13
Guía de apoio á elaboración do TFG 1 Guía de apoio á elaboración do Traballo Fin de Grao Índice: 1. Normativa 2. Consulta de TFGs xa presentados Na biblioteca No RUC 3. A elaboración do TFG Anexos: I. Bibliografía de apoio ao TFG II. Consulta catálogo

Guía de apoio á elaboración do TFG

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía da biblioteca de apoio á elaboración do traballo fin de grao das titulacións da EUP

Citation preview

Page 1: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

1

Guía de apoio á elaboración do Traballo Fin de Grao

Índice:

1. Normativa

2. Consulta de TFGs xa presentados

Na biblioteca

No RUC

3. A elaboración do TFG

Anexos:

I. Bibliografía de apoio ao TFG

II. Consulta catálogo

Page 2: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

2

O Traballo Fin de Grao

Segundo as Instrucións da EUP para a realización do Traballo Fin de Grao, este supón a

realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria

ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores/as. Neste traballo deben

integrarse e desenvolverse os contidos formativos

recibidos, así como as capacidades, competencias e

habilidades adquiridas durante o período de docencia do

Grao.

Nesta sección a biblioteca recompila informacións e recursos de interese, co fin de facilitar a

realización deste traballo.

1. Normativa de Traballos de Fin de Grao na E. U. Politécnica:

Regulamento

Instrucións para a realización do TFG (aprobadas en Xunta de Centro o 2 de maio de 2012).

Documentación

- Informe do titor

- Guía TFG para Graos de industriais

- Cadro de rotulación de planos.

Prazos

Prazos e calendarios

Propostas de TFG

Propostas de traballos de fin de grao que se ofertan para o curso académico e a súa

asignación.

Page 3: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

3

2. Consulta de TFG xa presentados:

Traballos fin de grao dispoñibles para a súa consulta na biblioteca:

Os traballos presentados na EUP que acadaron nota igual ou superior a 8 poderán

consultarse na biblioteca.Non se prestan.

Consulta exclusiva en sala, solicítaos no mostrador.

Ver TFG dispoñibles para a súa consulta la biblioteca.

Traballos fin de grao No Repositorio Institucional da UDC (RUC):

O RUC é un "sistema que proporciona de forma estable e segura a difusión e

preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da

UDC.

O seu obxectivo é difundir e preservar os materiais produto da actividade docente e

investigadora da Universidade, así como os seus fondos documentais.

Os documentos presentes no RUC son creados polos membros da Comunidade

Universitaria, aínda que pode haber coautores que non pertenzan á institución. Pode

tratase tanto de traballos non publicados como enviados a publicar ou xa publicados, e

acéptanse documentos en calquera idioma.

Os autores dos documentos reteñen os seus

dereitos de autor, concedendo á UDC

unicamente unha licenza non exclusiva de

distribución, polo que poden facer uso dos

seus documentos como consideren. Así mesmo, poden utilizar licenzas Creative

Commons.

Todos os membros da comunidade universitaria poden depositar os seus

documentos en RUC,sempre que se trate de traballos orixinais do autor, e produto da

investigación ou docencia. A biblioteca prestará asesoramento a quen desexe

depositar algún traballo no Repositorio.

Consultar o RUC

Page 4: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

4

Normativa de publicación de TFG da EUP no RUC:

Directrices para a elaboración dos regulamentos relativos ao traballo fin de grao nos graos

da UDC. Estas directrices son de carácter xeral e os regulamentos relativos ao TFG de cada

centro teñen a obriga de axustarse a elas. Puntos importantes en relación co RUC:

[...] O TFG non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, incluirase que a

titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderán a

quen o realizar [...]

En relación coa consulta e a publicación dos TFG: Incluirase o procedemento de

selección e envío ao Servizo de Biblioteca dos TFG que serán publicados no Repositorio

[...].

Punto 9 do Regulamento de TFG da EUP (seguindo o Modelo de regulamento dos TFG nos

títulos de grao da Universidade da Coruña).

Consulta e publicación dos TFG:

Unha vez realizada a defensa e avaliación do TFG, a Comisión seleccionará os

traballos que serán publicados no RUC. Para isto, a Administración do centro enviará

unha copia en formato electrónico ao Servizo de Biblioteca.

No caso de que o autor do TFG non autorice o depósito e a publicación deste no RUC,

por razóns de confidencialidade entre outras, deberá solicitalo previamente ante a

Comisión de Proxectos, que resolverá en cada caso.

A Comisión de TFG da E. U. Politécnica decidiu que se depositarán no RUC aqueles traballos

de notas máis altas (Sobresaínte ou Matrícula de Honra) nos que o Tribunal que o xulga

decida o seu depósito no Repositorio.

[Polo de agora non hai ningún TFG da E. U. Politécnica disponible para a súa consulta no RUC.]

Page 5: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

5

3. Apoio á elaboración do TFG:

Antes de empezar...

Documentación a ter en conta: normativa de TFG da EUP, de especial importancia, en canto á

elaboración do traballo:

Regulamento do TFG

Guía de elaboración do TFG

Pasos a seguir

1. Buscar información

Unha vez decidido o traballo a realizar e o titor que o dirixirá, cómpre consultar

numerosas fontes para conseguir a información necesaria que sustente o traballo. Dende

a páxina web da biblioteca podes localizar todo tipo de información, tanto referencias a

títulos en papel como acceso a documentos electrónicos (libros, revistas, normas,

patentes...).

2. Avaliar a información

A cantidade de información que podemos recadar na actualidade fai necesaria unha

análise previa da propia documentación para escoller unicamente a de calidade.

Debemos ter en conta:

o A autoría: se quen escribe é unha persoa experta na materia, se citan o

documento noutros traballos, a que institución pertencen os autores...

o A fonte de información: debemos cuestionarnos se ofrece garantías (tipo de

editor, se está revistada por comités de expertos...)

o A información en si mesma, que debe ser precisa, completa e estar

actualizada.

Page 6: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

6

3. Redactar o traballo, seguindo a normativa establecida pola Escola, respectando a

propiedade intelectual allea e evitando o plaxio,

o A propiedad intelectual abrangue tanto os dereitos de autor como creador

intelectual, coma os dereitos relativos á propiedade industrial.

o Plaxiar consiste en copiar no substancial obras alleas atribuíndoas como

propias (definición da RAE). Consiste en utilizar traballos, planos, debuxos...

doutra persoa coma se fosen propios. Hoxe en día é relativamente sinxelo

detectar un plaxio, xa que existen numerosas aplicacións en liña para este fin.

Aprende a...

Crear a bibliografía do TFG

A bibliografía é un dos puntos da Memoria do traballo. Neste apartado deben figurar o

conxunto de libros, revistas e outros textos que o autor considere de interese para xustificar as

solucións adoptadas no TFG. É importante citar correctamente os documentos utilizados.

Aprende como crear a bibliografía correctamente nesta guía breve

Recurso complementario:

Xestor de referencias bibliográficas Refworks. Guía de uso. Acceder a Refworks

Utilizar recursos de interese para a elaboración do TFG

Acceso a:

Catálogo da biblioteca (para buscar libros, revistas...)

Bases de datos de enxeñaría (para localizar artigos de revista, normas, e outros recursos

electrónicos)

Revistas electrónicas

Guías de uso:

Guía de fontes de información en tecnoloxía e de apoio ao PFC

Outros titoriais sobre a biblioteca dixital

Page 7: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

7

Consultar TFG xa presentados

Sempre é de utilidade consultar outros traballos xa presentados para resolver dúbidas, ter

novas ideas..

Localiza TFG xa presentados na EUP.

Tamén podes ver os Proxectos Fin de Carreira dos planos antigos.

Solicita...

Adquisición de documentos

Se necesitas consultar algún título que non está na colección da biblioteca, solicita a súa

compra.

Asesoramento e información

Consulta co persoal da biblioteca calquera dúbida sobre o TFG: como busco unha norma

UNE?, como consulto un TFG xa presentado?, como accedo á biblioteca dixital dende

casa? ... Resolvemos as túas dúbidas no mostrador, por email ou en liña (a través

do chat).

Formación na utilización de recursos

Ademais do asesoramento personalizado, a biblioteca organiza cursos de formación

específicos. Consulta a nosa oferta ou solicita a organización do que precises.

Busca bibliográfica

A biblioteca ofrece un servizo de busca de información personalizada e adaptada ás

necesidades de cada usuario.Máis info

Documentos e recursos de axuda:

Bibliografía sobre a elaboración do Traballo Fin de Grao

Outros titoriais e guías de uso

O SAPE organiza obradoiros de habilidades comunicativas, de interese para preparar a

presentación oral do traballo.

Necesitas máis información? Consulta co persoal da biblioteca.

Page 8: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

8

ANEXO I: Bibliografía de apoio ao Traballo Fin de Grao

Monografías na biblioteca sobre a elaboración do Traballo Fin de Grao

Buendía García, Félix . Una guía para la realización y supervisión de proyectos final

de carrera (PFC) en el ámbito de la web. Valencia : Editorial de la UPV, [2008]

Signatura EUP: CO 469

Dawson, Christian. El primer proyecto de tu vida profesional : tu proyecto final de

carrera, grado, máster / Marián García Prieto, Inés Suárez Ramón. Madrid :

Bellisco, 2012. Signatura EUP: CO 800

Dawson, Christian. El proyecto fin de carrera en ingeniería informática una guía

para el estudiante / Christian W. Dawson, Gregorio Martín Quetglás. Madrid :

Prentice Hall, 2002. Signatura EUP: DP 4121

Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster /

Mari Paz García Sanz, Pilar Martínez Clares (coords.) ; Francisco Chacón Jiménez ...

[et al.]. Murcia : Universidad de Murcia, 2012. Signatura EUP: CO 756

Martín Rivas, Manuel. AutoCAD para PFC : [claro y sencillo]. [Madrid] : M. Martín

Rivas, [2010]. Signatura EUP: DI 295

Melendo, Tomás. Cómo elegir, madurar y confeccionar un trabajo de investigación

: para triunfar en "Bolonia" / Tomás Melendo Granados ; colaboradores Rafael T.

Caldera, Irene Melendo Millán, Jimena Leizaola. Madrid : Internacionales

Universitarias, 2012. Signatura EUP: CO 791

Riquelme, Jesucristo. Canon de presentación de trabajos universitarios : modelos

académicos y de investigación. Alicante : Aguaclara, [2006]. Signatura EUP: CO 352

El trabajo de fin de grado : guía para estudiantes, docentes y agentes

colaboradores / Virginia Ferrer, Moisés Carmona y Vanessa Soria (editores).

Madrid [etc.] : McGraw Hill-Interamericana de España, cop. 2013. Signatura EUP:

CO 797

Page 9: Guía de apoio á elaboración do TFG

Guía de apoio á elaboración do TFG

9

Bibliografía sobre busca e avaliación de información:

- ABAD GARCÍA, Mª Francisca. Evaluación de la calidad de los sistemas de

información. Madrid: Síntesis, [2005]. Signatura EUP: CO 84

- ABADAL FALGUERAS, E. Bases de datos documentales características, funciones y

método. Madrid: Síntesis, 2005. Signatura EUP: CO 86

- Recuperación de información: un enfoque práctico y multidisciplinar / Fidel

Cacheda Sijo, Juan Manuel Fernández Luna, Juan Francisco Huete Guadix [eds.]

Madrid: RAMA, [2011]

- UNIVERSIDAD CARLOS III DE MADRID. BIBLIOTECA. Aprende a usar tu biblioteca: Evaluar la información [en línea]. Disponible en Internet: http://www.uc3m.es/portal/page/portal/biblioteca/aprende_usar/TFG/eval/evaluar-informacion.pdf [Consulta: 13/03/2012]

- UNIVERSIDAD DE MÁLAGA. BIBLIOTECA. Autoformación: cómo evaluar fuentes de

información en línea. Disponible en

Internet: http://www.uma.es/ficha.php?id=78348 [Consulta: 13/03/2012]

- UNIVERSIDAD DE SEVILLA. BIBLIOTECA. Guías: plagio. Disponible en Internet:

http://bib.us.es/ximdex/guias/plagio/index.htm [Consulta 14/03/2012]

Page 10: Guía de apoio á elaboración do TFG

1

LOCALIZACIÓN DE Traballos Fin de Grao no Catálogo da Biblioteca

Para buscar soamente traballos fin de carreira pertencentes á Escola cómpre limitar a busca á Biblioteca da EUP.

Busca polo autor do Traballo (o alumno/a que o realizou): Introduciremos os apelidos do alumno/a que presentou o traballo no campo AUTOR.

Busca polo título do Traballo Ignorando os artigos, introduciremos o título do traballo (ou as primeiras palabras deste) no campo TÍTULO.

Page 11: Guía de apoio á elaboración do TFG

2

Busca polo profesor/a que dirixiu o traballo: Introduciremos os apelidos no campo AUTOR, recuperando (1) os documentos escritos por ese profesor/a e (2) os proxectos nos que figura como titor (dir.).

Busca por palabra clave O catálogo ofrece unha ligazón específica para localizar proxectos fin de carreira mediante palabra clave (do título, materia, autor, titor…), pero debemos ter en conta que realizará a busca en todas as bibliotecas da UDC.

Page 12: Guía de apoio á elaboración do TFG

3

Podemos modificar a busca para limitar os resultados á EUP, especificar unha data…

Busca pola materia (asignatura) do Traballo Debe introducirse a materia no campo COLECCIÓN para recuperar os traballos relacionados con esta (aparece no rexistro bibliográfico coma se fose unha serie).

Busca pola signatura topográfica dos traballos: Escollemos no desplegable o campo de busca “Signatura” e a introducimos da seguinte forma: Traballos en CD-Rom: TFG/EUP (por exemplo: TFG/EUP 1).

Page 13: Guía de apoio á elaboración do TFG

4

Buscando por signatura tamén podemos ordenar os proxectos polo ano de presentación. Debemos buscar na Biblioteca da EUP a signatura “TFG/EUP” (para que nos recupere todos os proxectos) e ordear os resultados por “Data (máis recentes)”, para ver primeiro os máis recentes (este criterio de ordenación pode utilizarse tamén buscando TFGs por palabra clave, materia…).

Outra forma de “navegar” polos proxectos para ollar o que hai (se non buscamos ningún en concreto) é buscar por “palabra clave - trabajo fin de grado” e limitar a busca á EUP:

Ademais do catálogo, poden consultarse varios listados dos TFG da EUP na web da biblioteca.

¿TES ALGUNHA DÚBIDA? ¿NON ATOPAS O QUE BUSCAS? PREGÚNTALLE AO PERSOAL DA BIBLIOTECA