Upload
gorecho
View
441
Download
2
Embed Size (px)
Citation preview
QUE É UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA?
Unha Comunidade Autónoma é
un territorio que ten unhas
características comúns: a súa
historia, as súas tradicións... e,
nalgúns casos, unha lingua
propia ademais do castelán.
Tamén ten unha organización
propia con capacidade para
decidir sobre algúns aspectos
con autonomía.
AS COMUNIDADES AUTÓNOMASAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
En España hai 17 comunidades autónomas e dúas cidades
autónomas. Algunhas están formadas por unha soa provincia,
como por exemplo a Rexión de Murcia e outras compóñense de
varias provincias, como por exemplo Andalucía.
GALICIAGALICIAGalicia é a nosa Comunidade Autónoma e
ten catro provincias: A Coruña, Lugo,
Ourense e Pontevedra. As linguas oficiais de
Galicia son o galego e o castelán.
Galicia ten un Estatuto de Autonomía, que
é a lei máis importante de cada
Comunidade Autónoma.
OS SÍMBOLOS DE GALICIAOS SÍMBOLOS DE GALICIAGalicia ten uns símbolos que a identifican e que
son:
• A bandeira: é un rectángulo de cor branca
cunha franxa azul diagonal.
• O escudo: ten un cáliz dourado, unha hostia e
sete cruces prateadas sobre fondo azul.
Complétase na parte superior cunha coroa real.
O himno é un poema de Eduardo Pondal con
música de Pascual Veiga.
O 25 de xullo celébrase o Día de Galicia.
INSTITUCIÓNS DA COMUNIDADE INSTITUCIÓNS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIAAUTÓNOMA DE GALICIA
As institucións de goberno da nosa
Comunidade son o Parlamento de Galicia e
a Xunta de Galicia.
Dúas das funcións do Parlamento son:
➢ Elaborar as leis propias da Comunidade.
➢ Elixir o Presidente da Xunta.
O Presidente e os Conselleiros forman a
Xunta de Galicia, que se encarga do
goberno da Comunidade.
TRADICIÓNS DE GALICIATRADICIÓNS DE GALICIAA gastronomía, a artesanía e os bailes son algunhas tradicións da Comunidade.
A gastronomía é o conxunto de comidas típicas coma o polbo, a empanada, o marisco ou o lacón con grelos.
A artesanía é a elaboración á man ou con máquinas sinxelas de diferentes produtos (cerámica, encaixes, cestos, zocos...)
A música e os bailes conforman o folclore de Galicia (muiñeira, ribeirá, danzas de espadas...) Estes bailes realízanse con traxes típicos e coa gaita, instrumento típico galego.