17
HISTORIAS DE VIDA Eva Gesto Dono 4ºA

Eva Gesto.key

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Eva Gesto.key

HISTORIAS DE VIDA

Eva Gesto Dono4ºA

Page 2: Eva Gesto.key

Recollín información de tres fontes distintas para saber o máis posible desa época e así poder ampliar información. Posto que algunhas cousas son comúns as tres, eu intentei destacar as cousas que me pareceron máis importantes:

Argentina 80 anos

Naceu en Piñeiros

e veu vivir a Castrolandín cando casou.

Ela non emigrou pero o seus irmáns si.

Pura 85 anos

Naceu en Troáns e veu vivir a

Meira, Cuntis.Os irmáns homes

emigraron.

Carmiña76 anos

Naceu en Portela (Barro) e veu vivir a Cuntis. Non tivo

irmáns que emigrasen.

Page 3: Eva Gesto.key

A ESCOLA

• Antigamente moitos rapaces, e rapazas, non podían ir a escola porque tiñan que traballar.

• Só había un libro con todas as materias: entre elas Educación Patriótica. Os libros estaban en castelán.

• A relixión era importante en moitos ámbitos da vida. Íase moito máis a misa e ó catecismo (a ‘doutrina’ como se chamaba antes) e no colexio rezaban.

• Na escola podíase comezar aos 6 ou 7 anos, aproximadamente, e saíase aos 14 anos para comezar a traballar e moi poucos, os que podían, seguían e s t u d a n d o e m a r c h a b a n p a r a Pontevedra ou Santiago.

Page 4: Eva Gesto.key

Tíñaselle moito medo ós profesores porque pegaban ca vara cando alguén se portaba mal ou non sabía a lección. A mesa do profesor estaba un chanzo máis arriba ca dos alumnos, é dicir, nunha tarima.

Ata a reforma da escola os rapaces e as rapazas estaban separados en centros diferentes.

Os rapaces pequenos comezaban co silabario (onde se aprendía a ler) e despois co manuscrito (onde se aprendía a escribir)

Levaban un estoxo onde gardaban a pluma, o xiz…

As contas escribíanse nun pequeno encerado. E os ditados escribíanse cunha pluma nun papel.

Ir a escola, era a ocasión para falar cos compañeiros e descansar do traballo.

A ESCOLA

Page 5: Eva Gesto.key
Page 6: Eva Gesto.key
Page 7: Eva Gesto.key
Page 8: Eva Gesto.key
Page 9: Eva Gesto.key

• Os días de festa, ó rematar a misa, ían o que lle chamaban ‘o baile’, alí bailaban e era todo unha festa. Xuntábanse todos para ir ás festas das aldeas, e para volver. Era a ocasión para falar cos amigos e ligar un pouco.

• Cando se ía a romaría tíñase que ir andando, e ó chegar oíase misa. Despois comían todos xuntos na carballeira.

• Algúns dos xogos cos que se divertían eran: bolas, pita cega, saltar á corda, a mariola (o cadro), como non se tiñan columpios facíanse “randieiras” (que consiste en atar os dous extremos dunha corda a unha pola), o aro, o trompo, ás escondidas…

• Íase as feiras a pé, por exemplo ás da Estrada ou Moraña.

• Pola noite mozos e mozas xuntábanse ó lado da lareira, falaban e contaban contos .

O LECER

Page 10: Eva Gesto.key

D a q u e l a h a b í a m o i t a tuberculose da que se podía morrer, xa que a medicina non era tan avanzada coma agora.

T a m é n h a b í a m o i t a bronquite, da que podías estar ata tres meses na cama.

O tifo era unha tamén unha enfermidade daquela época

AS ENFERMIDADES

Page 11: Eva Gesto.key

A familia estaba máis unida antes que agora.

Tíñanse máis fillos, unha familia podía chegar a ter 9 fillos. O raro, era quedar só con 1 ou 2 fillos. O matrimonio duraba toda a vida e non había separacións, coma agora.

Tíñaselle máis respecto ós pais, e os fillos traballaban e colaboraban nas tarefas da casa.

A FAMILIA

Page 12: Eva Gesto.key

Naquela época case non se compraba nada, facíase todo na casa, por exemplo, o pan. Para iso, íase a moer ó muíño, ás veces as 12 da noite.

Os xerseis facíanse de la, para facer o fío fiábase a la da ovella, despois dun longo proceso.

Lavábase a roupa no río, anque en inverno ían ao lavadoiro de Cuntis que ten augas quentes que lavan moi ben a roupa.

Tamén se poñía a roupa a clareo (que consiste en estendela nun campo ó sol) para sacarlle todas as manchas que tivera.

Toda a aldea xuntábase e colaboraba: para a matanza, a recollida do centeo, a malla, para recoller a herba seca , a vendima, a rozar o toxo para botarllo ás vacas, para sementar o millo, o centeo e o trigo…

O TRABALLO

Page 13: Eva Gesto.key

A xente dedicábase fundamentalmente a agricultura e a gandaría.

Ós rapacese rapazas ían cas vacas ao prado, e moitos perdían de ir a escola.

Comezábase cedo a traballar para axudarlle ós pais e despois da escola seguían traballando.

Había que ir buscar auga (nun balde de madeira) para todo, xa que non había auga corrente. Tamén había que ir a buscala para bañarse (en inverno a auga quentábase na lareira).

Os fillos, sobre todo as mulleres, tiñan que coidar dos irmáns máis pequenos.

Non había vacacións, traballábase moito máis tempo.

Había moita xente na emigración. E nalgúns casos a xente que emigraba morría ala e non se sabía nada dela.

O TRABALLO

Page 14: Eva Gesto.key

• Os afiadores e paragüeiros que andaban polas aldeas, agora xa case se esqueceron.

• Os médicos eran poucos e os que había desprazábanse a cabalo ás casas dos enfermos.

• O zoqueiro facía os zocos que hoxe xa non se usan.

• O cañeiro facía a caña (augadente) para toda a aldea.

• As costureiras, como a miña avoa, ían de casa en casa cosendo.

• Polas aldeas viñan tamén as peixeiras a vender os seu produto.

• O cesteiro, como meu avó, facía cestos que ían vender despois á feira.

• Os canteiros eran moitos e bos en Cuntis.

OS TRABALLOS DE ANTES

Page 15: Eva Gesto.key

• Durante a Guerra Civil contan que levaban ós homes de esquerdas ó monte, a Estacas, e matábanos. Ás mulleres deses homes cortábanlle o pelo e humillábanas. Tamén recordan que ían recrutando á forza homes polas casas para ir á guerra.

• Os que vivían na aldea sempre tiñan algo que comer porque cultivaban cousas, ó contrario dos da cidade. Houbo uns que para mercar íase cunha cartilla de racionamento. Só che daban 1 cuarterón de aceite (1/4 l ) e ½ libra de azúcre (1/4 kg). Tiñanse que arranxar con iso unha tempada, pois non lle daban máis. As mulleres que daban a luz dábanlle un molete de pan cada 2 días.

• Había estraperlo (contrabando) porque a xente non tiña para comer. Os que tiñan cartos e podían mercar outras cousas, aproveitábanse do contrabando.

• Na Sección Feminina ensinábaselle ás mulleres a facer as cousas da casa: coser, bordar, cousas que consideraban de mulleres. Tamén lle aprendían o baile tradicional galego.

A POLÍTICA

Page 16: Eva Gesto.key

• Falábase moito máis cos veciños.• Á mañá almorzábase leite cando había

e senón comíanse papas de millo e para cear unha cunca de caldo con pan de millo.

• Non había cartos para mercar moita roupa e o Día da Patroa era cando se estreaba o vestido, se podían.

• Tíñase máis respecto a todas as persoas, non como agora. Como por exemplo os mestres, o cura e a garda civil.

• O regalo máis grande que podías ter eran uns zocos novos ou unha boneca, non todas as familias se podían permitir iso.

• Non había luz eléctrica por iso tiñan que acender os candís de noite.

• Os camiños eran de terra e pedras.

A VIDA E A ALDEA

Page 17: Eva Gesto.key

• As casas eran de pedra e tiñan o chan de madeira.

• Na planta baixa da vivenda estaban as corte e no primeiro andar estaban a cociña, e dúas habitacións grandes que, segundo a familia, dividíanse con biombos para separar as camas unhas das outras. Os colchóns das camas eran de follato (follas do millo) e despois pasaron a ser de la. Na cociña había unha lacena e un alzadeiro (un armario onde poñían os pratos), e a artesa (para amasar o pan), as olas de barro (onde gardaban os chourizos e alimentos). Existían utensilios de cociña que agora non se utilizan como por exemplo o pote, que agora se utiliza de adorno.

• Non había cuarto baño polo que só tiñan un retrete que baixaba directamente á corte, lavábanse nunha almofía (que estaba no dormitorio) e de vez en cando lavábanse nunha bañeira grande.

A CASA