34
Río do Castro

Espazo natural Río do Castro

Embed Size (px)

Citation preview

Río do Castro

O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte.

SUPERFICIE: 76,9 haTIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.

RÍO CASTRONace no monte Escaleira (Vimianzo), recolle as augas de parte dos concellos de Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee e, despois de 30 km de percorrido, desemboca formando a pequena ría de Lires. Fai de linde entre os concellos de Muxía, Cee, Dumbría e Vimianzo.

O río Castro arriba das Caldeiras

FERVENZA DAS CALDEIRAS (CALDEIRAS DO CASTRO)Na parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía.O río do Castro cae nun desnivel de 8 m en rochas graníticas. Hai un mirador acondicionado para vela.

Nas proximidades atópase unha área recreativa e unha capela.

As Caldeiras na primavera

As Caldeiras no verán

Rio Castro en Mintiráns

Rio Castro en Mintiráns

Rio Castro en Mintiráns

Rio Castro en Mintiráns. Pasal e porto.

Rio Castro en Mintiráns. Pasal e porto.

Rio Castro na Pontenova

Rio Castro na Pontenova

FLORAAo longo do curso do río consérvanse bosques de galería con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, avelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos...

Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pe de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga...

Molinia caerulea

Molinia caerulea

Senecio nemorensis

Avelao (Hypericum androsaemum)

Herba salgueira, chuchamel (Lonicera periclymenum)

Centaurea nigra

FAUNAA fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, anguía...), réptiles (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxas...), lesmas, caracois, sapos, arañas, insectos...

Patinador (Gerris lacustris)

Abella nun senecio

Candil curvado (Onychogonphus uncatus)

Bolboreta (Inachis io) alimentándose nun mentraste

Ra patilonga (Rana iberica)

Pimpin (Fringilla coelebs)

MONTAXE E FOTOGRAFÍAS: Adela Leiro, Mon Daporta (Xuño 2012)