Upload
xistina
View
351
Download
7
Embed Size (px)
Citation preview
Exper-i-Ciencia CSIC é un proxecto de Cultura
Científica liderado pola Unidade de Cultura Científica
da Delegación do CSIC en Galicia, no que participan
todos os centros de investigación galegos, e que
conta, un ano máis, coa colaboración da Fundación
Barrié a través de educaBarrié, a súa iniciativa para
a comunidade educativa.
Obxectivos:
-Achegar a ciencia á comunidade educativa
mediante visitas de persoal científico-técnico aos
propios centros de ensino.
-Espertar a curiosidade e o interese pola ciencia
dos máis novos, polo que os temas científicos,
son abordados desde unha forma didáctica e
divulgativa sen perder o rigor.
-Fomentar o diálogo entre ponente, estudantes e
docentes, sobre o traballo científico, as
vocacións tempranas e as investigacións futuras.
Nalgúns casos as visitas inclúen sinxelas
experiencias participativas.
O venres, 6 de febreiro do 2015, veu á nosa clase un
científico chamado Gabriel. Primeiro presentouse dicindo
que viña do CSIC de Vigo e que era quÍmico. Díxonos tamén
que traballaba cunha rata á que lle daba comida basura e con
outra á que lle daba unha dieta saudable. E que descubrira
que a que estaba máis sá e con menos problemas de saúde
era a que comía unha dieta saudable.
Logo púxonos unha presentación na que se falaba da ciencia,
dos científicos, sobre que facían...
Despois fixemos un experimento. Consistía en que por
grupos debíamos, coa axuda dun morteiro, mesturar:
plantas, un tomate ou un limón, con acetona. Ao meu grupo
tocoulle o limón, e despois dun rato de mesturar as dúas
cousas, a acetona quedou dunha cor amarela. Ao rato
pasounos un filtro de papel polo que tiñamos que botar a
acetona a través dun embudo para que chegara limpo ata
outro bote. Logo deixámola repousar cun papeliño dentro.
A continuación seguiu coa presentación e explicounos que o
Omega 3 era unha graxa que procedía do peixe aínda que
tamén podÍa vir dalgunha pranta. Tamén explicounos que os
esquimais vivían máis tempo porque comían máis peixe que
nós.
Ao rematar de explicar vimos o resultado do experimento.
Descobrimos que as cores estaban separadas e que case na
parte de enriba do papel había unha pequena franxa verde
mentres que o demáis estaba cuberto cun amarelo clariño.
Cando rematamos preguntÁmoslle as dúbidas que tiñamos e
a profe repartiunos unhas pegatinas do CSIC.
A min o que máis me gustou foi facer e logo ver o resultado
do experimento que fixemos.
Paseino moi ben e aprendÍn moitas cousas.
Lucía González Arribas
O venres, 6 de xaneiro do 2015, veu un home que é científico
a darnos unha charla.
Púxonos un Power Point, a medida que nos ía explicando
algunhas cousas como por exemplo: en que traballan os
distintos tipos de científicos, os científicos que houbo e hai...
Máis tarde, fixemos un experimento.A clase dividiuse en
catro grupos e o ho-me deunos distintos tipos de cousas. Ao
noso grupo tocoulle un limón, a outro un tomate e aos
outros dúas flores silvestres.
Tivemos que machacar cun morteiro o que nos tocara. No
noso caso un limón, xunto con acetona e despois colalo.
O líquido resultante botámolo nun bote e puxémoslle un tipo
de papel que era capaz de separar as cores.
Nun tempo sacamos o papel, o do noso grupo, o limón, tiña a
maioría do papel amarelo e enriba unha franxa verde.
Despois falamos sobre o Omega 3, un tipo de graxa saudable.
A comida que ten máis Omega 3 é o peixe aínda que, por
exemplo, o iogur ten Omega 3 pero non é o do peixe porque
sabería mal, bótanlle un Omega 3 vexetal.
O home que nos visitou está traballando cunhas ratas, a
unha dálle unha dieta variada e a outra comida basura ,
graxas..
Di que a que come máis graxa ten máis probabilidades de
enfermar do corazón.
O último que fixemos foi facerlle unhas preguntas e
despedirnos.
Foi unha experiencia divertida, paseino moi ben!
Helena López Martínez.