12
GUÍA DO CURSO G1601028 - A posta en práctica da acción titorial A posta en práctica da acción titorial

Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

GUÍA DO CURSO

G1601028 - A posta en práctica da acción titorial

A posta en práctica da acción titorial

Page 2: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

Índice

▋ Descrición xeral do curso 2

▋ Persoas titoras 2

▋ Obxectivos 2

▋ Competencias profesionais do profesorado 3

▋ Contidos 3

▋ Metodoloxía 5

▋ Seguimento e desenvolvemento do curso 6

▋ Comunicación coas persoas titoras 8

▋ Avaliación 9

▋ Aplicación práctica nas aulas 11

▋ Requirimentos para seguir o curso 11

1

Page 3: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

▋ Descrición xeral do curso

Curso dirixido ao profesorado interesado en profundar nos principios básicos da

acción titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas

funcións como profesorado-titor. Logo dun primeiro módulo de carácter teórico

relacionado cos principios básicos da acción titorial, realízase un repaso a diferentes

temáticas estreitamente vencelladas co traballo diario que o profesorado-titor pode

realizar tanto co seu alumnado como coas familias do mesmo.

▋ Persoas titoras

Paula López Senín (Profesora de Física e Química e

Xefa de Estudos do IES do Milladoiro, Ames)

Pilar Rodríguez Fernández

(Profesora de Debuxo e Profesora titora no IES do Milladoiro, Ames)

▋ Obxectivos

● Comprender os principios básicos da acción titorial e coñecer a lexislación,

tanto a nivel estatal como autonómico, na que se sustenta.

● Coñecer o papel do profesorado-titor en relación ao alumnado, ao profesorado

e ás familias.

● Coñecer diversos recursos prácticos, de fácil implementación, e relacionados

con temáticas tan diversas como a convivencia, as técnicas de estudo, a

educación emocional, a educación en valores, a educación para a saúde, a

toma de decisións ou a orientación familiar.

● Valorar a importancia de traballar en colaboración coas familias do alumnado

de cara a acadar os obxectivos básicos da acción titorial.

2

Page 4: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

▋ Competencias profesionais do profesorado.

Segundo o modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través deste curso

formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e subcompetencias:

● Competencia: Membro dunha organización

Subcompetencia: Acción titorial e atención á diversidade

● Competencia: Membro dunha organización

Subcompetencia: Orientación pedagóxica, académica e profesional

O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en

diferentes formatos: Acceso ao modelo.

▋ Contidos

Na cabeceira do espazo virtual atoparás un módulo incial con algunhas

orientacións e consellos en referencia á formación e aprendizaxe na

Rede.

Os contidos do curso estrutúranse en oito módulos diferentes:

1. A acción titorial:

▪ Principios básicos da acción titorial.

▪ Lexislación autonómica e estatal de referencia.

▪ Funcións e actividades do profesorado titor.

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións e recursos

3

Page 5: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

web comentados.

2. Ensinar a convivir:

▪ Principios básicos de Ensinar a Convivir.

▪ Recursos para a titoría: Facilitar a adaptación á rutina escolar. O método

DAFO como ferramenta de autocontrol e motivación cara ao estudo. Os

dereitos e deberes do alumnado. Guía para escoller o delegado ou

delegada de clase. As normas da aula...

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

3. Aprender a estudar:

▪ Principios básicos.

▪ Recursos para a titoría: A comprensión lectora. O lugar de traballo. O

método de estudo. Os traballos escolares. As exposicións orais.

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

4. A educación emocional:

▪ Principios básicos da educación emocional.

▪ Recursos para a titoría: Os diferentes tipos de intelixencia. As

habilidades sociais. A resolución de conflitos interpersoais. Os diferentes

estilos de comunicación. A comunicación non verbal...

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

5. A educación en valores:

▪ Principios básicos da educación en valores.

▪ Recursos para a titoría: Como actuar ante o acoso escolar (dende a

familia e dende o centro). A violencia de Xénero. A coeducación.

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

4

Page 6: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

6. A educación para a saúde:

▪ Principios básicos da educación para a saúde.

▪ Recursos para a titoría: O tabaco. O alcohol. O cannabis. A importancia

do exercicio físico. Os trastornos da alimentación...

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

7. Ensinar a decidirse:

▪ Principios básicos de ensinar a decidirse.

▪ Recursos para a titoría: O autocoñecemento. O sistema educativo (a

formación profesional, o bacharelato, a universidade...).

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

8. Orientación familiar:

▪ Principios básicos da Orientación familiar.

▪ Recursos para a titoría: Os estilos educativos. Como axudar aos fillos/as

cos estudos. Como actuar ante os problemas de adaptación. A

importancia das normas e os límites. Ensinar a utilizar as novas

tecnoloxías con responsabilidade...

▪ Para saber máis: unha pequena selección de publicacións ou recursos

web comentados.

▋ Metodoloxía

O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma

Platega. Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita

plataforma e que a comunicacións e intercambios de información entre o profesorado

5

Page 7: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

participante no mesmo e os titores do curso terán lugar no contexto que ofrece a

mesma.

O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá unha

dobre vertente:

● Por unha banda, desenvolverase un traballo individual que consistirá na

lectura comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos

nos que se estrutura o curso. Posteriormente cada participante deberá

superar o cuestionario de autoavaliación, que versará sobre o contido

recollido en ditos materiais.

● E por outra, cada participante deberá realizar a tarefa obrigatoria deseñada

expresamente para cada cada módulo. Esta tarefa poderá consistir no

realización de reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de

intervención. Aproveitando as posibilidades das TIC, queda aberta a

posibilidade de desenvolver algunha tarefa conxunta en pequenos grupos,

ademáis de foros de debate e reflexión e a creación de bases de datos

colaborativas.

En cada módulo haberá un foro habilitado onde os alumnos/as poderán propoñer

dúbidas, comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan.

▋ Seguimento e desenvolvemento do curso

Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 8 módulos, cunha carga de traballo

total estimada de 60 horas.

Para a superación do curso será preciso:

1. Superar a autoavaliación de cada un dos módulos que integran o curso.

Deberase acadar a puntuación de 8 sobre 10 respostas correctas nun

cuestionario deseñado para cada módulo.

2. Realizar a tarefa que se solicitará en cada módulo a través da participación

no foro de debate e/ou o envío de traballos. As tarefas presentadas serán

6

Page 8: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

cualificadas nos termos apto / non apto, e será obrigatoria a presentación

de todos elas, así como acadar cualificación positiva en 7 das 8 taferas

plantexadas.

Cada módulo estará activo soamente os días que marca a temporalización do

curso. Rematado o prazo asignado a cada módulo non se poderá acceder ao

cuestionario de autoavaliación nin enviar a tarefa prevista para o módulo en cuestión.

Tralo remate do último módulo previsto abrirase un período extraordinario de

recuperación para poder realizar os cuestionarios de autoavaliación pendentes e enviar

as tarefas non entregadas ou cualificadas como non apto. Importante sinalar que todos

os módulos poderán ser recuperados a excepción do Módulo inicial, que deberá

completarse dentro do prazo establecido na táboa seguinte:

CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO

Módulo 0: Benvida e presentación

Actividades Datas

● Tarefa de presentación do 23 de xaneiro ao 29 de xaneiro

(non prorrogable)

Modulo 1: A acción titorial

Actividades Datas

● TAREFA 1: Elaboración da carta de servizos da acción titorial ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 30 de xaneiro ao 9 de febreiro

Módulo 2: Ensinar a convivir

Actividades Datas

● TAREFA 2: Visionado de curtas para a convivencia ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 10 de febreiro ao 16 de febreiro

Módulo 3: Aprender a estudar

Actividades Datas

● TAREFA 3: Os deberes escolares ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 17 de febreiro ao 23 de febreiro

7

Page 9: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

Módulo 4: A educación emocional

Actividades Datas

● TAREFA 4: Base de datos colaborativa de recursos de acción titorial.

● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 24 de febreiro ao 9 de marzo

Módulo 5: A educación en valores

Actividades Datas

● TAREFA 5: Análise e búsqueda de webquest ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 10 de marzo ao 16 de marzo

Módulo 6: A educación para a saúde

Actividades Datas

● TAREFA 6: Hábitos saudables no alumnado ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 17 de marzo ao 23 de marzo

Módulo 7: Ensinar a decidirse

Actividades Datas

● TAREFA 7: Poster informativo sobre o sistema educativo ● Cuestionario de autoavaliación do módulo

24 de marzo ao 2 de abril

Módulo 8: Orientación familiar

Actividades Datas

● TAREFA 8: Sistemas de comunicación coas familias e de recollida de información no centro educativo.

● Cuestionario de autoavaliación do módulo

do 3 de abril ao 9 de abril

Período extraordinario de recuperación do 10 de abril ao 23 de abril

Avaliación do curso Datas

Enquisa de avaliación final do curso do 24 de abril ao 30 de abril

▋ Comunicación coas persoas titoras do curso

Cada vez que comeza un curso de formación a través da plataforma PLATEGA,

unha das primeiras tarefas que se debe levar a cabo é a de presentarse ao resto da

8

Page 10: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

comunidade de aprendizaxe. Esta presentación realizarase a través do denominado foro

de presentación de participantes.

Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto para as persoas titoras do

curso como para o resto de participantes no mesmo.

Para establecer comunicación coas persoas titoras do curso existen varias opcións:

● A través dos foros existentes no propio curso, por exemplo, o foro do módulo

ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é

pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas

intervencións no foro ou posts .

● Ou a través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido

como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede

e o seu comunicante, xa sexa a persoa titora ou calquera outro/a participante.

En resumo, a comunicación alumno vs titor realizarase sempre a través da

plataforma PLATEGA, mediante o servizo de mensaxería interna (para comunicacións

privadas) ou a través dos foros de dúbidas de cada módulo (comunicación pública).

▋ Avaliación

Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os

participantes poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do

curso dentro da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O

proceso de retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións

acadadas ou ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións

máis específicas e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma.

En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten

avaliadas negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas

modificacións necesarias para que a avaliación sexa positiva.

9

Page 11: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

Ademáis, como indicamos na temporalización do curso, temos programado un

período extraordinario de recuperación daquelas tarefas que sexan calificadas como

non aptas ou que estean sen presentar dentro do prazo establecido como de duración

do módulo .

● Avaliación das tarefas

Tal e como se establece na Orde de 14 de maio de 2013 pola que se regula a

convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación

permanente do profesorado en Galicia (DOG Núm 96 do 22 de maio de 2013) indícase

no seu capítulo V, artigo 23, que “nas actividades de formación en rede será

indispensable, para obter a certificación, a avaliación positiva do 80 % das tarefas

propostas, así como a asistencia á totalidade das sesións presenciais, no caso de que

as houbese” .

Indicar que a tarefa proposta nalgúns módulos consta de dúas partes, e que

deberán ser realizadas en conxunto para acadar a cualificación total do módulo.

Achegamos, a continuación un cadro onde se especifica a carga lectiva asignada a

cada unha das tarefas e a escala de avaliación a empregar.

CADRO DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS

NOME DA TAREFA % do valor Especificación da escala de valoración

TAREFA DE PRESENTACIÓN: Participar nun foro e editar o perfil dentro da plataforma Platega. - Escala Apto / Non apto

TAREFA1: Redactar unha carta de servizos dirixida ás familias. 12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 2: Visionar unha curta, realizar un comentario no foro e redactar unha actividade guía para o visionado na aula.

12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 3: Participar no debate proposto no foro e elaborar unhas pautas de orientación para a organización do tempo de estudo fóra das aulas.

12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 4: Editar unha entrada nunha base de de datos colaborativa 12,5 % Escala Apto / Non apto

10

Page 12: Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial

TAREFA 5: Analizar unha webquest e engadir unha nova á base de webquest de educación en valores. 12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 6: Editar un cuestionario para o alumnado sobre hábitos de vida saudables. 12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 7: Elaborar un poster informativo sobre o cambio de etapas no sistema educativo. 12,5 % Escala Apto / Non apto

TAREFA 8: Participar no foro de debate sobre medios de comunicación coas familias, elaborar un formulario de recollida de información.

12,5 % Escala Apto / Non apto

▋ Aplicación nas aulas

Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior

parte dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi

especialmente no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou

entrevistas que se leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible

posta en práctica se presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por

todo o profesorado participante neste curso de formación.

▋ Requirimentos para seguir o curso

● Ordenador con conexión a internet.

● Software de procesador de textos.

11