas e as empresas, mercan bens e servizos libremente , sen intervención do Estado ou dos gobernos, aínda que na práctica os gobernos interveñen en maior ou menor medida a través da política económica.
O MERCADOÉ o medio onde se intercambian bens e servizos e se determinan os seus prezos. Para que funcione cómpre que existan outros dous elementos relacionados entre sí:
A OFERTA: é o conxunto de bens e servizos que se poñen á venda; reflicte o comportamento dos vendedores.
A DEMANDA: é o conxunto de bens e servizos que os consumidores están dispostos a mercar por un determinado prezo.
Os prezos dos bens e servizos están determinados pola oferta e pola demanda.
OS AXENTES ECONÓMICOSPara que unha economía de mercado funcione é imprescindible que se poñan en marcha persoas, grupos humanos e institucións. Todos eles son os axentes económicos, que están relacionados entre sí, e poden clasificarse en dous grandes grupos:
Pode estar constituída por un só individuo ou por unha comunidade de persoas.
A familia como axente económico tamén se coñece como fogar ou economía doméstica.
FAMILIAÉ unha organización cuxo fin é producir bens e servizos para obter un beneficio económico.
Pode pertencer a unha persoa ou a varias.
EMPRESA
AS FAMILIAS E A ECONOMÍADesde o punto de vista económico, as familias desempeñan unha dobre función:
Proporcionan factores de produción
Son consumidoras de bens e servizos.
A actuación das familias é tan importante que se reflicte no IPC (índice de prezos ao consumo).
Achérganlles traballadores ás empresas, invisten os salarios. O conxunto de ingresos e gastos da familia constitúe o seu orzamento.
AS EMPRESASSon as encargadas de obter os bens e servizos que se ofrecen no mercado. O empresario é a persoa que dirixe a organización, pode ser ou non o propietario. Polo xeral, as empresas que pertencen a varios individuos denomínanse SOCIEDADES; os seus propietarios chámanse accionistas.
A súa vez as empresas teñen gastos e os ingresos da empresa proceden dos seus produtos ou servizos, se estes son maiores ca os gastos, entón dise que a empresa obtivo beneficios.
O MUNDO DO TRABALLOTRABALLADORES E RECURSOS HUMANOS
Os recursos humanos dunha empresa constitúen un factor de produción esencial. O mundo do traballo inclúe as relacións do traballador coa empresa.Na economía capitalista, a maioría dos traballadores están sometidos as leis do mercado; de aí que se fale de mercado de traballo ou mercado laboral. No mercado de traballo a mercadoría é o traballo da persoa e o seu prezo o salario.
Para as familias, o emprego ou desemprego (paro) dos seus membros é moi relevante porque os salarios son, en xeral, a parte máis importante dos ingresos da economía doméstica.
CAMBIOS NO MUNDO DO TRABALLOAo longo da historia, o mundo do traballo experimentou numerosos cambios. As características que presenta nas economías de mercado actuais son as seguintes:
Aumentou o desemprego en todo o mundo, esta situación aféctalles en maior proporción ás mulleres.
As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), é dicir, as telecomunicacións (telefonía móbil, televisión, internet,…), a informática e a electrónica (ordenadores, programadores) revolucionaron a produción nas empresas, a presentación dos seus produtos e as tarefas que desempeña o traballador.
CAMBIOS NO MUNDO DO TRABALLO Os traballadores están cada vez máis
cualificados.
En xeral, as empresas teñen máis facilidades para despedir os seus empregados e contratar outros.
As condicións de traballo melloraron grazas á lexislación laboral e aos acordos entre os axentes sociais.
Continúan existindo desigualdades entre homes e mulleres.
Pola contra en amplas rexións do mundo prodúcese explotación laboral e permítese o traballo infantil.
AS TIC NAS EMPRESASAs TIC convertéronse nunha ferramenta esencial para as empresas que queren presentarlles os seus produtos ou servizos aos clientes e conseguir incrementar as súas vendas. Así, por exemplo:
O correo electrónico permite enviarlles toda a información e comunicación aos clientes.
Unha páxina web onde expoñer os produtos ou servizos que se ofrecen.
Un sistema de xestión de clientes informatizado axuda a coñecer mellor os clientes, analizando os seus hábitos e o seu historial de compras.
A GLOBALIZACIÓN DA ECONOMÍANo mundo actual, os países están relacionados entre sí. Dependen uns doutros en gran medida e as súas economías están integradas, de xeito que forman parte dun sistema económico de libre mercado de enormes dimensiones.O actual procede de integración mundial recibe o nome de globalización e presenta as seguintes características:
1. Os medios de comunicación e as TIC favoreceron a creación dun mercado mundial.
2. O proceso de produción das empresas tamén se globalizou. Unha mesma organización ( denominada multinacional) reparte as súas actividades entre diversos países del mundo para reducir custos e obter maiores beneficios (deslocalización).
3. O proceso de globalización está promovido por numerosos estados e organismos internacionais. Os países crearon dous tipos de bloques de integración económica: áreas de libre mercado e mercados comúns.
A GLOBALIZACIÓN DA ECONOMÍA
Os países que forman parte dunha área de libre comercio suprimen os aranceis nos intercambios comerciais entre eles. Nos mercados comúns tamén suprimen os aranceis; ademais permítese a libre circulación de persoas e capitais entre os países asociados.
A GLOBALIZACIÓN DA ECONOMÍAPola súa banda, organismos internacionais como a Organización Mundial do Comercio (OMC) promoven o libre mercado entre os seus membros. A Organización das Nacións Unidas (ONU) tamén favorecen a globalización económica a través dalgunhas institucións:
O Banco Mundial loita contra a pobreza proporcionándolles préstamos e asesoramento económicos aos países en vías de desenvolvemento.
O Fondo Monetario Internacional (FMI) promove a cooperación económica e as relacións comerciais intentando previr as crises e os desequilibrios
Nunha economía interdependente, os acontecementos dos países máis ricos afétanlle a todo o mundo.