6

Click here to load reader

Ideario

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ideario

IDEARIO

FUNDACIÓN MARIA S. COLMEIRO

COLEXIO PLURILINGÜE

MARIA INMACULADA

SILLEDA (Pontevedra)

Page 2: Ideario

IDEARIO

FUNDACIÓN MARIA S. COLMEIRO

COLEXIO PLURILINGÜE

MARIA INMACULADA

SILLEDA (Pontevedra)

PREÁMBULO

A Constitución e as Leis que a desenvolven, recoñecen o

dereito de todos á educación e á liberdade de ensinanza. Nunha

sociedade democrática e pluralista como a nosa están garantidos

dereitos e liberdades tales como o dereito a unha escola que

promova o desenvolvemento integral das persoas, a elixir o tipo de

educación para os seus fillos, a crear e dirixir escolas e impartir un

determinado tipo de educación, a realizar unha acción docente con

liberdade consonte ás características propias do centro,...

Os poderes públicos son os responsables de asegurar os

dereitos e liberdades dos cidadáns e facer posible o exercicio

práctico do dereito de todos a educación, asegurando a gratuidade

nos tramos obrigatorios e a liberdade de ensinanza.

Neste contexto, as diferentes concepcións do ser humano,

da vida e do mundo orixinan unha pluralidade de ofertas

educativas e unha diversidade de centros.

Neste marco, a Fundación Maria S. Colmeiro (Colexio María

Inmaculada) consonte ós seus fins e compromisos estatutarios

ofrece o seu particular Proxecto Educativo.

Page 3: Ideario

No CMI procuramos favorecer o crecemento e a maduración dos

alumnos en todas as súas dimensións. Con este propósito:

-Axudámolos a descubrir e potenciar as súas posibilidades

físicas,intelectuais e afectivas.

-Educamos a súa dimensión social e promovemos a inserción no mundo

de xeito crítico, responsable e constructivo.

-Fomentamos o desenvolvemento ético e transcendente da persoa e

promovemos o descubrimento de valores e a formación de actitudes.

A educación cristia debe ter sempre o carácter dun ofrecemento

respectuoso en relación á liberdade de todos os alumnos, os profesores e as familias, quen, en reciprocidade, deben respectar o carácter propio do Centro

consonte ós seguintes criterios:

A NOSA PROPOSTA EDUCATIVA

O COLEXIO MARÍA INMACULADA de Silleda (CMI) promovido pola Fundación María S. Colmeiro e consonte ós seus estatutos, é un Colexio Confesional cristián-católico e ten como norma suprema de actuación para

os pais, profesores, alumnos e persoal vencellado ó mesmo, a doctrina da Igrexa Católica e, como criterio interpretativo da mesma, a doctrina e orientacións do Papa, dos Organismos da Santa Sede e do Prelado

Diocesano. En consecuencia:

.- Forma parte da Parroquia de Silleda compartindo a súa misión evanxelizadora.

.- Promove a educación integral dos seus alumnos

dende unha visión cristiá do ser humano e do mundo.

.– Prepara ós seus alumnos para o compromiso social, en orde a creación dunha sociedade máis xusta e

solidaria.

.– Esta aberto a todos os que desexen a educación que ofrece.

.– Acóllese a financiación pública para garantir a gratuidade da

educación e evitar toda discriminación por motivos económicos e

.- Estructúrase como Comunidade Educativa coa participación de todos os que a configuran e asumen o seu Proxecto Educativo.

A NOSA IDENTIDADE

A Fundacion María

Seoane Comeiro é unha

Institución Benéfico-

Docente e foi declarada

de Interese Galego en

1998

Page 4: Ideario

-Anunciamos explicitamente a mensaxe de Xesús e promovemos a

formación de alumnos conscientes e responsables a través da presentación fundamentada da Relixión.

-Favorecemos a coherencia entre Fe e o conxunto de saberes, valores

e actitudes dos crentes, de xeito que desemboque na sintese entre a Fe e a

vida, e na súa participación activa na comunidade.

-Educamos en e para a liberdade, a xustiza, a solidariedade e a paz

como valores que enriquecen a acción educativa.

O NOSO ESTILO NA ACCIÓN EDUCATIVA

O noso estilo educativo nace do espíritu promovido pola figura de Dª María Seoane Colmeiro e os fins e compromisos da Fundación que leva o seu nome, entre os que cabe destacar:

-O amor e a entrega considerados como punto de partida para unha

educación integral e como únicos medios que a fan posible.

-Unha relación sinxela e próxima entre todos os membros da

comunidade educativa.

-O desenvolvmento de valores de

solidariedade e fraternidade.

-Unha educación personalizadora capaz de integrar de xeito harmónico todas as

dimensións humanas.

- Unha pedagoxía activa, realista e práctica.

-Un compromiso cos intereses dos menos favorecidos social e

economicamente.

-A constancia, tenacidade, amor ó traballo ben feito, fundamento dunha

tarefa educativa responsable.

Neste sentido o CMI quere ofrecer unha educación de calidade

orientada a promover o descubrimento de valores e formación de actitudes

mediante un clima escolar axeitado, cunha metodoloxía innovadora e flexible,

aberta a experimentación pedagóxica e capaz de fomentar o

desenvolemento intelectual para que cadaquén chegue ó maximo das súas

capacidades e posibilidades.

Por último consideramos importante avaliar todas as nosas accións de cara a unha mellora continua tendo como referencia explícita a noma ISO

9001-2000.

O Colexio María Inmaculada

forma parte da Parroquia de

Silleda compartindo a súa

misión evanxelizadora.

Page 5: Ideario

Queremos que noso Centro sexa unha Comunidade Educativa onde.. ... a Entidade Titular facilite os principios e criterios de actuación que garanticen a calidade da educación cristia que queremos impartir; ...os Alumnos interveñan activamente na vida do Centro e asuman responabilidades proporcionadas á súa idade e capacidade; ...os Profesores se impliquen na preparación, realización e avaliación do Proxecto Educativo. ...os Pais, as nais ou titores legais, primeiros responsables da educación dos seus fillos, participen na vida do Centro e presten o seu apoio a través, sobre todo, da Asociación de Pais e Nais de Alumnos e ...o Persoal de administración e servicios aporte a súa valiosa colaboración necesaria para un bo funcionamento do Centro.

A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

O NOSO MODELO DE XESTIÓN

Todos os compoñentes que configuran a Comunidade Educativa do CNI actúan cunha finalidade primordial: a formación integral dos alumnos. Con esa intención: -Contamos cun Proxecto Educativo que concreta a realización gradual e progresiva da nosa proposta a través de diferentes órganos de goberno, participación e xestión. -Alentamos a participación de todos/as na vida do Centro de cara a configurar unha auténtica Comunidade Educativa. -Contamos cun Regulamento de Rexime Interior que describe a organización e funcionamento do Centro asegurando unha axeitada coordenación de todos os organos. -Temos un Consello Escolar e un Consello de Pastoral que promove a actualización do Proxecto Educativo, favorece a inserción no entorno social e eclesial e fomenta a corresponsabilidade.

Page 6: Ideario

Fundación María Seoane Colmeiro Fundación Benéfico-Docente declarada de Interese Galego

COLEXIO PLURILINGÜE MARIA INMACULADA

Rúa María Colmeiro, 4

986-58.00.13 36540.– SILLEDA (Pontevedra)

www.colexiomariainmaculada.es e-mail: [email protected]