12
Lectura comprensiva Presentación sobre a lectura comprensiva na materia de Ciencias Sociais en Secundaria. Curso 2013- 2014 Traballo colaborativo para o Proxecto lingüístico do IES de Ponte Caldelas

Lectura comprensiva

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Orientacións sobre o tratamento da lectura comprensiva en Ciencias Sociais.

Citation preview

Page 1: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

Presentación sobre a lectura comprensiva na materia de Ciencias Sociais en Secundaria.

Curso 2013-2014

Traballo colaborativo para o Proxecto lingüístico do IES de Ponte Caldelas

Page 2: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

O mal lectorO bo lector

• É quen de comprender o contido

• Interpreta as palabras escritas, capta as ideas e integra o contido nos seus coñecementos

• Fai unha valoración crítica do que le

• Le moito• Fai un esforzo por ter as

ideas claras

• Non é quen de centrar a atención na lectura.

• Pasa as páxinas sen captar o seu contido nin a mensaxe do autor.

• Escapa de reler, facerse preguntas, subliñar ideas, reflexionar.

• Le moi lento.• Hai moito vocabulario

que non entende

SI NON Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” Bernabé Tierno

Page 3: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

Malos hábitos de lectura

• O mal lector volve sobre o lido antes de rematar o parágrafo. Fragmenta o pensamento, perdendo a idea xeral e diminuíndo a concentración sobre o que le

• O mal lector le lento e vocaliza cada palabra. Está máis pendente de identificar as palabras que a idea.

• O mal lector vai pronunciando mentalmente cada palabra mentres le cando o que importa é a idea, a mensaxe e a postura valorativa sobre o que se le.

• O mal lector presenta unha deficiente postura corporal no momento de ler, utiliza o dedo.

NON

Corrección • Ler sempre cara adiante. Ampliar o campo visual do que se está a ler. Deslizar a vista polas palabras

• Ler en silencio. Só debemos mover os ollos polas liñas• Debemos facermos preguntas sobre o que lemos• Debemos adaptar o ritmo de lectura á dificultade do

texto.

SI

Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” Bernabé Tierno

Page 4: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

• O importante é captar as ideas expresadas.

• A lectura veloz permite captar o significado das frases como un todo.

• A lectura rápida permite buscar datos, ideas como paso previo para unha lectura máis crítica e valorativa.

• Resulta imprescindible ampliar o vocabulario básico.

• Hai que ler moito

Lembra que: Onde están as ideas?

• As ideas habitan nos parágrafos.• Un parágrafo serve para expor unha idea.• Cando unha idea ten categoría de principal

expresa o fundamental do pensamento do autor, resulta a máis xenérica, a imprescindible .

• Cando unha idea ten categoría de secundaria proporciona detalles ou argumentos sobre a idea central. Se as suprimimos perdemos matices, pero non afectan ao contido esencial.

• As ideas principais poden estar ao comezo do parágrafo, no medio ou no final

• Ás veces a idea principal non aparece explicitada porque se estende por todo o texto ou pode haber varias.

Aplica estas recomendacións lendo este textoAgora convidámoste a que probes con este banco de textos da páxina das probas PISA

Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” Bernabé Tierno

Page 5: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaO tipo de textos máis frecuentes en Ciencias Sociais

O texto expositivo

Son moi comúns. A idea principal adoita ir ao comezo do parágrafo. As máis das veces aparece explícita aínda que ás veces se constrúe en todo o parágrafo. As ideas secundarias achegan matices: amplian, reforzan, explican a idea principal.

O texto descritivo

Moi utilizados en xeografía cando describen as características dun fenómeno ou unha paisaxe bioclimática. Hai un conxunto de cualidades, características ou rasgos que van explicando o concepto.

O texto argumentativo

Os textos argumentativos expoñen a idea principal ao comezo ou ao final. O resto non é máis que unha enumeración de razóns que reforzan e sosteñen esa postura principal.

Aquí tes algún exemplo de texto expositivo para aprender máis

Aquí tes un exemplo de texto descritivo

Aquí tes un exemplo e explicación dun texto argumentativo

Fonte: http://razonamiento-verbal1.blogspot.com.es/2013/05/textos-continuos-y-discontinuos.html

Page 6: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaO tipo de textos máis frecuentes en Ciencias Sociais

O texto narrativoEn historia este tipo de texto é a súa esencia. A historia narra acontecementos do pasado e polo tanto para comprendelos necesitamos saber:

• Onde se producen os feitos?• Cando se producen?• Quen os protagoniza?• Que causas interveñen no inicio dos feitos?• Como se desenvolve o conflito?• Que produce? Que muda?• Como finaliza?Esa estrutura repítese con maior ou menor profundidade.

Un exemplo dun texto narrativo en historia

Fonte: http://razonamiento-verbal1.blogspot.com.es/2013/05/textos-continuos-y-discontinuos.html

Page 7: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaOs textos discontinuos

Ás veces a información vén condensada en gráficos, táboas, diagramas, mapas, formularios, véndonos na obriga de extraela e interpretala de acordo cun contexto determinado. As cores, as frechas indican relación e información.

Na ligazón das probas PISA tes algún exemplos

Page 8: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaA técnica do suliñado

Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” de Bernabé Tierno

• Permite a comprensión e a estrutura dun texto• Axuda a fixar a concentración• Axuda no repaso e na elaboración de resumos e esquemas.• Favorece a capacidade de análise e valoración crítica.

Cando debemos subliñar? O alumnado debe ler tres veces un texto. Na primeira lectura sacará unha idea global do lido que se ratificará ou non nunha segunda lectura. Aquí xa irá precisando máis os detalles do texto. Na terceira lectura é cando debe subliñar

Que se debe subliñar? O fundamental, a idea principal, as palabras claveAs palabras técnicas, datos relevantes.Aquel texto que responda ás preguntas claves de cada parágrafo.

Como se debe subliñar? Subliñar so os libros propios.Utilizar un lapis de cor para as ideas principais e outro para as ideas secundarias. Ver un exemplo.

Page 9: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaO esquema Expresión gráfica do subliñado, é dicir, a estrutura

do texto en ideas principais e ideas secundarias

• Ofrece unha clara estrutura visual do lido• Debe ser resultado dun traballo persoal• Facilita os exercicios de análise e síntese• Promove a comprensión e a concentración sobre o lido• Axuda a memorizar o lido porque xerarquiza as ideas e

os matices• Aforra moito tempo no repaso de cara a unha proba.

Aquí podes ollar diferentes tipos elaborados e un exemplo resolto esquema

Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” de Bernabé Tierno

Page 10: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

O resumo Unha síntese do contido elaborada polo alumnado coas súas propias palabras, recollendo o contido esencial do texto.

• Cómpre ter moi claras as ideas principais e as ideas secundarias

• Trátase dun traballo de personalización do lido, pero debe evitar valoracións que distorsionenn o expresado no texto.

• Debe ser breve e conciso • Para elaboralo non se ten por que seguir a mesma orde

que presenta o texto lido, incluso podemos enriquecelo con alguna observación procedente doutra fonte ou apuntamentos de clase.

Un exemplo de resumo

Fonte: “Las mejores técnicas de estudio” de Barnabé Tierno

Page 11: Lectura comprensiva

Lectura comprensiva

Os mapas conceptuais Rede gráfica do lido onde só se destacan as palabras clave e as ligazóns entre elas.Aquí o que importa son as relacións entre conceptos. Esixe dominio do temaIdeal para representar a xerarquización de conceptos

Exemplo

Se queres aprender podes probar premendo nas palabras mapa conceptual

Page 12: Lectura comprensiva

Lectura comprensivaMetodoloxía de aplicación

Cada estilo docente hai que respectalo.Aquí presentamos dúas secuencias posibles, poderían darse outras, para abordar a comprensión oral e lectora en clase: Escenario A: Un traballo máis cooperativo

1. Lectura individual e en silencio do aspecto a tratar en clase2. Compartir esa lectura co compañeiro máis próximo, de xeito que un alumno explique ao outro o que estivo lendo e viceversa. Estarían traballando a comprensión oral, a lectora e a propia expresión.3. Identificar as palabras clave do lido e definilas4. Resumir coas propias palabras o contido lido anteriormente5. Elaborar un esquema conceptual que una as ideas clave.6. Intercambiar os resumos e os esquemas para enriquecer a proposta individual.7. Elaborar as preguntas clave do aspecto lido. 

Escenario B: Un traballo máis individual e tradicional

1. O profesor explica durante cinco minutos, o alumnado escoita e toma notas.2. O alumnado confronta as súas anotacións co compañeiro e trata de completalas ou melloralas3. O alumnado debe redactar un texto coherente a partir das súas anotacións.4. O alumnado debe ler ese mesmo aspecto explicado en clase polo profesor, pero no libro para que se acostume a ver unha explicación expresada de formas diferentes coa intención de gañar en memorización comprensiva.5. O profesor propón unha actividade de ampliación e profundización que obrigue a unha reflexión.Neste escenario B a explicación do profesor pode ser substituída por un vídeo ou por unha secuencia dunha película. A cuestión é que a escoita sexa activa. 

Ponte Caldelas, 28 de febrero de 2014