Upload
marga-bio
View
152
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA – 4º ESO – CURSO ACADÉMICO 2014 – 2015
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROBA ESCRITA 3ª AVALIACIÓN (1)
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
APELIDOS/NOME:------------------------------------------------------------DATA:-----------------
VALORACIÓN DOS SEGUINTES ASPECTOS FORMAIS
1 Presentación.
2 Lexibilidade.
3 Ortografía e puntuación.
4 Corrección gramatical.
5 Coherencia e orde das exposicións.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
1. Define: Valoración: 1,5 puntos
Epixenética:
Xenética:
Quimerismo:
2. Enuncia e demostra cun diagrama a segunda lei de Mendel nun caso de herdanzaintermedia. Valoración: 1,5puntos
3. A xordomudez é un carácter humano recesivo. Cal será a posible descendenciadunha parella formada por un home xordomudo e unha muller de audición normal
pero heterocigótica? Valoración: 1,5 puntos
4. Imaxina que es un investigador privado e que acoden a ti tres irmáns que queren indagar cal deles foi adoptado. Aportan os seguintes datos:
-Grupo sanguíneo da nai (0) e o do pai (AB). -Irmáns: (0) o maior, (A) o mediano e (B) o menor.
Cal dos irmáns foi adoptado? Realiza os cruzamentos necesarios para xustificar a túa resposta. Valoración: 1,5 puntos
5. Unha parella formada por un varón non hemofílico e unha muller normal (cuxo paiera hemofílico) tivo varios fillos e varias fillas. Valoración: 1,5puntos
a. Representa os xenotipos dos avós maternos e dos pais.
b. É posible que algunha das fillas da parella sexa hemofílica? Xustifica a resposta.
6. Na seguinte árbore xenealóxica a cor vermella (II-3 e III-1) indícanos que se trata depersoas daltónicas. Valoración: 2,5puntos
a Define daltonismo.
b. Indica o xenotipo e o fenotipo de todos os individuos.
c. Podería a parella formada por II 4 e II 5 ter fillas daltónicas? Xustifica aresposta.