24
21 de marzo DÍA DA POESÍA ALGUNHAS TÉCNICAS PARA CREAR POESÍA. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. CEIP LÓPEZ FERREIRO. CURSO 2014-15.

Estratexias para crear poesía 1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Estratexias para crear poesía 1

21 de marzo DÍA DA POESÍA

ALGUNHAS TÉCNICAS PARA CREAR POESÍA. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA.

CEIP LÓPEZ FERREIRO. CURSO 2014-15.

Page 2: Estratexias para crear poesía 1

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»

(http://www.edu.xunta.es/biblioteca/)

Todos os exemplos dos poemas que aparecen a continuación, proceden de libros existentes na biblioteca do CEIP López Ferreiro.

Page 3: Estratexias para crear poesía 1

POR ONDE EMPEZAR?

• É probable que che xurdan ideas para escribir un conto, para contar unha historia, para expresar unha información, pero… Como expresar unha idea cunha linguaxe poética?

• Con algunha destas técnicas, comprobarás que todos levamos un poeta ou unha poetisa agochados.

• Que che parece se empezamos?

Page 4: Estratexias para crear poesía 1

TÉCNICAS DE REPETICIÓN.

• A repetición (dunha frase, dun retrouso, dunha palabra, de preguntas, dunha onomatopea...), é un dos recursos máis empregados na linguaxe poética

• Esta técnica dálle ao poema ritmo, inquietude , alegría ou dramatismo segundo os casos. E na lectura, permite realizar exercicios de modulación de voz, ata ir creando intensidade na recitación.

Page 5: Estratexias para crear poesía 1

Repetición dunha frase ou pregunta. Neste caso García Teijeiro usa unha

pregunta para marcar un ritmo que

dá impresión de cansazo.

Polo camiño amarelo A onde?

Polo camiño vermello A onde?

Polo camiño do ceo A onde?

Polo camiño do vento A onde?

Estou canso e teño sono

Sento aquí para agardar

a chegada do

Outono. A. García Teijeiro: As catro estacións.

Para seguir esta técnica, pensa nunha pregunta e tenta contestala. Volve a formular a pregunta e respóstaa. Se inventas un final sorprendente…Composición feita!

E onde vas? Vou ao río. E onde vas?

Vou ás estrelas. E onde vas?

Vou aos planetas. E onde vas?

Vou aos camiños. E onde vas?

Vou aos océanos. E onde vas?

E de quen es?

Son dun sono…

Page 6: Estratexias para crear poesía 1

REPETICIÓN DUNHA ONOMATOPEA

Uú-Uú,

Un moucho vai en autobús.,

Uú-Uú,

Leva un traxe azul de plumas.

Uú-Uú,

E de manicura, as uñas.

Uúuuuuuu…!

Gloria Sánchez : Rimas con letra.

Trátase dunha técnica moi similar á anterior, pero coas onomatopeas conséguese un maior ritmo e musicalidade.

Chis-chis, cantaba o martelo. Chis-chis, debaixo do medo.

Chis-chis, no tempo das pipas. Chis-chis, xogaba ás canicas.

Page 7: Estratexias para crear poesía 1

Repetición dun retrouso A dama que ía no branco cabalo levaba un pano de seda bordado.

Na verde fror As letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negro levaba unha fita colléndolle o pelo.

Na verde fror As letras van de amor!

No meio do río cambiaron as vistas, el para o pano i ela prá fita.

Na verde fror As letras van de amor!

Álvaro Cunqueiro.

• Neste caso, o que se repite é unha expresión (retrouso) que imprime misterio ao poema. E Carapuchiña non tiña nada con que comer. E nas follas daquel bosque vai medrando unha ilusión. Dérallo todo ao lobo e ela soíña quedou. E nas follas daquel bosque vai medrando unha ilusión.

Page 8: Estratexias para crear poesía 1

Técnica do encadeamento La plaza tiene una torre,

la torre tiene un balcón, el balcón tiene una dama, la dama una blanca flor. Antonio Machado.

Neste caso, a última palabra dun verso, empeza o seguinte. Para que teña máis ritmo e musicalidade, pode repetirse a mesma estrutura sintáctica e rematar cun encadeamento (recollida dos elementos enumerados).

Cando ti cantas, canta unha rosa. Cando ti choras, chora unha rosa. Cando ti soñas, soña unha rosa. Cando ti ris, rise unha rosa.

Cando ti cantas, cando ti choras, cando ti soñas, cando ti ris… Alumea unha rosa!

Page 9: Estratexias para crear poesía 1

As definicións • Para definir algo o mellor é exemplificalo cunha comparación (é coma,

semella, lembra…). Por exemplo: “As nubes brancas son como la de ovella”.

• Se o que facemos é identificar chegamos á metáfora, coas que podemos crear preciosos versos.

As nubes brancas

son la de ovella

nun prado azul

cheo de estrelas.

H. Villar Janeiro: A campá da lúa.

Page 10: Estratexias para crear poesía 1

Preguntas e respostas encadeadas

- Chucuruchú, onde vai a vella? - Chucuruchú, a Redondela. - Chucuruchú, que foi facer? - Chucuruchú, buscar o sal. - Chucuruchú, para que serve o sal? - Chucuruchú, para facer o caldo. - Chucuruchú, para que é o caldo? - Chucuruchú, para lle dar ó can. - Chucuruchú, para que é o can?

--------------------------

Combina tamén as técnicas anteriores; é moi empregada na literatura popular para facer recitados.

Fíxate nesta composición extraída da páxina web de Orella pendella, e que podes seguir.

Page 11: Estratexias para crear poesía 1

As adiviñas Verde foi o meu nacemento de amarelo me vestín e todos os que me cortan choran por min.

Para estas composicións o

mellor é comezar facendo comparacións, e intentar buscarlle unha rima:

Son longo coma un cempés, e pola vía sempre me ves.

As comparacións podemos

transformalas en metáforas:

Son un cempés;

camiño do dereito,

camiño do revés,

mais pola vía sempre me ves.

Page 12: Estratexias para crear poesía 1

O aleluia Tantarantán, tantarantiña,

o que non pensa non ten cabeciña.

Tantarantán, tantarantola,

o que non pensa non ten cabezola.

É unha das técnicas máis sinxelas: hai que compoñer pareados, mesmo con palabras inventadas, e pódense enlazar. Fíxate o efecto que produce na seguinte poesía popular, que aparece recollida na páxina web de Orella pendella.

Page 13: Estratexias para crear poesía 1

O limerick É unha técnica proposta por Rodari. Trátase

de ir definindo un protagonista, indicar as súas características e contar o que fai, as reaccións…

Os resultados, achéganse á poesía do absurdo, polo que son composicións realmente creativas.

Fíxate como no poema da dereita se resposta a estas cuestións:

o Quen? o Cando? o Onde? o Como? o Que fixo? o Con quen?

Bartolo é un triste tolo, un tolo louco semafórico. Cando lle falas ponse colorado. Cando che fala ponse verde. Cando conversa co semáforo póñenselle Ollos laranxa intermitente, ollos de Bartolo, o tolo. F. Alonso: Cidades.

Page 14: Estratexias para crear poesía 1

Acrósticos

Nestas composicións, coa primeira letra de cada verso, fórmase unha palabra. Para realizalos, é mellor pensar a palabra e logo ir compoñendo cada verso. A este acróstico de Fran Alonso, que aparece no libro O meu gato é un poeta parece que lle falta algo, non si? Proba a completalo.

Page 15: Estratexias para crear poesía 1

Trabalinguas

• Nos trabalinguas abundan as palabras inventadas para dar sonoridade. Nós tamén podemos formar palabras diferentes.

• Fíxate na composición da dereita que seguro vos recorda outra moi coñecida.

• Recoñeces as palabras inventadas?

• Nun niño de conchagarfos, dous conchagarfiños hai. Quen os desenconchagarfizare bo desaconchagarfizador será.

M. Ginesta e X. Cobas Brenlla: Trabalinguas para xogar.

Page 16: Estratexias para crear poesía 1

Chistes

• Para buscar o humor, as rimas chocantes son un bo recurso, ou as comparacións hiperbólicas.

Ana Mª Fernández: Rimas con letra.

Teño uns zapatiños novos ferrados con chocolate e as biqueiras son de azucre; ¡mire “usté” que disparate!

Era un home tan pequeno, tan pequeno, tan pequeno, que subiuse a unha canica e dixo: “O mundo é meu!”

Polo A, amoriños, polo E, pequeniños polo I, pirulí, polo O, potoploff!! polo U, ai meu cú!

Page 17: Estratexias para crear poesía 1

Caligrama

• Pódense convertir as adiviñas en debuxos que representen o que se ha de averiguar. Hai que falar do obxecto sen nomealo: describilo, comparalo…

• Á esquerda, tes un exemplo que Antón Cortizas presnta en Vaia Tropa!

Page 18: Estratexias para crear poesía 1

Xogamos a cambiar

Arrolos: son cancións de berce ,

axeitados para cambiar as accións, ben por contrarios ou por sinónimos

Este neniño pequeno

quen o vai aturular. Súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar.

(Leilía)

Este neniño pequeno

quen o virá espertar. Súa nai está lavando e seu pai vai navegar.

(Poema transformado)

Se cambias os substantivos e, ou, os adxectivos, comprobarás como se transforma este poema:

Ai, lúa nena! Flor caprichosa. Flor exquisita. Flor xenerosa.

Arrecendente, lene e donosa. Ai, lúa nena! Flor vaporosa. Flor transparente. Flor ben fermosa.

A. García Teijeiro: Lueiro de papel.

Page 19: Estratexias para crear poesía 1

Completamos

• Trátase de escribir complementos ou finais para versos que parecen incompletos:

Medrou unha planta. Medrou un amor. Medraron tres flores no teu corazón. A. García Teijeiro: As catro estacións.

Medrou nos teus beizos unha planta de ilusión. Medrou nos teus ollos un fermoso amor. Medraron na vida tres flores coma tres soles no teu , e no meu, corazón. (Poema transformado).

Page 20: Estratexias para crear poesía 1

Cambiar por contrarios

• Cos contrarios pódense

compoñer versos que expresen ideas opostas. Neste caso, García Teijeiro xoga cos verbos merco e vendo, pero pódense empregar centos: entro-saio; teño-dou; collo-deixo…

Merco cunchas satinadas. Vendo ondas brincadeiras. Vendo lúas prateadas. Vendo toxos e silveiras. Vendo ventos, treboadas, Horizontes ferruxentos.

Merco . Vendo.

Vendo Merco

e, por iso, nada teño.

A. García Teijeiro. Lueiro de papel.

Page 21: Estratexias para crear poesía 1

Poemas surrealistas Podes coller un xornal e elixir un artigo.

Recortas cada unha das palabras que forman o artigo e méteas nunha bolsa.

Agora saca cada recorte un tras outro.Copia na orde en que saíron

da bolsa.

O poema parecerase a ti. E ti es un escritor infinitamente orixinal e dunha gran sensibilidade.

Page 22: Estratexias para crear poesía 1

E para rematar…

Ás veces o difícil é poñer un final . As nenas e os nenos de Aguiño investigaron na literatura oral , e propoñen estes finais.

Page 24: Estratexias para crear poesía 1