19

Indixenas Brasileiros

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Indixenas Brasileiros
Page 2: Indixenas Brasileiros

• Os indíxenas brasileiros chegaron fai doce mil anos a través do estreito de Bering, ainda que existen algunhas teorías que sitúan ao home en Brasil en épocas anteriores, que terían chegado por vía marítima desde o Pacífico.

• Hoxe en día existen diferentes tribos indíxenas en todo Brasil, esparcidas por cada rexión. En total ha poboación indíxena é duns 325.652 persoas.

• A primeira tribo indíxena que se encontraron os colonizadores en Brasil foron os tupi-guarani, que a súa vez foran colonizadores e expulsaran a tribo dos tapuias.

• Algunhas tribos como os Potiguares, Caetés, Botocudos, Goitacás e Tamoios loitaron contra os portugueses, e outras como os Tremembés, Tabajaras, Termiminós ou Carijós foron pacíficos e incluso aliáronse cos descobridores en contra doutras tribos xa que existían algunhas inimizades. Nesta época da colonización se estima que eran uns 5 millóns de indíxenas.

Page 3: Indixenas Brasileiros

• Que se sepa existen 210 pobos indíxenas, distribuídos por todo o país. Estudos etnolóxicos dividen os indios en áreas culturais (11) segundo a homoxeneidade dos costumes que os caracterizan: Norte-Amazónica, Juruá-Purús, Guaporé, Tapajós-Madeira, Alto-Xingu, Tocantis-Xingu, Pindaré-Gurupu, Paraguai, Paraná, Teretê-Uruguai e Nordeste. Inclúen zonas de outros países xa que alí tamén existen estes mesmos pobos indíxenas.

• O territorio reservado para os indios supón un 11% do territorio nacional. Calcúlase que exiten 53 pobos ainda non descobertos e que viven de forma totalmente aislada xa que intentan evitar todo contacto coa civilización polas atrocidades cometidas aos seus antepasados,así como o contaxio de enfermidades foráneas aos que eles son moi vulnerables producíndolles a morte ( gripes ou resfriados comúns..); moitas tribos estanse a extinguir.

• Sufren unha gran discriminación, xa que cada vez se lles rouba máis terreo para a construcción de presas, cidades etc. Viven na desigualdade e o racismo. Existen organizacións que loitan polos seus dereitos como a FUNAI (departamento do goberno de Brasil de asuntos indíxenas). A situación chega a tal extremo que se da o caso dunha tribo donde só queda un único supervivinte, o resto do seu pobo foi probablemente masacrado por terratenentes gandeiros para ocupar o lugar. Este home vive perseguido por asesinos a soldo.

Page 4: Indixenas Brasileiros

Costumes

Viven da agricultura, caza, pesca e da recolección de froitos.

Page 5: Indixenas Brasileiros

Caza

• A caza é xeralmente actividade masculina en todas as sociedades indíxenas, pode realizarse en grupo ou individualmente. Posúen armas bélicas e armas de caza. Tamén se axudan de cans, e de lume para obrigar aos animais a saír das madrigueiras. Actualmente tamén utilizan armas de fogo polo contacto có mundo civilizado. A parte de sacar alimento, utilizan produtos animais para a artesanía que venden en lonxas especializadas dentro do Programa de Artesanía Indíxena. A súa artesanía consiste en artefactos que utilizan na vida cotiá e en rituais: cestos, cerámica, armas, máscaras, instrumentos musicais, esculturas, adornos feitos de cocos, sementes, ósos…

Page 6: Indixenas Brasileiros

Agricultura• A agricultura consiste en cortar e limpar as matas do terreo en período de seca.

Se van queimando os troncos caídos e restos das matas ata que o terreo está listo para sementar. Plántase coas primeiras choivas. Usan diversas ferramentas como son foces, machados, eixadas… Aínda que antigamente solo se valían de machados de pedra e paus con punta. Os cultivos máis comúns son: A mandioca, a batata doce, a abóbora, o cará, o millo, a faba, a pimenta, cana de azucre, algodón, as piñas, a banana e tabaco.

Page 7: Indixenas Brasileiros

Pesca

A pesca é unha actividade moi importante, utilizan diversas técnicas como o uso de sustancias vexetais que aturden ou matan aos peixes nunha zona do río ( Timbó ou Tingui por exemplo). Tamén usan flechas de punta de óso ou arpóns. Tamén utilizan cestos cilíndricos, ou fabrican cercos con esteiras de talos.

Page 8: Indixenas Brasileiros

RecolecciónNon todos as tribos coñecen a agricultura, e se dedican á colleita de froitos, raíces, larvas, formigas, mel, ovos de tartaruga… Moitos de estos productos sirven para producir medicinas, frechas, cordas, o veleno da pesca, cera, pintura corporal… En contacto coa civilización algunhas tribos se dedican á gandería.

Page 9: Indixenas Brasileiros

Organización• Non se interesan pola acumulación persoal de riquezas, rexeitan a

propiedade material. Agrúpase en aldeas, onde viven en ‘ocas’. Normalmente a aldea ten forma circular, e con camiños radiais que levan ao centro da aldea onde se realizan os rituais. As casas non seguen un patrón, poden ser circulares ou alargadas, pero soen estar feitas de palla. Algunhas tribos teñen unha casa que congrega a varias familias onde se reúnen para actividades políticas ou económicas.

• A familia pode ser tanto monogámica como poligámica.

Page 10: Indixenas Brasileiros

Arte• Dende ol século XVI, varios obxectos confeccionados polos pobos indíxenas eran

coleccionados por reis e nobres portugueses como especímenes “raros” de culturas “exóticas”.

• Esixe tamén coñecementos específicos sobre os materiais empregados, das ocasions adecuadas para a producción, etc. As formas de manipular pigmentos, plumas, fibras vexetais, arxila, madeira, pedra e outros materiais confiren singularidade á produción amerindia, diferenciándoa da arte occidental, así como da produción africana ou asiática.

• Polo tanto, non se trata dun único “arte indíxena”, senón de diversos “artes indíxenas”, xa que cada pobo posúe particularidades na súa maneira de expresarse e de conferir sentido ás súas producións. As pezas exhibidas nos museos e ferias son por exemplo: vasixas, cestos, calabazas, redes, remos, frechas, bancos, máscaras, esculturas, mantos, etc. Outra maneira de facer arte é pintar, escarificar e perforalo corpo humano; así como o son construcións rochosas, árbores e outras formacións naturais; sen contar a presenza crucial da danza e da música. En todos eses casos, a orde estética está vinculada a outros dominios do pensamento, constituíndo medios de comunicación –entre homes, entre pobos e entre mundos– e modos de concebir, comprender e reflictir a orde social e a cosmovisión dos indíxenas. Nas relacións entre os pobos, os artefactos tamén son obxecto de trueque, inclusive có “home branco”, que ultimamente incrementouse moito.

Page 11: Indixenas Brasileiros

Mediciña

• Posúen coñecementos rudimentarios das propiedades de certas plantas, que incluso son usadas por habitantes non indios.

• A medicina aparte de medicamentos de oríxen xeralmente vexetal, vai acompañada de rituais e adornos practicados polo curandeiro da tribo, coñecido como chamán.

Page 12: Indixenas Brasileiros

Relixión• Existe unha gran diversidade

de deuses e ritos, pero o lazo de unión entre todas a tribos é a crenza de 3 mundos; o mundo superior, o mundo de ‘aquí’e o inframundo. Estos tres mundos se conectan polos ritos, as visións, os soños e sobre todo os chamáns que son ponte de unión entre mortais e deuses. Tamén teñen a función de transmisores da cultura oral.

• Creen que o universo non foi creado da nada, se non que foi creado a partir de algo (auga, lume, terra…). Xeralmente cren que os creadores ou os primeiros homes viñeron dun dos mundos ( inframundo ou superior) e ao ver un sitio tan fértil e acolledor decidiron poboalo.

Page 13: Indixenas Brasileiros

Linguas

• Fálanse ao redor dunhas 170 linguas diferentes, que se dividen en dous troncos principais: Tupi e Macro-jê e outras seis familias lingüísticas: aruak, arawá, karib, maku, tukano e yanomami.

• Os seis grupos principais de indios son: Tikuna, Tukano, Macuxi, Yanomami, Guajajara, Terena, Pankaruru, Kayapó, Kaingang,Guarani, Xavante, Xerente, Nambikwara, Munduriju, Mura, Sateré-Maué.

Page 14: Indixenas Brasileiros
Page 15: Indixenas Brasileiros
Page 16: Indixenas Brasileiros
Page 17: Indixenas Brasileiros
Page 18: Indixenas Brasileiros
Page 19: Indixenas Brasileiros

Bibliografíahttp://es.wikipedia.org/wiki/Pueblos_ind%C3%ADgenas_de_Brasil

http://www.survival.es/indigenas/aislados-brasil

Homens Nus – Paula San Vicente Pellicer

www.survival.es

soldepando.com