33
os nomes dos elementos químicos

Elementos químicos científicos

Embed Size (px)

Citation preview

os nomes doselementosquímicos

64 Gd

Gadolinio

96 Cm

Curio

99 Es

Einstenio

100 Fm

Fermio

101 Md

Mendelevio

102 No

Nobelio

112 Cn

Copernicio

116 Uuh

Flyorovium?

103 Lr

Laurencio

107 Bh

Bohrio

109 Mt

Meitnerio

104 Rf

Rutherfordio

111 Rg

Roentxenio

106 Sg

Seaborxio

ELEMENTOS QUÍMICOS ADICADOS AOS CIENTÍFICOS

COPERNICIOcopernicio, copernicium, copernicium, copernício

SÍMBOLO: Cn Nº ATÓMICO:

112GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: solido?O isótopo 285 ten unha vida media de 0,24 milisegundos.É o máis pesado da táboa periódica (277 veces máis que o hidróxeno).

COMO SE OBTÉN

En aceleradores de partículas

USOS Investigación

HISTORIA Descuberto en 1996 polo GSI de Darmstadt.

CURIOSIDADES O nome é en honra a Nicolás Copérnico. Antes chamábase ununbio (Unb)

Nicolás CopérnicoNicolás CopérnicoPolonia, 19-2-1473/24-5-1543.

Era matemático, astrónomo, xurista, físico, clérigo católico, gobernador, administrador, líder militar, diplomático e economista. Un crater da Lúa leva o seu nome.

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Foi o astrónomo que deseñou a primeira teoría heliocéntrica do Sistema Solar.-A súa obra principal De revolutionibus orbium coelestium (Sobre as revolucións das esferas terrestres), froito de 25 anos de traballo, publicouse despois da súa morte.

GADOLINIOgadolinio, gadolinium, gadolinium, gadolínio

SÍMBOLO: Gd Nº ATÓMICO: 64 GRUPO: lantánidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoPunto de fusión: 1.312 ºCPunto de ebulición: 3.000 ºCDensidade: 7,88Cor branco prateado, brillante, dúctil, maleable e ferromagnético.

ONDE SE ATOPA Minerais: batsnasita, monacita

COMO SE OBTÉN Intercambio iónico e extracción en solvente, ou por reducción do seu fluoruro anhidro con calcio

USOS -aliaxes con ferro e cromo-barras de control para reactores nucleares-fósforos paras as televisións, lámpadas fluorescentes, cristais, discos compactos, memorias de computadoras, axente de contraste en resonancia magnética, microondas...

HISTORIA Descuberto en 1880 por Jean Charles Galissard de Marignac

CURIOSIDADES O nome é en honra ao científico sueco J. Gadolin. É tóxico.

Joan GadolinJoan GadolinTurku, 5-6-1760/15-8-1852

Químico, físico, mineraloxista e profesor finlandés. Un mineral leva o seu nome (gadolinita). Foi un dos primeiros químicos que fixeron exercicios de laboratorio cos estudantes.

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Descubriu o itrio.-Fundou a investigación química finlandesa-Demostrou que un mesmo elemento pode amosar varios estados de oxidación.

gadolinita

NOBELIOnobelio, nobélium, nobelium, nobélio

SÍMBOLO: No Nº ATÓMICO:

102GRUPO: actínidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoMetálico, radioactivo.

COMO SE OBTÉN sintético: bombardeando curio con ións carbono.

USOS investigación

HISTORIA Identificado por primeira vez na Universidade de Berkeley (California) en 1958 por Albert Ghiorso, Glenn T. Seaborg, John R. Walton e Torbon Sikkeland. Bombardearon curio con ións carbono. Máis tarde foi confirmado polo equipo de Dubna (Rusia). Tamén foi sintetizado por un equipo sueco.

CURIOSIDADES O nome é en honra a Alfred Nobel. Antes chamábase unnilbio.

(Estocolmo, 1833- San Remo, 1896).

Inventor e químico sueco creador dos premios Nobel. Principais contribucións á ciencia:máis de 350 patentes, especialmente no campo dos explosivos.1863: conseguiu controlar mediante un detonador as explosións da nitroglicerina1867: dinamita1875: gelignita1887: balistita (pólvora sen fume)

Alfred Bernhard NobelAlfred Bernhard Nobel

MENDELEVIOmendelevio, mendelevium, mendélévium,

mendelévio

SÍMBOLO: Md Nº ATÓMICO:

101GRUPO: actínidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoPunto de fusión: 827 ºC

COMO SE OBTÉN

sintético

USOS investigación

HISTORIA Sintetizado por primeira vez por Albert Ghiorso, Glen T. Seaborg, Bernard G. Harvey e Greg Choppin, no ciclotrón do laboratorio da Universidade de Berkeley.

CURIOSIDADES O nome é en honra ao creador da Táboa Periódica dos elementos químicos, o ruso Dimitri Mendeleyev. Antes chamábase unnilunio.

Dmitri Ivanovich MendeleyevDmitri Ivanovich MendeleyevTobolsk, 8-2-1834; San Petesburgo, 2-2-1907.

Químico ruso, PRINCIPAIS CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-En 1869 publicou “Principios da química” no que desenvolveu a teoría da táboa periódica dos elementos. En 1972 volveu a publicar outra máis completa.Naquela época coñecíanse 63 elementos dos 92 existentes na natureza. Clasificounos por orde crecente das masas atómicas e situou no mesmo grupo os que tiñan propiedades comúns.-Realizou numerosos investigacións en agricultura, gandería, industria, refino de petróleo...

ROENTXENIOroentgenio, roentgenium, roentgenium,

roentgénio

SÍMBOLO: Rg Nº ATÓMICO:

111GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?Ten unha vida moi curta (15 milisegundos).

COMO SE OBTÉN

En laboratorios, bombardeando follas de bismuto con ións de níquel.

USOS Investigación

HISTORIA Descuberto en 1994 polo equipo de Darmstadt (Alemania).

CURIOSIDADES Púxoselle o nome en honra a Wilhem Conrad Röntgen, premio Nóbel de Física descubridor dos raios X. Antes chamábase ununio ou deka-ouro (pola semellanza co ouro).

Wilhem Conrad Wilhem Conrad RöntgenRöntgen

Remscheid, 27-3-1845/10-2-1923

Físico alemán, profesor e investigador. Premio Nobel de Física en 1901. A unidade de medida da exposición á radiación redibe o seu nome.

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Estudos da calor específica dos gases (1870)-Condutividade térmica dos cristais.-Descubrimento dos raios X (1895).

CURIOcurio, curium, curium, cúrio

SÍMBOLO: Cm Nº ATÓMICO:

96GRUPO: actínidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoPunto de fusión: 1.345 ºCPunto de ebulición: 3.109,85 ºCDensidade: 13.5Cor branca prateada, brillante, maleable. Moi radioactivo. Brilla na escuridade.

COMO SE OBTÉN Sintético. Bombardeando plutonio con partículas alfa (ións de helio).

USOS -fonte de enerxía portátil: marcapasos coronarios, instrumentos para misións en lugares remotos (Lúa...)

HISTORIA Sintetizado por primeira vez na Universidade de Berkeley (California) e por por Glenn T. Seaborg, Ralph A. James e Albert Ghiorso en 1944

CURIOSIDADES O nome é en honra a Pierre e Marie Curie. É tóxico e radioactivo. Acumúlase na médula ósea.

Pierre e Marie CuriePierre e Marie Curie

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Investigacións sobre os materiais radioactivos, en particular un composto do Uranio, a pechblenda. Descubriron dous novos elementos: polonio e radio.A unidade de medida da actividade radioactiva (curio) leva o seu nome. Tamén o asteroide 7.000 e un cráter de Marte.

Pierre CuriePierre Curie

París, 15-5-1859/19-4-1906

Físico francés, casado con Marie Curie. Descubriu a piezoelectricidade e estudou o magnetismo e a radioactividade. Premio Nobel de Física en 1903 xunto con Marie e Becquerel.

Maria Skłodowska Maria Skłodowska Marie CurieMarie Curie

Varsovia-Polonia, 7-11-1867; Sancellemoz-Francia, 4-7-1934

En 1891 trasladouse a estudar Física e Química a París. En 1895 casou con Pierre Curie. Foi a primeira muller profesora na Universidade de París e a primeira persoa en recibir dous Premios Nobel: xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física, e en 1911 o de Química polos seus traballos sobre o radio.

RUTHERFORDIOrutherfordio, rutherfordium, rutherfordium, rutherfórdio

SÍMBOLO: Rf Nº ATÓMICO: 104 GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?Moi radiactivo. O isótopo máis estable é o Rf 265, cunha vida media de 13 horas.

ONDE SE ATOPA

Elemento sintético

COMO SE OBTÉN

Os rusos obtivérono bombardeando plutonio con ións de neón acelerados. Os americanos fíxérono con californio e carbono.

USOS investigación

HISTORIA Sintetizado por primeira vez en 1964 en Dubna (Rusia).

CURIOSIDADES Antes chamábase kurchatovio e unnilquadio.O nome foi escollido para honrar a Ernest Rutherford

Ernest RutherfordErnest RutherfordNova Celandia (30-8-1871); Reino Unido, 19 -10- 1937)

Físico e químico que se especializou no estudo das partículas radioactivas. Premio Nobel de Química en 1908CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Clasificou as partículas radioactivas en alfa, beta e gamma.-Descubriu que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos.-Modelo atómico. Probou a existencia do núcleo atómico no que se reúne toda a carga positiva e case toda a masa do átomo.-Conseguiu a primeira trasmutación artificial (en colaboración con Frederick Soddy)-Dirixeu os Laboratorios Cavendish de Cambrige, onde se descubriu o neutrón.

EINSTENIOeinstenio, einsteinium, einsteinium, einstênio

SÍMBOLO: Es Nº ATÓMICO:

99GRUPO: actínidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoPunto de fusión: 860 ºCDensidade: 8,84 Aspecto metálico prateado. Altamente radioactivo.

COMO SE OBTÉN

sintético, bombardeando plutonio-239 con neutróns

USOS investigación

HISTORIA Descuberto en 1952 nos restos da primeira explosión termonuclear no Pacífico, realizada un mes antes, polo equipo de investigadores formado por G. R. Choppin, A. Ghiorso, B. G. Harvey e S. G. Thompson do laboratorio dos Álamos.

CURIOSIDADES O nome é en honra a Albert Einstein

Albert EinsteinAlbert EinsteinUlm-Gutemberg (Alemania), 14-3-1875; Princeton (Estados Unidos), 18-4-1955.

Está considerado o científico máis importante do século XX. Abreu o camiño para moitas investigacións posteriores. Premio Nobel de Física en 1921. PRINCIPAIS CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-1905: Movemento browniano, Efecto Fotoeléctrico, Teoria da Relatividade Especial, equivalencia masa-enerxía (E=m.c2).-1915: Teoría da Relatividade Xeral.-1924: Estatística Bose-Einstein (xunto con físico indio Satyendra Nath Bose)-1950: Teoría de Campo Unificada.

MEITNERIOmeitnerio, meitnerium, meitnerium, meitnério

SÍMBOLO: Mt Nº ATÓMICO:

109GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?O seu isótopo máis estable ten unha vida media de 3,4 ms.

COMO SE OBTÉN

En aceleradores de partículas

USOS Investigación

HISTORIA Sintetizado por primeira vez en 1982 por un equipo do GSI de Darmstadt (Alemania) dirixido por Peter Armbruster e Gottfried Münzenberg.

CURIOSIDADES Antes chamábase unnilennio.O nome é en honra á á matemática e física Lise Meitner.

Lise MeitnerLise MeitnerViena, 7-11-1878; Cambridge, 27-10-1968

Física austríaca

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Estudou a radioactividade xunto con Otto Hahn e Max Planck.-Descubriu o protoactinio en 1918-En 1923 descubriu a transición non radioactiva (Efeto Auger)-Estudou a fisión nuclear

BOHRIObohrio, bohrium, bohrium, bóhrio

SÍMBOLO: Bh Nº ATÓMICO:

107GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?O isótopo máis estable, Bh-262 ten unha vida media de 102 minutos.

COMO SE OBTÉN Aceleradores de partículas

USOS Investigación

HISTORIA En 1976 un equipo de Dubna dirixido por Yuri Organessian detectou un isotopo. Sintetizado e identificado en 1981 por un equipo alemán dirixido por P. Armbruster y G. Müzenberg.

CURIOSIDADES Antes chamábase uninilseptium e desde 1997 chámase bohrio en honra a Niels Bohr. Tamén se coñece como eka-rhenio.

Niels Niels Henrik David BöhrHenrik David Böhr

Niels Bohr (dereita) e Albert Einstein. 1930.

Copenhage-Dinamarca, 7-10-1885/ 18-11-1962

Científico dinamarqués que fixo importantes contribucións para o coñecemento da estrutura atómica. Premio Nobel de Física en 1922.PRINCIPAIS CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Modelo atómico de Bohr-Estudo das órbitas dos electróns-Relación entre as propiedades químicas dos elementos e a estrutura das órbitas exteriores do átomo.-Fotóns: caída dun electrón dunha órbita de maior enerxía a unha de menor (cuantos de luz), base da teoría cuántica.

LAURENCIOlaurencio, lawrencium, lawrencium, lauréncio

SÍMBOLO: Lr Nº ATÓMICO:

103GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?Está situado na fila dos actínidos por ter semellanzas con eles.

COMO SE OBTÉN No laboratorio, bombardeando átomos de californio con núcleos de boro.

USOS Investigación

HISTORIA Descuberto en 1961 no laboratorio de Radiación Lawrence da Universidade de California por Albert Ghiorso, A.E. Larsh, R.M. Latimer e T. Sikkeland.

CURIOSIDADES Antes chamábase unnitrio. Puxéronlle o nome en honra a ao físico estadounidense Ernest Orlando Lawrence, inventor do ciclotrón.

Ernest Orlando LawrenceErnest Orlando Lawrence

Dakota do Sur, 8-8-1901; California, 27-8-1958

Físico, investigador e profesor estadounidense, Premio Nobel de Física en 1939.

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Investigacións en Enerxía Nuclear-Invención e mellora do ciclotrón (acelerador de partículas cargadas).-Separación de isótopos de Uranio

FERMIOfermio, fermium, fermium, férmio

SÍMBOLO: Fm Nº ATÓMICO:

100GRUPO: actínidos

PROPIEDADES Estado físico: sólidoPunto de fusión: 1.527 ºCRadioactivo. Ten unha vida media de 80 días.

COMO SE OBTÉN

sintético

USOS investigación

HISTORIA Foi illado en 1952 a partir dos restos dunha explosión dunha bomba de hidróxeno por Albert Ghiorso e o seu equipo. Máis tarde fíxose nun reactor nuclear bombardeando plutonio con neutróns e nun ciclotrón bombardeando uranio 238 con ións de nitróxeno.

CURIOSIDADES O nome é en honra ao físico nuclear Enrico Fermi, estadounidense de orixe italiana.

Enrico FermiEnrico Fermi

Roma, 29-9-1901; Chicago, 28-11-1954.

Físico italiano. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1938 polos seus traballos sobre radioacctividade inducida. PRINCIPAIS CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Creación do primeiro reactor nuclear-Desenvolvemento da teoría cuántica, a física nuclear e de partículas e a mecánica estatística.

SEABORXIOseaborgio, seaborgium, seaborgium, seabórgio

SÍMBOLO: Sg Nº ATÓMICO: 106 GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?

O seu isótopo máis estable é o Sg-271 cunha vida media de 2,5 minutos.

COMO SE OBTÉN

sintético

USOS investigación

HISTORIA Descuberto en 1974 na universidade de Berkeley (California) por un equipo dirixido por Albert Ghiorso; e no instituto de Dubna (Rusia) por Georgii Flerov.

CURIOSIDADES Antes chamábase unnilhexio.O nome é en honra a ao químico que participou no seu descubrimento.

Glenn Theodore SeaborgGlenn Theodore Seaborg

Michigan, 19-4-1912; California, 25-2-1999.

Químico estadounidense, investigador e profesor. Gañador do Premio Nobel de Química en 1951. CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Descubrimento e illamento de dez elementos químicos (en colaboración con outros científicos): plutonio, americio, curio, berquelio, californio, einstenio, fermio, mendelevio, nobelio e seaborxio.-Desenvolvemento do concepto de elemento actínido e proposición da serie dos actínidos na táboa periódia dos elementos químicos.-Desenvolveu máis dun centenar de isótopos atómicos.-Sistemas para a detección de tumores (ex: iodo 131 para as enfermidaes do tiroide)

UNUNHEXIOununhexio, ununhexium, ununhexium,

ununhéxio

SÍMBOLO: Uuh Nº ATÓMICO:

116GRUPO: metais de transición

PROPIEDADES Estado físico: sólido?

COMO SE OBTÉN

No laboratorio, bombardeando Cm-249 con ións Ca-48.

USOS Investigación

HISTORIA Creado no Instituto Conxunto para a Investigación Nuclear de Dubna (Rusia) en 2000 e 2001.

CURIOSIDADES O nome deriva do latín, un, un, seis.Está proposto o nome de "Flyorovium" (Fl) - en honra a G. N. Flyorov, director do grupo que sintetizou os elementos do 102 ao 110.

Georgy Georgy NikolayevichNikolayevich FlyorovFlyorov

Rostov-on-Don, 2-3-1913/19-11-1990

Físico nuclear soviético, especializado en física térmica e nuclear.

CONTRIBUCIÓNS Á CIENCIA:-Fundou o Laboratorio de Reaccións Nucleares en Dubna (1957)-Descubrimento do seaborxio e bohrio.-Desenvolvemento da enerxía nuclear na U.R.S.S.

Departamentode Ciencias

1 ESO

Fotos:Wikipedia